Carroñeiros

TESIS:
O sectarismo é sempre a antesala do fascismo e o maior enemigo do pensamento racional e científico.
Un tren que circulaba a 190 km/h tiña que frenar 4 km antes dunha curva e de non facelo tardará 76 segundos en chegar a ela.
Eses 76 segundos pasounos  o maquinista falando por teléfono co revisor que viaxaba no mesmo tren.
Se nunca se produciu un accidente nese punto, buscar culpables á marxe do feito é un exercicio de adolescente estulticia.
Sei de xente que fai a viaxe Ourense - Santiago - Ourense nese tren todos os días.
Ata un neno entende que a seguridade podería mellorarse e que se fose un maglev podería alcanzar os 580 km/h. 
Ata un memo é capaz de deducir que aínda cos medios de seguridade máis avanzados é posible o accidente. É posible pero menos probable.
Como non se tiña producido ningún accidente nese tramo, a probabilidade de que sucedese era prácticamente cero.
Agora xa sabemos que esa probabilidade é distinta de cero, polo que resulta lóxico mellorar na medida do posible a seguridade do trazado tratando de evitar os erros humanos.


Este é un país no que se respeta ós miserables e se ningunea á xente honrada e honesta.
A oligarquía política corrupta distinta do PP comprobou que, nunha sociedade predemocrática coma a nosa, dá resultado a axitación+propaganda antidemocráticas para acceder ó poder.
Así sucedeu co No a la guerra contra Aznar e o Prestige contra Fraga.

Por eso queren repetir o proceso coa morte de decenas de personas no Tren de Compostela, lanzando  a tumba aberta ós seus predicadores a sueldo contra Rajoy.

La Sexta Noticias tivo acceso ás grabacións do xuzgado (¿cómo as conseguiron se eran secretas?) e publica (copio e pego, faltas de ortografía incluídas. O subraiado en amarelo é tamén obra deles):

El maquinista hablaba por el móvil con un controlador de trafico. El de Leon o el de Santiago. Según ha podido saber laSexta Noticias, en esa conversacion se le pregutnaba qué tal iba y se le indicaba que tenia que acceder a la estacion de Ferrol por la via 2.

Según el diario El País, cuando sus amigos le preguntaron por qué silenció tolo sucedido, el les respondió que simplemente era porque no quería involucrar a nadie

Renfe no había mencionado esta llamada y el Ministerio de Fomento la habia incluso negado, porque ellos solo tuvieron en cuenta el telefono fijo del tren y no el movil, aunque fuera un movil profesional. 

Goebbels destilado, casi puro.

A realidade é que o maquinista falaba, inexplicablemente, co revisor que iba con el no tren.

Ver video.

É gracioso que os mesmos que sementaban sospeitas non se ruboricen cando teñen que comentar os feitos que na realidade se produciron.

¿Daquela non falaba co controlador de trafico de León ou Santiago?
¿Daquela non estaba protexendo ós responsables de Renfe postos polo PP?
¿Daquela Renfe e o Ministerio de Fomento tiñan razón cando declararon que non sabían nada desta chamada?

Resulta interesante ler as opinións diverxentes de xente que sabe do que fala.

¡Meudeus canta miseria e canto desprecio pola ciadadanía!

Ben sei que o que escribo non servirá de nada porque desgraciadamente vivo nunha sociedade servil e anestesiada, e que defender os principios democráticos hoxe é o mesmo que colocar bandeiras republicanas na Fonte dos Cabalos con Franco.

Esto non quere decir que poda haber responsabilidades concretas que deberán asumir os implicados. Sexan José Blanco, a ministra Pastor ou os responsables de Adif e Renfe con Zapatero e con Rajoy.


Unha cousa é eso e outra a axitación+propaganda filonazi.
O que máis derrotismo nos causa ós demócratas e a actitude do rebaño que chega a xustificar incluso aquelas situacións nas que os propagandistas quedan co cu ó aire:

Pódese ler aquí a noticia.
Aquí o comunicado do Hospital Universitario de Valencia.
A rectificación produce noxo cando se comparan os dous videos:



Co pago dos nosos impostos facilitamos que unha inmigrante sin papeles estives ingresada 34 días nun hospital no que foi sometida a dúas operación de neurociruxía sin costarlle unha peseta.
Esto non sucede en ningún país do mundo.
E esta basura mediática utiliza a solidaridade dos españoles para atacar ó Goberno.
Entenderiamolo se fosen fascistas que desprecian ós emigrantes, pero non nestes que van de xente de esquerdas.

O que sucede é que estes fascistas utilizan a propaganda para calificar de fascistas a outros:


Principio de la transposición.
Cargar sobre el adversario los propios errores o defectos, respondiendo el ataque con el ataque. Si no puedes negar las malas noticias, inventa otras que las distraigan.



Mención aparte merecen certo tipo de adolescentes maduros (que non maduros adolescentes) que serían motivo de mofa en calquera país con un sistema democrático asentado.
Estes personaxes, que sempre son menos doctos do que eles supoñen que son, actúan coma nenos consentidos e fan da esaxeración e do esperpento o seu modus operandi.
Fano nos países nos que a democracia non está sentada porque saben que o seu éxito está ligado á escasez de democrátas.
Saben tamén que esa actitude resultará fascinante para os memos.
Coma se fosen cantantes dunha banda de heavy metal cutre e se sentisen Robert Plant cantando Stairway to heaven nun asilo para os que padecen demencia senil.


Supoño que este personaxe recordará que no verán de 2006 se queimaron 175.000 hectáreas galegas (según datos dos satélites da NASA) e morreron catro personas. Ademais o desastre ecolóxico foi moi importante: ler aquí e aquí .

Gobernaba o bipartito PSOE + BNG e o conselleiro de Medio Rural era o nacionalista Alfredo Suárez Canal, que ó chegar ó cargo quixo modernizar as brigadas contra-incendios, reducindo o numéro de brigadistas e aumentando a súa operatividade.


Eu considero a Suárez Canal un home honesto e honrado.

Daquela houbo miserables que pretenderon culpabilizar ó conselleiro das mortes.
Desta outro miserable afirma que Os mortos son deles, querendo expresar que os responsables de decenas de cadáveres nun accidente ferroviario en Compostela son os gobernos, pasados e presentes, de España e Galicia.

Pero si aceptamos a premisa de que os galegos votamos libremente, habera que reconocer a conclusión de que temos o Parlamento Galego que merecemos.