Oito anos de plomo

Esta fotografía foi publicada aquí xa fai moito:


Durante moito tempo non entendín como podiamos permitir ser gobernados por este personal.
Logo fun conscente do porqué: había moita xente desarmada intelectualmente (eso xa o sabía) e moita xente parecida a eles (con eso non contaba tanto).
E eles estiveron alí porque tiveron a maioría.
E non hai inocentes, porque ninguén levantou a voz. E ós que a levantamos chamáronnos de todo.
E agora quedamos desarmados.
Nós, os demócratas que loitamos pola igualdade desde a marxe esquerda do volátil río da vida.
Eles colocados.
Ricos ou case.
Nós coa pólvora mollada.

Tamén se veñen abaixo os imperios mediáticos montados para a propaganda do réximen. Para facer siervos ós cidadans libres desarmados no intelectual (se aceptamos que os términos non esconden unha flagrante contradicción en si mesmos).
Oito anos de plomo.
Oito anos de ataques continuados á democracia por parte destes indecentes e de toda a camarilla de cortesanos que agora andan ás agachadas.

E o que se me veu á cabeza cando lin as nóminas dos bustos parlantes das TV públicas (as privadas que fagan da súa capa un saio).
Sei que o salario mínimo interprofesional (SMI) está en 641,40 euros /mes e

 Se collemos como exemplo á sra. Ana Pastor (a terceira, muller dun dos popes de La Sexta), que non sacou as oposición sa TVE ás que se presentou (quedou no posto mil e pico para uns poucos centos de plazas) e que foi colocada a dedo polos da foto de máis arriba, cobraba 19 veces o SMI.

Tamén sei que a pensión mínima da Seguridade Social para un xubilado que cotizou, que ten cónxuxe e non está ó seu cargo, resulta ser de 7.985,60 euros/ano e

A sra. do medio chámase Mariló Montero e cobra 62 veces a pensión mínima dunha persona que cotizou á Seguridade Social. Os salarios destes tres son para o 2012.

Os médicos, os policías e os profesores (os tres pilares do estado de benestar) cobran un 10% menos do que cobraban, e toda esta tropa, perfectamente prescindible (poderiamos sustituilos por muñecos animados e non pasaría nada), quedándose cos cartos que necesitamos para que algúns podan comer quente unha vez ó día.
Cos nosos cartos.
Pero eran parte dos elexidos para propagar La buena nueva por todos os recovecos da xeografía.

Oito anos gobernados por adolescentes tardíos, que se decían ser de esquerdas (como fan os adolescentes) sin saber o que eso quere decir.
Os catro de arriba experiencia laboral non tiñan, pois nunca traballaran.
Tampouco formación.
Pero seica eran socialistas.
E conseguiron máis clubs de fans que os Beatles nos mellores momentos. Clubs de adolescentes (tardíos e non), claro.
Se miran aquí poderán ver que, con toda a terra queimada deixada por esta empresa de representación política, aínda hai 6.080.964 cidadáns que votan ó PSOE e 922.547 ó PSOE de Cataluña (xa ven que ata o BOE nos mostra que non son o mesmo partido), co que os clubs de fans aínda contan con 7.003.511 seguidores.
Con eses números, o que pense que se pode producir unha rexenaración democrática na esquerda política, tendo o entorno PSOE como plataforma, que o olvide. Con dous millóns de votos menos as probabilidades serían moito maiores.

Por poñerlles un exemplo, nas eleccións de 2007 regaláronnos 400 euros (os cartos que pagas a Hacienda deixan de ser teus) para que votásemos por eles, deixando fora ós sete millóns de españoles que máis necesitaban ese diñeiro. Un par de anos despois o mesmo personaxe rebaixábanos un 7% o sueldo. Para calquera persona medianamente formada, eso solo pode facelo un mequetrefe. ¡Pois tiñan que ver vostedes as miradas asesinas dos membros dos seus clubs de fans!
Os que estababamos contra esta aparente e estúpida  modernidade (propia de adolescentes)  eramos conservadores. Oínlllo decir a un franquista converso.

España para eles era algo discutible (tal e como dixo ese gran estadista chamado don José Luis Rodríguez Zapatero) como estructura territorial: xa ven que en Cataluña o PSOE non existe.
Pero para políticos, sindicalistas e cortesanos a sueldo foi a habitación con vistas na que armaron as súas orgías. Orgías que nós pagabamos, como saben ben, e que terán que seguir pagando os nosos fillos e os fillos dos nosos fillos.
Oito anos de festa rachada para uns... e de preocupacións e lágrimas por moito tempo para outros.

Eu aprobei unha oposición libre en Madrid fai anos e supoño que poderei cruzar o deserto que deixou toda esta camarilla.
Pero o malo é o que lle pasa ó meu amigo P., que ten os tres fillos na casa cando non teñen edá para estar nela. E o seu traballo tampouco anda moi aló.
Metéraste en política: malosería que entre o Concello, a Diputación e a Xunta non tiveras colocado a un dos tres.
Burriño.
Honesto, de esquerdas , pero burriño.
¿Óelos cando están comendo no Churraasco?, ¿oes como rin?
Burriño, e os teus para Inglaterra.

Un día vou coller a escopeta.