Francis Cabrel

Naceu no mesmo ano que o que escribe, 1953, nun pobo do sur de Francia: o municipio de Astaffort tiña 1.603 personas con dereito a voto nas Municipales de 2014.
Foi concelleiro do seu pobo de 1989 a 1995, formando parte dunha candidatura denominada Génération Ecologie (Xeneración Ecoloxía).
Fillo de emigrantes italianos (seu pai traballaba nunha pastelería e súa nai nunha cafeteria), tiña unha moza que se chamaba Mariette a que, en 1977, lle compuxo unha canción titulada Petite Marie.
Mariette é o amor da súa vida e a nai das súas tres fillas.
No medio de tanta merda que nos rodea axuda a respirar escribir de xente coma este cantante francés polo que sinte devoción un amigo betanceiro.