Vivir nun manicomio


Véñolles comentando que os demócratas non deberiamos terlle permitido ó personal que nos goberna (e ós que o apoiaron) basar a sua estratexia política en sacar á dereita política do sistema democrático, identificándoa co franquismo e o nacionalcatolicismo.
Sería ó mesmo que identificar á IU de hoxe co estalinismo do PC de José Díaz.
Non se trata de defender ó PP ou a IU, trátase de defender un sistema político que solo pode funcionar se a alternancia no poder se pode producir de xeito democrático: todos os que se presentan teñen os mesmos medios e a mesma lexitimidade para facelo, sempre e cando respeten os principios constitucionales.
Este tema tróuxome algunha que outra discusión acalorada fai uns anos, cando falabamos da Ley de la Memoria Historica (LMH) do 2007 (o mesmo ano de Pacto del Tinell).

ESTRATEXIA POLÍTICA PARA OLIGARCAS. LECCIÓN I

Si queremos identificar ó PP co franquismo e o nacionalcatolicismo, compre que traigamos ó franquismo e o nacionalcatalicismo do pasado ó presente.
¿Cómo se pode facer?
Saquemos unha lei que remova todo o que nos convén daquela época (a LMH rixe desde o fin da Guerra Civil) e fomentemos a creación de asociacións que teñan que ver co tema, movilizando ó noso entorno político para que tome o control delas. Como aquí non hai ideoloxia algunha, compre que a lei subvencione a estas asociacións.
Sin problemas éticos: a única consigna é manterse no poder.
Pero os xueces competentes no tema fan todo eso con moita discreción.
¿Como vamos permitir que algo pensado para que estoupe (axitación+propaganda) se vaia consumindo pouco a pouco funcionanado correctamente (legalidade+discreción)?
¿Que facemos?: Garzón.
¡Pero Garzón non é competente!: ¡é igual!
Escenario, cámaras, actores, figurantes, TV...
Don Baltasar Garzón acusa a Franco de xenocidio e declárase competente no que ten que ver coa LMH ata que se lle certifique que Franco morreu.
Pode parecer unha película, pero El País non é sospeitoso de ir contra Garzón e o PSOE.

Era un día destes de verán caluroso no que o vento move a irrespirable fogaxe, o monte sin limpar e toda a herba seca: o único que fai don Baltasar Garzon e prender lume nas cunetas (nunca millor utilizada a metáfora). O proceso de axitación+propaganda iníciase coma unha combustión descontrolada...

Garzón esta hoxe acusado de prevaricación por atribuirse competencias que non tiña.

Cando o odio se sementa e se rega cos cartos de todos, é inevitable que termine por prender.
¿Quen rega?: a lei permite subvencionar a uns profesionales da axitación, pagados cos nosos cartos, que se dedican a moverse por todos os lugares nos que esta táctica sexa rentable. Aparecen na prensa todos os días.

É un mal soño: é o tráxico destino dun país que en momentos importantes da súa historia ten unha clase politica impresentable.
O PP cala inexplicablemente, ou fala con voz baixiña.
Pero por aquí e por aló empezan a aparecer os que non teñen medo, os defensores da democracia, os sabedores de que non podemos desengancharnos outra vez dun carro que perdemos moitas veces.
¿Como poderiamos calificalos?
A que reacciona é a esquerda real: europeista, democrática e modernizadora. Ese abanico ideolóxico sabe que non se pode construir unha democracia sin demócratas e que solo a verdade pode cambiar as cousas.
As ideas liberadoras frente as maquinarias das empresas de representación ás que lle chaman, eufemísticamente, partidos políticos.
Vamos, catro sin un duro contra PP, PSOE e BNG gordiños cos cartos de todos nós.
David contra Goliat.
A batalla de posicións estaba perdida de antemán: versos contra metralletas.
Pero tamén querían ganar a batalla no terreo das ideas, porque os que están detrás saben -os da primeira línea son uns papanatas- que as ideas poden convertirse en fusiles de asalto.
A mensaxe foi tan infantil e efectiva coma a da LMH: todo aquel que non estea de acordo con nós apoia ó PP, logo é de extrema dereita.
Cando personas intelixentes len algo así pensan que é imposible que este inxerto absurdo poda prender na cabeza dunha persona normalmente constituída desde o punto de vista psíquico.
Eu pensaba o mesmo.
Xa non o penso: comprendín que este é un país de inmensos e sectarios rebaños de homiños. Incluso moitos que ti pensabas que eran de talla normal.
"Somos así e non hai nada que facer", concluín un día, despois de participar en distintos movementos e defender as miñas ideas a costa, ás veces, das relacións personales.
Era evidente que aquelas relacións personales con homiños, que ti pensabas que eran homes, non merecían a pena. Foi unha das ventaxas da loita contra a oligarquía.

Logo viñeros os indignados... e o pouco tempo a estratexia para conseguir que a indignación contra a incompetencia do Goberno Zapatero, unha vez sacrificado el, se volvese contra o PP... e contra o Papa...
O mesmo xogo en todos os procesos que lles levo narrado.
Se a táctica de control e cambio de dirección, basada na axitación+propaganda, é sempre a mesma, ¿como é que a xente non se da de conta que están xogando con ela e tratándoa coma un rebaño de zopencos?

Porque, da mesma maneira e polas mismas razóns que houbo poucos antifranquistas con Franco vivo, hoxe hai poucos demócratas.
É un problema estructural da nosa sociedade do que se aproveitan os oligarcas.
Non fai falta máis que cambiar unha dictadura de bota militar por unha oligarquía de partidos co control dos medios de comunicación.

ESTRATEXIA POLÍTICA PARA OLIGARCAS. LECCIÓN II

A toda persona honesta podería parecerlle que, demostrado que esta estratexia nos está levando ó borde do precipicio, os nosos gobernantes pensaran en todos nós e deixaran esas miserias.
Non lle supoñan á oligarquía a mínima reflexión ética, os seus fins (chegar ó poder e manterse nel a toda costa) xustifican calquera estratexia e calquera táctica que lles permita conseguilos.

Luns, 8 de agosto de 2011.
Dez e media da noite.
Prendo a TV.
Mando a distancia.
No 1: En La primera (TV pública controlada polo Goberno e pagada por todos nós) poñen unha serie propia, Plaza de España, ambientada na Guerra Civil española.
No 2: En La segunda (TV controlada polo Goberno e pagada por todos nós) poñen unha película española "La guerra de los locos". ¿A que guerra se refire o título?: supoño que non o dudarían, á Guerra Civil española por suposto.

Hai que manter a estratexia que se fabricou durante sete anos ata o momento final, de todas as maneiras posibles.

ESTRATEXIA POLÍTICA PARA OLIGARCAS. LECCIÓN III

Compre convocar eleccións anticipadas.
Reunión de estrategas: ¿podemos utilizar a convocatoria das eleccións coma un eslabón máis do desenvolvemento da nosa estratexia guerracivilista?.
Mellor planteada a pregunta: ¿pode a convocatoria das eleccións traer a Franco e á Guerra Civil do pasado ó presente?
¡!, salta o máis listo: como o falanxista José Antonio Primo de Rivera foi fusilado o 20 de novembro de 1936, e Franco morreu na cama o 20 de novembro de 1975, convoquemos as eleccións o 20 de novembro e xa temos un punto de enganche coa nosa estratexia sin molestarnos. Teremos xustificado falar de Franco, da Guerra Civil, dos fusilamentos nas cunetas, da...
Aplausos.

CONCLUSIÓN

Se analizan o que lles levo contado sobre este tema, estou seguro que sentirán o mesmo que sinto eu cando día a día vou comprobando que todo o que sucede confirma a miña visión desta xente que nos goberna. Teño o eixe central da estratexia política do PSOE de Zapatero tan controlado, que as veces penso que son un dos seus 650 asesores.

Por suposto que, dentro da mesma táctica de control, está ó conseguir que todos vostedes non relacionen unha cousa con outra. Se a intelixencia non é máis que a capacidade para relacionar, estanlles chamando tontos diante das súas propias narices.

¡POR UNHA REPUBLICA FEDERAL IBÉRICA!

Defendo desde fai moitos anos, e xa o teño escrito aquí, que os que pelearon no bando republicano defendían a legalidade vixente, polo que deberían térselle reconocido desde o inicio da democracia, ó menos os mesmos dereitos que ós nacionales. Falo da Guerra. E non teño problema en reconocer que na Guerra Civil asesinaron uns e outros: Badajoz e Paracuellos del Jarama son dúas caras dunha moneda bastante utilizada por estes lares: a indignidade.
A represión posterior dos vencedores con fusiles de asalto contra os vencidos desarmados, inxustificable e miserable, convirte en indignos e encarcelables a todos os que participaron nela.
Pero aló pola época da Transición, a esquerda chegou a conclusión de que había que olvidar esa posguerra lúgubre e mirar para adiante: "Libertade, Amnistía, Estatuto de Autonomía", era o berro.

E agora uns mequetrefes ágrafos deciden tirar pola borda un proxecto modernizador e pacificador para favorecer uns interes particulares indignos.