Cataluña independente

Públícase hoxe unha encuesta.
Eu xa o sabía porque fai un tempo estiven falando cuns cataláns que non eran independentistas e dixéronme que hoxe votarían pola independencia.
Mirando de enterarme do porqué chegou a frase Mi padre solo gana 800 euros al mes.
Aí esta o quid da cuestión: ¿Como vai ganar un catalán 800 euros/mes cando Cataluña é unha rexión (nación) rica que está mantendo ós vagos dos extremeños e ós cantamañanas dos andaluces?
Ese é o caldo de cultivo do nacionalismo: o do agravio económico.
Solos viviremos mellor é o lema.
Máis de dereitas non pode ser.
Ou sí, se nos aproximamos o Sabino Arana racista.

Así que ir facendo un listado dos galegos xubilados que cotizaron en Cataluña para que a nova nación lles pague as pensións. Se ese mequetrefe chamado José Luis Rodriguez Zapatero lles concedeu a xestión dos hospitales da rede nacional co simple apoio a unha moción do seu partido, solo faltaría que agora non cubriran os gastos dos que deixaron o seu sudor para que a burguesía catalana engordase.

Por min que se vaian dunha puñeteira vez. O único que sinto é non terme quedado en Suiza no ano 73 e ver este espectáculo desde a barreira.
Non sentir nada cando este entramado de políticos, cortesanos, empresarios e sindicalistas a sueldo do pobo soberano volven impedir unha vez maís que España se incorpore á modernidade.
Imcompetentes, corruptos e cos aparatos de propaganda dos medios de comunicación ó seu servicio.

Recordo polemizar con socialistas cando Maragall solicitou a entrada de Cataluña no grupo dos países francófonos. Lóxicamente Francia non podía aceptar que unha parte de España fose unha nación aliada súa. Pero o feito desde o punto de vista político é dunha relevancia indiscutible. É anecdótico, decíanme os (falsos)socialistas.

Son cousas dos que se chaman socialistas, os máximos culpables da situación política (e económica) actual. Don José Luis Rodríguez Zapatero chegou a decir que era discutible que España fose unha nación.
¿Que necesita a xente para darse de conta de quen son estes personaxes de opereta?


Aí os teñen, cobrando 6.383 euros/mes por asistir a un pleno/mes do Consejo de Estado. ¿Sabían que ós membros do Consello de Estado (do que é Presidente outro político profesional, este de Betanzos, José Manuel Romay Beccaria) había que elexilos ata que Zapatero sacou unha lei pola que os expresidentes pasan a ser directamente membros dese organismo?
 ¿Canto cobrará ó mes o señor José Manuel Romay Beccaria sendo o Presidente?
¿Para que necesitamos un Consejo de Estado?
A xente nas colas de Cáritas e da Cruz Roja, e estes, que son os grandes responsables, rindo.
Por comparar: o Salario Mínimo Interprofesional 2012 en España é de 641,40 euros/mes.

Algúns pensaban que ó ganar o PP faría algo para reducir os
650 diputados + senadores
1.206 parlamentarios autonómicos
8.112 alcaldes
65.896 concelleiros
1.031 diputados provinciales (das Diputacións, que son concelleiros)
139 en cabildos e consellos insulares canarios
2.800 en mancomunidades
1.100 na Unión Europea
...
31.120 representantes da patronal
65.130 liberados sindicales
...
Sobre 200.000 como asesores, cargos de confianza, caixas de aforros (tan de moda), empresas públicas, fundacións públicas, cámaras de comercio...

Sendo unha parte inmportante deses profesionales militantes populares, ¿como vai o PP pechar chiringuitos?

Menos sanidade pública
Menos educación pública
Menos salario para os funcionarios (entendendo como tales os que conseguiron o seu posto nunha oposición  aberta na que se valoraba mérito e capacidade)
Menos euros para os pensionistas
Menos euros para a atención dos que non poden valerse por si mesmos
Menos medicamentos gratuitos.
...
Máis impostos directos (IRPF)
Máis IVA
Máis cara luz
Máis cara a auga
Máis cara a gasolina
...

Nós pagamos e eles no seu castelo. Igualiño que na Edade Media: señores feudales cos seus cortesanos (prensa, radio, TV, actores, cantantes.. todos pagados por nós) e siervos (nós: ti, eu, aqueloutro e o de máis aló)

Se esto clama ó ceu, deberiamos facer algo entre todos.
Pero nada: o rebaño apaciguado, don Mariano.

CODA:
Non falo do nacionalismo galego. Eles estarán contentos coa noticia.
A fin de contas a eles parécelles normal que os galegos vivamos peor para que os ricos monten a súa festa privada. 
Seica se debe a que os pobos teñen dereitos.
Os pobos teranos, os cidadáns parece que non.
A fin de contas, os que respiramos os aires da verdadeira esquerda, que vive do análisis racional da realidade social, non temos nada que ver co nacionalismo, que se sustenta en aspectos emocionales coma os himnos, as bandeiras...
Son dos que penso que a política galega hai que executala desde Galicia, pensando nun Estado Federal Español (República a ser posible) ou nun Estado Federal Europeo.
Falar de Liberación Nacional nos tempos que corren solo pode ocurrírselle a irresponsables.