Hoxe é un día triste


Aló polo 74 un tiña 21 anos.
E Compostela era o centro do mundo.
Naqueles pisos dos rojos máis vellos sonaban moito os arxentinos: Atahualpa, Larralde e Facundo Cabral.
Para un leira con sombreiro de palla recén chegado da emigración, nada máis próximo que o orfo pobre e revolucionario de Facundo.
Anarquista e católico: dualidade que solo os que saben o significado profundo dos dous términos son capaces de entender.
Non hai moitos meses tivemos aquí unha conferencia dun anarcocatólico: demostrouse que solo uns poucos entenden o significado último dos términos.

Matárono os de sempre: os que saben quen son os que realmente poden cambiar as cousas.
Uns anarquistas falando de queimar iglesias non son máis que un estereotipo: non poñen en peligro máis que a tranquilidade de catro velliñas de misa ás oito.
Non son capace de cambiar nada, tendo como teñen a razón da súa parte.
O poder real ponlles a zanahoria diante para encirralos contra quen xa non pinta nada nas sociedades occidentales modernas.
Non saben onde está o poder, non entenden que o poder o teñen aqueles que ordenan que Endesa sexa absorbida por unha empresa tres veces máis pequena: Gas Natural.
Non compre ser moi espabilado para vislumbrar que un voluntario de Cáritas que trata de darlle de comer ós seus veciños é bastante máis respetable que eses que visten uns traxes de progres que sempre lles quedan anchos.

En fin, que o Facundo matárono



0 opinions: