Descojone

Cada día que pasa síntome máis á marxe nesta república bananera na que as ovelliñas mansas van dereitas ó matadeiro sonrindo e seguindo a prédica dunha oligarquía político-sindical corrupta.


Con Franco estarían o 90 % na casiña ó quente: o medo gardaba a viña. Agora, como carecen de principios democráticos e son tan ágrafos que non se dan de conta de que os que están detrás son os mesmos que saqueron as Caixas de Aforros, saen as rúas para facer a revolución.
Seica.

Estoume doctorando en indiferencia para ver se toda esta tropa protofascista de axitadores profesionales e corruptos me empeza a producir descojone.
E para o descojone nada millor que o Charlie Hebdo.


Este home estaba casado con Ségolène Royal (da quinta do 53 coma min) que foi candidata do Partido Socialista á Presidencia de Francia en 2007 e perdeu frente a Sarkozy. Teñen catro fillos.


Pero o querido Hollande, que sinte por Léo Ferré a mesma devoción ca min, tiña unha amante de 48 anos chamada Valérie Trierweiler.


 Cando o que se presentou ás eleccións baixo o lema de ser un francés medio e normaliño e derrotou a Sarko, Valérie pasou a ser a primeira dama. A primeira dama era a amante do Presidente: aí é onde se ve como se vive nun país de homes e mulleres libres.

Pero François é pequeniño pero guerreiro, e así foi que se descubriu que tiña unha amante máis nova, Julie Gayet de 42 anos


Teño o presentemento de que se trata da envidia que suscita no pequeno socialista o éxito do outro home pequeno que gobernou antes ca el.
¿Andará Hollande a busca da súa Carla Bruni?

Pero é Francia e alí non pasa nada. Alí non salen catro histéricas berrándolle Machista ó meu querido e envidiado François.
Alí as mulleres son mulleres liberadas, que poden estar a favor ou en contra do aborto.
Pero son libres.

Por estes lares, entre políticos e sindicalistas corruptos, triunfan outro tipo de mulleres


É a diferencia entre un país democrático e unha república bananera.
É a diferencia entre o goberno do cerebro e o goberno da entrepierna.
É a diferencia entre a intelixencia e a estupidez.

Por eso que lle vou dedicar a esas mulleres unha das cancións que máis lle gusta a un dos homes da súa vida (porque as mulleres libres xogan no mesmo terreo e co mesmo reglamento que os homes, e tiveron ou terán outros compañeiros) e a min.
Porque xa se sabe que á hora de sufrir polo desamor, unhas veces choran elas e otras nós.