Orgullo que un ten por ser galego

Supoño que non compre facer demasiados comentarios cando argallamos un guiso co mellor que temos.
¡E pensar que aínda anda por aí quen non entende o que somos, xunto cos que queren que sexamos unha aldea paleta!
Menos mal que os labregos e os mariñeiros se erguen todos os días para darlle de comer a tanto predicador profesional.
Recorden que os que máis falaron da emigración foron os que se quedaron aquí, ó quentiño.


Estoulle collendo ó letrista de Elton John, Bernie Taupin, a maneira de escribir e a temática. Intento coller vocabulario en inglés de paso que traduzo as cancións que me interesan.
Algúns din que é a mellor song do londinense.

¿Sónalles a canción?

Palabras maiores

Desta prefiro non falar moito, doeríame recordar que foise o día, foise a noite, foise a miña mocidade.

Ós xenios compre escoitalos con respeto.

2 opinions:

Tor

Recordo a moitos que quedaron aqui, e por suposto non quedaron o quente.A vida non foi nin de lexos facil para moitos que quedaron levantando o seu pais.
Xunto ca falla de liberdade se engadia a necesidade de traballo.As cargas familiares que moitos que marcharon deixaron aqui, fillos, abos, ect, añadia unha dificultade para medrar, moitos mandaron algo para paliar estas cargas alguns anos despois de marchar, sin preocuparse de como estaban aqui, mal estarian eles, non o nego, pero moi mal estaban os de aqui, e sin poder coller a maleta, pois quen faciase cargo de estas cargas mais as propias... y os cartos? xa se habian empeñado para mandar a un, non ian empeñarse mais.Non ten so unha vision a emigracion senon que ten moitos prismas tantos como personas e familias que viviron aqueles anos, nos que tamen facian falla na casa, e buscar a vida no que se poidese, o mais facil foi a emigracion, ¡por moito que se emperren en vendela como obligacion!.Ai moito que falar do tema....

CIENCIAPARANES

Non me refiro ós perdedores de todas as batallas, senón que ironizo sobre un estamento social situado por enriba desas familias na xeraquía social.
Digamos que eran os intelectuales orgánicos que o sistema necesitaba para seguir funcionando e mandando xente á emigración.
Nin eles nin as súas familias tiñan necesidade de deixar pais ou fillos para pasar uns anos en Cuba ou en Suiza.
Pero oíalos falar e parecía mismamente que sufriran más ca ti.
Para falar de fillos e de emigración compre telos tido e ter andado polo mundo á forza.
Os que non cumplen esas condicións falan por falar.