Que fará CxB co seu voto

Carta publicada en "Betanzos e a sua comarca" e firmada pola Directiva de Cidadans por Betanzos.

Cidadáns por Betanzos é un grupo de persoas, con ideoloxía e crenzas diversas, que chegan á conclusión de que é imprescindible que se produza un cambio na política municipal. Non sentíndose representadas por ningunha das tres forzas políticas presentes no Concello, deciden crear unha agrupación política e presentarse ás eleccións municipais.
Fano sen complexo algún, con transparencia e chamándolle ás cousas polo seu nome.

Votando democráticamente cada un dos puntos e atendendo ás suxerencias de colectivos do Concello, elabóranse uns compromisos e un programa electoral que se lle propoñen ós veciños coma se dun contrato de obrigado cumprimento se tratase.


Entenden que cambiar a política municipal pasa por facer cumplir os compromisos básicos do seu programa, que se refiren a limitar a oito os anos de permanencia dos cargos con dedicación exclusiva e a reducir a tres esas dedicacións. Tamén é básico o coñecemento do estado económico e patrimonial do Concello.

¿Que fará CxB? O que aparece escrito nos compromisos e no seu programa electoral.

¿Como o fará? Aterase ós seguintes puntos básicos:

1. En principio non se firmarán pactos de goberno con ningunha outra forza política.
2. De ser a lista máis votada gobernaremos en solitario, ben sexa con maioría simple ou absoluta.
3. Se outros obteñen máis respaldo ca nós, facilitaremos o goberno da lista máis votada.
4. De acordo cos nosos compromisos, se a lista máis votada fose a do PSOE, esixiremos a renuncia de D. Manuel Lagares (24 anos de concelleiro e 22 de alcalde) e de D. Antonio Lagares (26 anos de concelleiro). De non producirse, estableceremos coas outras forzas políticas as negociacións e os acordos necesarios de cara a articular un Goberno alternativo, sempre que se garantice o cumplimento dos nosos compromisos básicos.

Os veciños deben ter claro que cumplir cos nosos compromisos significa que, se está nas nosas mans, non podamos permitir que os irmáns Lagares sigan gobernando Betanzos. Ese exercico de coherencia que algúns tanto critican, deixa ó descuberto os pilares nos que se sustenta CxB: honradez, transparencia, valentía e compromiso ético.

1 opinions:

Rapacollons

Hoy recibo en mi buzon,dos envios del concello,uno es una Guia de Recursos para mulleres",con una presentecion de lujo, buen papel,encerado y plastificado,en su interior saludo del alcalde y una informacion, que a mi parecer no tiene nada que ver, o muy poco con lo descrito en su titulo, informacion que podia ser utilizado otro soporte mas barato y que cumpliria con la misma funcion,y utilizar el dinero sobrante para algo que si mereciese la pena, pues las ayudas son pocas para muchos ciudadanos de nuestro entorno.
El segundo envio, es un "Rueiro" del Ayuntamiento,con lindes limitrofes y situacion de las diferentes parroquias,tambien en una buena encuadernacion, copatrocinado con dos empresas privadas radicadas en el concello, pero si quiero ir, por poner un ejemplo, do Farragoto al Colegio del Sagrado Corazon, no lo indica, me pregunto ¿para que sirve este rueiro? ¿con lo que debio costar?.Seguidamente me sigo preguntando. ¿no sera una posible publicidad electoral encubierta? y sigo cabilando, con lo que me cuesta pagar los impuestos,¿lo gastaran en esto? ¿Porque la concelleria de Servizos Sociais, que es de donde viene el primer envio,no se dedica a lo que son sus menesteres(preocuparse por la asistencia social,ayuda a la gente necesitada) y dejarse de gastar mis cuartos en autenticas tonterias, que van a ir a la basura,e informan en sus oficinas,profesionalmente, a la gente que se lo demande, con todo tipo de detalles?.Salud.