Catro cousas

Na Coruña dimite xente e parte da militancia pide máis dimisións: as dos que levan trinta anos vivindo da política.
E a min vénseme á cabeza o que pasou en Betanzos fai catro anos: ¿falará o Sr. Moreda de extorsión y chantaje, referíndose a aqueles que pelean para que a política non sexa unha profesión?

Agora seguro que non: hai miles de personas nas rúas e andan algo acojonados, e en reunión tras reunión para que ver como volven ó redil as ovellas descarriadas.
Xa fai días que os mastíns cortesanos andan facendo horas extras.
Moito me temo que desta non todas son ovellas e que non se van deixar tratar coma tales: Don José Blanco falando da extrema dereita parécelles unha colaboración nunha película de Almodovar.

Pero daquela eramos catro inadaptados os que nos sumabamos ó primeiro movemento similar ó que hoxe ocupa as plazas: falo de Ciutadans de Catalunya.
Parte da única esquerda que quedaba en Cataluña deu un paso adiante, e serviu de lanzadeira para que uns rapaces novos se animasen a presentarse ás eleccións contra unha clase política profesional ben alimentada e con sonrisa irónica. Sonrisa de profesional, vamos.

Os mesmos principios políticos aplicamos algúns cando participamos nun movemento similar en Betanzos. Quixeron ver en nós cuestións personales cando a traxectoria demostraba que eran principios políticos de defensa da democracia frente a oligarquía que veu a ocupar, coa idea de quedarse para sempre, os sillóns que o fin do franquismo deixara baleiros.
Ben é certo que non todo o mundo participaba dos mesmos principios: nin en Ciudadanos de Cataluña e Galicia, nin en CxB. Pero o importante era estar alí.
E houbo que irse.
Ciudadanos de Galicia desapareceu.
Despois dos resultados, CxB leva o mesmo camiño.

Sigo con relativo interés o que sucede cos do 15M e con IU: non vexo ós primeiros armados suficientemente para transformar un sentemento nun movemento político (que falen de Manuel Rivas, un home de PRISA corresponsable da estratexia política antidemocrática de Zapatero, non é boa señal), e nos segundos vexo mensaxes distintas según falen os dirixentes (coas estupideces de sempre que despareceron fai tempo dos mecanismos de actuación política europeos) ou certas agrupacións andaluzas que non queren ser o clinex de usar e tirar da federación socialista máis corrupta de España. Veremos o que pasa en Extremadura.

Debería ser o 15M o que fixese desaparecer a todo o aparato trasnoitado de IU e os dirixentes sindicales eternos de CCOO, arrastrando con el a militancia de esquerdas que dormita nas bases ou fora delas, para crear un movemento novo similar o italiano: en Milán e Nápoles tamén gobernará esa esquerda aberta e plural.
É a ultima oportunidade.

Supoño que quen me preguntaba a razón pola que escribía contra Izquierda Unida entenderá agora que os meus argumentos non teñen nada que ver co PP.

A mensaxe máis demoladera para a esquerda real deste país foi a estratexia do Tinell de Zapatero, que pactando cos nacionalistas, quixo sacar á dereita do sistema convertíndoa en herdeira do franquismo: os do PP eran os malos e toda a oligarquía da mal chamada esquerda e os nacionalismos eran os bos. O país nas mans duns políticos e sindicalistas profesionales honestos por definición (daquela non necesitaban demostrar a súa honradez).
Imposible reproducilo nun país europeo serio.
Pero tivo un éxito clamoroso mentras durou.
Eles, que non alcanzaban os mínimos necesarios para encadrarse formalmente dentro do término demócrata, tildaban de extrema dereita ós defensores do sistema democrático.
Pero o país estaba anestesiado.

Agora pasou o que pasou, e tería sido mellor se o batacazo fose aínda máis contundente. Un futuro distinto aumentaría as súas posibilidades de existir.

Sobre a política local non teño moito interés en opinar, pois nada do que hai me anima a poñer a funcionar o cerebro. A miña participación na Plataforma Veciñal Ánxeles-Cruz Verde foi o remate da miña preocupación por mellorar a cidade na que vivo. Pero parece que debo dar a miña opinión. Sexa.

O resultado electoral foi aceptable para o PP (escaso o numero de votos que a xestión de María Faraldo aportou), malo para o BNG (que coloca o seu mínimo nas 1.000 papeletas), peor para o PSOE (que cae ata os 2.500 votos perdendo o 10% dos fieles) e desastroso para CxB (que deixa polo camiño ó 64% do seu electorado). Non teño en conta a ponderación do CERA por pereza.

Dúas curiosidades:
1. Lin nos primeiros momentos que o PP declaraba estar ó borde da maioría absoluta. As matemáticas non son o forte de algúns, pois:
Concelleiro 16: PSOE con un cociente de 419
Concelleiro 17: PP con un cociente de 392
Para conseguir un cociente de 419, e quedarse co concelleiro 16 do PSOE, o PP necesitaría 419 x 9 = 3.771 votos, co que debería conseguir 3.771 - 3.136 = 635 votos máis.
Daquela non resulta nada elegante decir que se quedou ó borde da maioría absoluta: máis correcto sería manifestar que, ó conseguir o último segundo a lei d'Hondt, estivemos a punto de perder o concelleiro 8.

2. Hai cousas que a xente seria non pode facer: non se pode colgar nas paredes o retrato dun colectivo que lle ofrece á cidadanía unha maneira novedosa de facer política, clara e transparente, perder o 64% dos votantes e que ninguén asuma a responsabilidade do fracaso presentando a súa dimisión.
En calquera outro partido de Betanzos ese resultado provocaría dimisións inmediatas: e eles non se presentaron como paladines da honestidade de cara a renovación democrática da política de Betanzos.
CxB empeza a representar xusto o contrario do que predica.
Xa sei que alguén pensará que esta opinión ten algo que ver co pasado. Estou acostumbrado: antes decían que tiña algo particular en contra dos irmáns Lagares ou dunha familia de Betanzos que non sabía que existía.
A todos os librepensadores que teñen a coraxe e a honestidade de escribir o que pensan da xente que se presenta a cargos públicos de representación lles pasa o mesmo.
O caciquismo e a oligarquía susténtase no medo, e os que non teñen medo son peligrosos.
Tamén me fun enterando co paso do tempo do que se decía de min, aparte daquelo de que estaba en política para amañar o de mis garages.
¡Canta miseria xunta!

Para rematar, parece que teremos un Goberno PP ou un Goberno anti-PP: o que ganou frente ós tres que perderon.

Aínda que eu non son partidario desa leria que se tran algúns co de debe gobernar a lista máis votada: se o noso sistema electoral xa favorece a partitocracia (e con ela a chegada da inevitable corrupción), se encima goberna sempre a lista máis votada, a oligarquía pasa a ser oligarquía bipartidista (o que é moito peor: o normal sería elexir ó alcalde a doble volta como fan os franceses, e así estariamos sempre seguros de que gobernaría a lista máis votada), teño a impresión que neste caso sería dificil explicar que os tres que perden se reparten o poder en beneficio de Betanzos.
Tampouco me parecen decentes os comentarios que ligan o posible pacto á situación laboral dos que gobernarían nese caso: a representación que lles da o voto dos cidadáns é soberana e habilítaos para recibir un salario dos nosos impostos. Sin condicións.
Cousa distinta é a crítica política á que están sometidos desde o momento en que van nunha lista. Nese terreo, decir que se van levar a cabo simultáneamente os puntos fundamentales de tres programas electorales distintos sería unha tomadura de pelo: mellor quedaría ser honestos e declarar que a xuntanza se produce para que non goberne María Faraldo.
Pero dase a casualidade de que esa estratexia política é xusto a que levou o PSOE á debacle máis grande da súa historia democrática (que seguirá) e o BNG a darse de conta de que as veces non é bon para o colectivo (para os interesados evidentemente sí) participar en certos gobernos: o caso de Vigo é suficientemente representativo.
Sen embargo en Betanzos, de producirse o pacto a tres, eses principios non se teñen en conta.
A historia demostrará se esa premura é boa para eles. E para Betanzos, que é o máis importante.

O que non se debe olvidar é que a xente está ocupando as plazas maniféstandose en contra deses mercadeos e que somos moitos os que estamos dispostos a demostrar que vivir en democracia non se limita a meter unha papeleta por unha raxa cada catro anos.

CODA: ¿Recordan o desprecio co que falaban as nosas autoridades das concentracións da Plataforma Veciñal Ánxeles-Cruz Verde?

1 opinions:

Anónimo

No me extraña la explosión de cxb viendo lo retorcidos que sois los militantes. Los rebotados de mi querida izquierda siempre acabáis adorando a San PP y justificando cualquier chanchullo, por acción u omisión. Un rebotado siempre será un rebotado y da igual en la organización política o vecinal en que se encuentre, el final siempre es el mismo: fuera y cargando contra todo. Es la soberbia del librepensador al que no le hace caso ni Dios, de eso sabe mucho tu querido Arcadi. Añoranzas del 68.