Doña Soledad



Houbo un tempo en Galicia no que os homes collían o barco en Vigo e atravesaban o Atlántico en busca de pan para os seus fillos.
Tamén embarcaba xente nova daquelas familias numerosas nas que sobrababan brazos para traballar as leiras da casa: aínda que meu pai acabou en Matanzas (La Habana) -despois de pasar uns días para coller el gusto cubano- xunto co meu tío Ramón, outro tío meu puxo fin ó seu traxecto en Montevideo.
Os cubanos volveron, o tío ¿Manuel? casou cunha oriental e fixo fortuna aló: forman parte da miña infancia as fotos dos meus primos -(...) y su perrito delante de casa, e víase ó fondo un chalé deses das películas- e as postales de Montevideo, vistas miles de veces.
As mulleres do rural galego quedaban na casa cos fillos, unha ou dúas vacas, porcos, pitas, coellos...
Para ese matriarcado resistente, para esas doñassoledades nosas,vaia esta pequena homenaxe en voz dun dos grandes cantantes e poetas daquel Uruguay misterioso dos meus soños de neno.