Temas recurrentes

Cabe supoñer que a estas alturas do partido todo o mundo ten que ter claro o saqueo ó que fomos sometidos os cidadáns nestes 40 anos de control total por parte da oligarquía posfranquista: partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariales.
Todos as semanas hai noticias novas dese roubo sistemático, perfectamente organizado e compartido. 
Estes días fálase do saqueo en ADIF, unha das poucas empresas públicas que quedan.
¿Onde irían os cartos de Endesa, Campsa, Telefónica, Caixas de Aforro...?
Como a oligarquía é corrupta por definición, o sistema está cheo de podremia desde o municipio máis pequeno ata o Goberno Central.
Coas escasas excepcións que se producen/produciron cando personas honestas teñen/tiveron capacidade de decisión.
A rexeración pasa por pechar a etapa do posfranquismo mandando para a casa a políticos, sindicalistas e empresarios, todos eles profesionales da representación.
Os que teñen capacidade crítica e libertade de pensamento teñen que entender agora o que supuxeron no seu ámbito Ciutadans de Catalunya e CxB. Se o fixeran uns anos antes non teriamos chegado onde estamos.
Pero a autoestima medraba cando un se relacionaba co poder.
Tamén medraba a posibilidade de solucionar a vida.

Os que despois de pelear contra Franco seguimos peleando contra a oligarquía posfranquista xa non somos máis que unha partida de guerrilleiros amenazada polos propios cadrís.
Abueletes que nos mazamos de risa cando os de vinte e poucos anos, non gasto tinta en falar dos enternos adolescentes que non movían un pelo con Franco vivo e agora depotrican contra o franquismo do PP, nos falan dándose de resistentes antifranquistas.

Pero éticamente relucimos coma foguetes de verbena no medio de tanto memo e tanta podredume.
Aínda que o comportamente ético non venda nin unha entrada hoxe en día.

Pero os librepensadores serán sempre sempre devotos da sociedade horizontal, internacionalistas, solidarios e cidadáns do mundo.
Serano sempre ata acabar no furado.

Eses librepensadores nunca foron ben vistos polos predicadores ó servicio da oligarquía porque os oligarcas sempre souperon que os deixarían antes ou despois en pelotas diante da concurrencia.
Oligarca en Galicia é sinónimo de cacique.

A Jacques Brel referíase un amigo, o anarquista Georges Brassens, coma El cura Brel.

 Así compoñía e cantaba o cura Brel: ¿como é posible que a xente nova non distinga entre esto e os discursos dos predicadores corruptos?, ¿será culpa da LOGSE?