¡Que todo sexa pola transparencia!
Unha informacion: Manuel Lopez Diaz, outro dos representantes de Cidadans por Betanzos nos procesos de negociacion, abandonou tamen o partido. Unha aclaracion: Leo o que se opina en Brigantio e asumo que me estou situando o outro lado dun cristal translucido (non acepto o de opaco) que deberia ser totalmente transparente. Despois do que levo escrito aqui, e unha lealtade que lle debo os lectores deste Outeiro. Costame, pois terei forzosamente que citar un feito interno de Cidadans por Betanzos. Pero non encontro outra maneira de decilo. Adiante. 1. ¿Irme calado ou dar explicacions? Nunca o dudei. Supoñamos que un se vai do BNG (como fixeron os anteriores dirixentes en Betanzos). Formase parte dunha organización que leva consigo unha carga ideoloxica que lle da unha determinada cor o proxecto politico. A adhesión politica supon a asuncion duns presupostos que, cando non se comparten, un debe abandonar sin mais. CxB e un proxecto independente que non ten a ninguen detrás e os compromisos cos votantes adquirense a nivel personal. Non se vota un proxecto ideoloxico senon un xeito de representación. Se dividimos 1.500 entre 17 saenos que cada candidato de CxB debe darlle explicacions os 88 cidadans que a estadistica di que votaron por el. E a sua obriga, de ter medios para facelo. No meu caso, o ser o unico administrador deste blog, esa obriga hai que elevala polo menos o cubo. Logo compre facer duas cousas: Explicar o porque da marcha e mirar de causarlle o minimo daño a Agrupacion. E probable que ai apareza o cristal translucido. 2. ¿Por qué estaba blancolexitimo en CxB? Non son dos que din que “non hai nada que facer” en politica. Penso que a democracia supuxo moito sufremento (falaba hai uns dias de Dolores, a abogada laboralista de Atocha) e que todos e cada uns dos cidadans debemos defender a sartenazos a parte alicuata de democracia que nos corresponde: 1/13.000 en Betanzos. Pensaba, e penso, que na vida municipal e moi importante que os movementos cidadans teñan unha cabeza de ponte situada no Pleno do concello. Por suposto que PSOE, PP e BNG son estructuras politicas democraticas e respetables que tamen representan os cidadans. Pero fano desde unha estructura organica (con maior ou menor autonomia) xerarquizada e orientada a toma do poder. E algo absolutamente lexitimo que un non pode discutir. CxB non tiña nada que ver con esa estructura: A organización era horizontal, con limitacion de mandatos e co compromiso expreso de que as actas de concelleiro pertenecían o colectivo e non a quen as personalizaba nun momento determinado. Pero o aspecto mais relevante de Cidadans por Betanzos era o mecanismo de toma de decisions: unha xoia. Cando a Agrupacion tiña que posicionarse nun tema importante, convocabase unha reunion na que cada un aportaba o seu punto de vista para ir escribindo nos papeles frase a frase o sentir da Agrupacion. Asi foron tomadas todas as decisions importantes de CxB. Os meus anos non estou en politica para sacar da alcaldia a Manuel Lagares e poñer a Javier de la Fuente no seu sitio. Tampouco me podo sentir representado por Javier ou Esperanza no plano ideoloxico. E unha evidencia. Tampouco teño anos para andar xogando a fidelidades personales : No politico son leal as ideas e non as personas. Queda claro logo que a miña participación en CxB foi meditada: Formar parte dun movemento politico de base co fin de contribuir a que a sociedade do noso concello fose mais autonoma e critica a hora de tomar decisions politicas. Dito sin eufemismos, facer ver que o poder en democracia temolo os cidadans e non ningun tipo de organizacion por importante que sexa. E moito mais importante do que parece. Nada mais. Por eso nunca tiven ningun tipo de problema no camiño que se seguiu, nin me representou inconveniente algun a ideoloxia das personas que encabezaban o proxecto. E unha maneira de ver a vida e o compromiso politico-social. E xa levo mais de 35 anos nese camiño. Asi que seguirei andando se o lombo mo permite. Agora xa estou dedicando o meu tempo libre a outras cuestions. Pero sucedeu que o éxito foi superior o esperado e os betanceiros quixeron que decidisemos nos. Tampouco foi difícil pois os compromisos estaban escritos. Despois da negociación do goberno de coalición (agosto do ano pasado) decidin retomar outras cousas que deixara de lado, e manifestei que non representaria mais a CxB. 3. ¿Por qué deixo CxB? Cando se goberna, fano as personas e non os partidos ou agrupacions que as colocaron ali. A maior ou menor capacidade de xestionar un servicio publico, implicando nel o personal correspondente, e unha cuestion personal. Tamen o e o tono e o timbre adecuados para que os cidadans valoren na sua xusta medida a dedicacion e o traballo ben feito. Non hai moito que esixir sabendo da pouca experiencia dos nosos representantes e das dificultades para levar a cabo o seu traballo. Non negarei, estamos coa claridade e a transparencia por bandeira, a miña vision critica de moitas accions e actitudes. Por falar dunha colectiva, manifestei o meu total desacordo cando se decidiu abandonar o Pleno. Pero un sabia que a Asamblea poderia cambiar o rumbo en calquera momento, pois ese Tribunal Supremo funcionaba estupendamente. Sucedeu que hai uns dias fun convocado a unha Asamblea informativa. A palabra informativa era unha novedade. Ali se nos informou (claro) que se tomara a decision de que CxB levase os tribunales o Secretario do Concello. A querella criminal esa da que fala a prensa. As decisions importantes xa non as tomabamos os militantes en Asamblea. O resto xa o poden imaxinar. Non falarei nada mais do tema, traballo me costou escribir eses catro renglons. Cadroume falar con quen sabe moito destas cousas, e no disco duro deste ordenador estivo escrito un documento que falaba de Estatutos, Comision de garantias, infraccions moi graves e medidas disciplinarias. Ou ese documento ou un escrito solicitando a baixa do partido. Despois de pensalo moito entreguei o segundo. Esa e a verdade. Clara, transparente e espida. Quedame por falar de “mis garages” para borrar do disco duro neuronal o que xa borrei no disco duro magnetico. |







































24 opinions:
pois non entendo nada. Sin ideas non hai partido e sin partido, para qué serven as tales ideas? Botar aos Lagares non é unha idea.É unha ocurrencia.Agora deixades un partido sen ideas porque outro partido,deixemos o de si ten idea, tivo unha ocurrrencia máis que non vos gosta.Qué espérabades con tantas ocurrencias?O que se deita con meniños cagado ou mexado se levanta.Meniños son os que se adican á política, alguén no seu sano xuízo pensa que son outra cousa e que van arranxar algo coas súas brincadeiras?Está visto que non teñen nada millor que facer.Vividores do conto, inxenuos idealistas ou meniños.Velaí a política.Supoño que vostede deixouno porque non está para brincadeiras e non se lle dan ven as rodas de muíño que hai que trager para vivir do conto. Sorte no novo rumbo.
Mariño, para estar presumiendo continuamente de tu gran experiencia en la vida por los años que tienes, te veo muy inocente jajajajjaj
pues mira que muchos te avisaron de lo que pasaría, ¿o no?
la pureza solo existe en las ideas, nunca en la realidad. Mis años me lo han dicho y parece mentira que tu no lo sepas, lo cual me reafirma en lo que ya pensaba, que sois una banda con cierta inspiración poética y mangoneados por alguien que tu niegas.
Lo tuyo , Mariño es como una CRÓNICA DE UN DIVORCIO ANUNCIADO,lo que me sorprende es la postura de uno de los contrayentes, esa señora, que ni luto guarda por el divorcio, como sule pasar en estos casos normalmente, sino que aún os azuzó a la ruptura.Me huelo que confunde los resultados regionales con los futuros betancianos y actúa muy a la ligera, que las elecciones son muy traicioneras y más si mira y observa como llegó ahí, para ahora desprenderse tan fácilmente y sin duelo de sus socios. Vivir para ver! Para que luego digan que es de mal nacido ser desagradecido.
Vexamos:
Eu cometin o erro de figurar nunha candidatura municipal sin estar disposto a ser concelleiro de Betanzos.
Fixeno por solidaridade e equivoqueime.
Asi que si alguen me pedise consello, dirialle que todo aquel que figure nunha lista electoral ten que estar disposto a coller responsabilidades e pelear por levar a practica as ideas propias (ser cabeza de lista).
1. A democracia interna non e para min unha opcion, e unha obriga.
Sen ideas non hai nada. O primeiro que ten que facer un partido politico que nace e pechar a sua leira, e decir, determinar e delimitar os espacio politico no que se vai mover.
E eso son ideas.
E para min o mais dificil de conseguir.
¿Tiña delimitado CxB o seu espacio politico?
Non podemos deixar de participar en politica. As mensaxes individualistas lanzadas desde o poder son coma a heroina que lle suminitraban os soldados que iban o Vietnam.
Este espectaculo permanente non ten nada que ver coa miña maneira de ver o traballo politico.
Un saudo.
---------------
2. Non sei se se pode chamar presumir, pero e certo que moitos me puxeron o tanto de personas, feitos e relacions.
O que supoño que sabe que sempre agradecin.
¿O comportamento politico da sociedade do Betanzos de 2009 e o mesma que o de 2007?
¿E ou non e mais dinamico e reinvindicativo no politico o Betanzos de 2009?
Se me cre (se non o fai non ten sentido este dialogo), ata a Reunion a que fago referencia, as decisions de certa importancia tomounas CxB en Asamblea democratica.
Logo non podia estar mangoneda por ninguen.
Esa Reunion supon un cambio radical no politico.
Supoño que habera responsables dese feito.
Un saudo
-------------
3.
Xa teño comentado que as veces parece que Maria Faraldo non e conscente de que a que encabeza non e nin a lista mais votada.
Eso non impide que o resultado das Autonomicas a colocase nunha situacion moi distinta.
Betanzos e dos concellos mais grandes nos que goberna o PP.
Diria que o tempo xoga a favor dos populares.
Por eso e complicada a labor da oposicion a dous anos vista.
Teño a impresion de que a rentabilidade da descalificacion personal vai ser mais ben nula no futuro.
Non e facil, logo e interesante.
Un saudo
pois sinto disentir, pero as cousas non están para botar foguetes para os populares e ainda que hai moito carca solto , os resultados son moi reñidos e co desgaste que se aveciña dende a parsimonia da Xunta, xa baixaron moito a súa xenial idea de aforro, idea triunfalista pírrica que se estrellou coa realidade, xa non teñen claro como atallar a crise e empézaselle a ver a impotencia,as próximas eleccións vense moi reñidas.
No caso desta señora ainda é pior porque non ten a simpatía popular, que é a que conta, e non terá desgaste entre os seus pero na- nai en xeral.Non entrou pola porta grande, precisamente , en moitos anos, e non é só cuestión de sorte que se manteña.En canto ás ideas, ademáis das tópicas que non arranxan nada, ningún dos partidos que se presentan as teñen no miúdo anon ser ideas xerais de moito bombo e pouca miga, nin o aborto, nin a píldora abortiva, nin os matrimonios homosexuales, por exemplo, lle quitan o paro ó que está a velas vir.As liñas xerais non son suficientes sobre a práctica. Non se come con ideoloxías que atraen ás masas pero non enchen as mesas valeiras. Menos ideoloxía e máis honestidade!Máis traballar e menos paparruchas!
Eu nacín nunha sociedade en paz que viña dunha guerra e quería sair adiante da súa miseria. Agora vivimos nunha sociedade que ve a guerra como algo co que hai que convivir e prepararse para evitala, inda que sexa facendo a guerra. Esas moreas de cartos invertidos na mantenza da guerra non hai corpo que o ature.Si os estados gastaran no traballo e na fame o que gastan en matarse ameirande parte da poboación non precisaría traballlar máis aló dos 50 anos.Te imaxinas unha riqueza semellante na que o estado alimentara aos seus súbditos co que gasta en xeral en matalos?
Non me digas que España non está no caso , porque América somos todos. Namentras os gobernos non se decaten de que botan os cartos pola letrina,os uns polos outros a casa sen barrer.Non hai máis que mirar como os mortos de fame de Corea están agora a enseñar os dentes ainda que lle vaia á poboación como le vai; e claro, o círculo vicioso volve a formarse, américa volverá a repartir hostias en caquer momento que o atolladeiro de Afganistán llelo permita.En resumo, tódala Historia na humanidade resumida nunha canción de Xulio Iglesias:A vida segue máis ca igual!
Pues si llegas a ver con quien estaba en animada conversación Pedro Gómez Patiño el viernes a eso de las 12 de la mañana en medio de la Puerta de la Villa te da algo Mariño. Los dos constructores- uno muy conocido al que relacionaban con CxB- hablaban con Pedro del poder del ladrillo para poner y quitar gobiernos. Y el munícipe asentía y apoyaba en su habitual tono discreto. No me extraña que la gente con criterio como tu abandonase CxB.
Parece ser que la decisión de machacar a los Lagares fue una imposición tuya y del otro que se fue para continuar en el partido.Y que en eso no hubo asamblea. Parece ser que lo que tu querías era que CXB se relajara en manos de PP y a vivir estos dos añitos, y la asamblea de CXB no quiso vuestro rollo pepero. Por eso os váis, tu por tus garages, que te llueve encima y para eso sí vas a una contencioso contra el concello, el otro porque no cierran el local que le molesta para dormir y no consiguió que CXB cerrara. Ni ideologías ni nada, utilizasteis a CXB para vuestros asuntos personales y no salió bien., que pregunten cuantas veces llama a la policia local el otro que dimite, una por semana, y ahora vais de honestos.
me mondo, me parto y me troncho! ahora salen las rencillas personales de los ceporbianos a la luz. cuanta mentira de que bien nos llevamos se descubre ahora! ahora resulta que mariño y manolo son traidores a la causa! algunos ya nos reiamos cuando criticabamos que CxB tiene su domicilio legal en casa de javier de la fuente, que las siglas están registradas a nombre de javier de la fuente y que fuese de cabeza de lista javier de la fuente. ahora descubris amargamente la ambicion de los hombres de dios y tristemente ahora comprobais como era cierto aquello de que javier de la fuente usaba a su antojo y manipulaba el partidillo para sus intereses políticos particulares y para cumplir con sus amigotes.
Ahora que pasa todo esto quizá debieramos preguntarnos donde quedan la claridad, la transparencia y todas aquellas buenas intenciones vacuas que se colaron por el retrete.
Sigamos transparentando Mariño:
- Cuanto hace que Fran Brea se fue de CxB?
- cuanto hace que se distanció Serafín?
- Y Antonio Pena y Pili Medín?
- Es cierto que ya solo quedan los tres tenores, Mara, el Pena pequeño y Enrique que para el caso echa medio año afuera embarcado?
Ya que estás lanzado sigue promoviendo la transparencia con cristales translúcidos o diáfanos.
Enhorabuena, vaya reportaje te dedica el Ideal Gallego hoy. Aclaranos las dudas a todos. Gracias por desenmascarar al hombre de dios muy a tu pesar
Non nos enganemos, a Supermari gorxa Profunda serbeulle CxB mentras que se decidía ou se executaban aquelas "decisións" políticas que ían na súa liña (que loxicamente estaban lonxe de ser racionais, como o do Alfonseti, a caralladas aquela da auditoría, ou a teima de eliminar ao PSOE do goberno, fose cal fose o método para facelo...)
se decidisen ou non en asemblea.
El mesmo o ten recoñecido aquí, que decisións de CxB as tomaban os conselleiros, por "rapidez" e porque non tiña sentido posalas polas asembleas.
De aquelas Supermari, asentía xustificaba e defendía aquelas decisións.
Agora que as decisións que toman os compañeiros e compañeiras non se corresponden co seu hooliganismo, o neno cabrease.
E claro, a ver como xustifica toda a merda que creou ao seu redor...
So lle queda seguir decindo e redicindo aquelo de que el segue sendo pulcro claro, un gran ideologo, unha persoa honrada... aínda que para eso non lle quede outro remedio que botar merda por enriba de outra xente para salvar o seu cu.
El xa sabía de que ía este asunto... agora salta do barco como as ratas...
Patético.
No se confunda amigo del 31 de mayo de 2009 15:28, la decisión de machacar a los Lagares la tomó ese señor que hablaba con Pedro el Castrado el viernes a las 12:15 al pie del palco de la música para pasmo de cuantos pasábamos por allí. Lo que pasa es que era un eslogan y una medida estrella muy vendible con la que enganchar a hooligans como los dos escapistas ceporbianos
Sintoo, que te deras conta donde te metías,Pero a min decepcionáchesme. moito como persoa, por andar verquendo lixo contra organizaciós políticas, que tí nen sequera conoces o seu funcionamento, e,se non máis, tan democráticas coma Tí.
E xa sabes o dito."Detras de mín virá, quen de min bon fará"
E de verdade que deste xeito está acontecendo, na vida Municipal. Saude e Patria
a verdade é que tendo en conta que a política sempre se andivo con enchufismos e amiguismos e a poñerse a zancadilla os uns a os outros, un "partido" de pobo debería de pensar no pobo e ser para o pobo, sen ínfulas de si tiñan chave ou non, asemade sen ideas novas máis que as de unhos pequenos aforros, menudas ínfulas eso da chave, e deixarse de botar fora a uns para mirar si aos outros os iluminaba Deus, sinon a axudar a gobernar aos que o pobo decidira.Total, poñer aos outros que van a rifar cos que xa estaban denantes, outra vez máis do mesmo, e non tendo ideas de partido eles mesmos para ir colocándose no lugar de eses dous de sempre non sei para que serve a non ser unha teima persoal.
Si un partido ten desgaste que o bote o pobo ou que negocien unha renovación intelixente do mesmo con paciencia, non unha saída tan precipitada e poñendo entre a espada e a parede a persoa elexida polo partido, pero pactar coa "oposición" non me parece serio.
O de oposición é un decir, CXB non era uniforme.
En tódols oficios a veteranía é un punto menos neste caso.Cada vez están menos claras as razóns de cxb para pedir os votos da xente.
crei que esas relaciones privilegiadas con los poderosos eran cosa exclusiva de javier de la fuenet. que afortunado es el Coco sin Cocós por poder relacionarse en la calle y a plena luz del día con tan altos prohombres. vaya decepción con este fulano!
Pois unha cousa che digo Mariño , igual pensas que o digo con algún tipo de mala idea , non é así...pero creo que o compromiso persoal que adquiriches cos votantes de CXB...podo adiantarche que hai algún votante descontento...invita a que sigas facendo un marcaxe da labor de goberno mediante artigos de opinión...non con afán destructivo , senón como reconocemento os votantes que depositaron a súa confianza no proxecto e síntense defraudados...
penso eu.
2:05 ----> Supermari Gorxa Profunda crítica constructiva??? seica toleaches??? este ghichiño pasalle como ao rei aquel que todo o que tocaba o cnvertía en ouro, pero no canto de ouro, Supermari transformao en merda, de duvidosa utilizadade incluso para estras as leiras...
Para mi hay una cosa clara desde un principio, y cada día que pasa, y cada paso que da CxB se demuestrá más.
Detrás de CxB está Riverí poniendo dinero y medios para conseguir fines personales.
nadié me hará bajar de ahí
Sinto estar de acordo co comentario das 11 e 48.
Ademáis creo sinceiramente que non todos os membres de CXB conocían isto.
A qué ven unha querella criminal contra o secretario? qué fundamento ten? falando claro (demagoxia aparte) por unha conachada de informe?? anda que agora no concello creouse un clima de traballo cojonudo, vamos...
12:47 --> que non "coñeceran" non quere decir que non soubesen de que pe coxea certa xente.
Por desgraza hai xente que nos quere tomar por tonta ao resto
31- 30 de Abril de 2009 - Se celebra Pleno con el expediente incompleto del punto 3º de adjudicación definitiva de la parcela 3b de la UEI-19. El 1º Teniente alcalde (CxB) señala al Secretario como responsable de la falta de documentos claves para la decisión y pide que el asunto quede encima de la mesa. PSOE, PP y BNG no votan a favor de que quede encima de la mesa. La adjudicación definitiva se produce con los votos favorables del PP y la abstención de PSOE, BNG y CxB.
Si se compara, criticamente, o que sucedeu no BNG co que aquí se escribiu del, chegariase a conclusion de que blancolexitimo tiña razon.
As cousas duras contra o Bloque estanse lendo nestes ultimos tempos na prensa, e veñen desde o interior.
Saude.
*****
13. De acordo na primeira parte.
Pero CxB ten a chave e hai que decidir.
Un pode pensar nas motivacions de personales de cada un dos integrantes de CxB para formar parte do partido.
E totalmente lexitimo.
Eu acabo de expoñer as miñas sin ningun tipo de doblez.
Descoñezo as dos demais.
Pero eu son un seguidor de Antonio Gramsci e non opino sobre conversas de café ou rumores que andan pola rua.
Eu guiome polo que sucede, pola praxis.
E repito que nese terreo non teño ningunha queixa ata que sucede o que explico.
Para min ese feito e gravisimo, outros probablemente non o meditaron o suficiente para valoralo debidamente.
Pola contra, como esas cousas non se producen espontaneamente, alguen tivo que maquinar a operación.
Por eso para min hai unha fronteira: O que suceda a partir dese momento non ten nada que ver co anterior.
Doenme as caras tristes dos que se ilusionaron con este proxecto e asumo cabreado o comentario de quen te aprecia e che di “Eres un blando”. Blando neste caso quere decir cobarde.
Pero non se pode destruir sin dar alternativas.
Ademais este excesivo protagonismo non vai moito co meu carácter.
*****
15. A partir deste momento eu son un votante de CxB.
Trazo unha liña e non comentarei nada do pasado (despois de falar de “mis garages”).
Pero esixirei todo aquelo que un votante teña dereito a reclamar.
*****
Sigue...
(Acabome de enterar de que Blogger non admite comentarios de mais de 4.096 caracteres.
17, 18, 19 e 20. En parte xa contestei arriba.
Saben que sobre as cuestions que citan teño por costume non opinar.
*****
Non contestarei os comentarios que se produzan a partir dete momento, pois o tempo de que dispoña dedicareino a escribir a seguinte entrada.
*****
Saude.
www.psoscascohistorico.blogspot.com
Simplemente unha aclaración :
Os dirixentes do BNG dos que vostede fala non eran dirixentes eran o portavoz local e dous militantes e non se foron senón que foron expulsados, non entro en explicarlle porqué , pois a maiores de non vir o caso xa e auga pasada.
Creame que sei ben do que falo.
Publicar un comentario en la entrada