Opinar en La Voz de Galicia

Copio aquí o penúltimo e o último comentario de blancolexitimo no periódico de referencia en Galicia.



Ben certo é...

pero vostede escribe pensando que a española é unha democracia consolidada na que respira unha sociedade civil democrática e crítica cos que gobernan o seu (sexa cal sexa o color do equipamento da Moncloa).
Si así fose, nunca gobernaría esta coalición de "juventudes socialistas" e peronistas, apoiados por unha dereita nacionalista de pelaxes diversos.
Todos os nacionalismos non anticolonialistas foron e serán sempre de dereitas, de aí o invento aquel de que Galicia era unha "colonia interior" de España.
España é unha democracia formal na que reside hoxe una minoría democrática desamparada, sobre todo na marxe esquerda.
Os nacionalistas non españolistas son o mesmo que os españolistas de "una, grande y libre", pero eles autocalifícanse de soberanistas progresistas.
Incluso os pistoleiros do tiro na nuca e os "torras" (igual de xenófobos e racistas que os" aranistas" que din que os españoles somos afeminados) que din que temos unha tara xenética.
Pero para os que nos gobernan, sobre todo para os peronistas, estes son impulsos hormonados de xuventude e non insultos, aínda que o racista Torra sexa un home maduro e nos chamou tarados non fai tanto tempo.
Con esta tropa tomando as decisións (queda claro que os PSOE que critican o que pasa e siguen sendo PSOE son pouco presentables) coa súa escasa formación, a mala xestión esta asegurada e o recurso da propaganda é inevitable.
E a propaganda implica forzosamente o control dos medios de comunicación.
E é no que están: despois de tratar continuamente de enfangar a sanidade PRIVADA e a enseñanza PRIVADA, rescatan as televisións PRIVADAS (algunhas obteñen grandes beneficios: Atresmedia e Mediaset, e outras son propiedade desa Iglesia que tanto critican) con 15 millóns de euros.
Mentras sanitarios, seguridade e demáis infantería avanzada contra a peste, cun farrapo no fuciño e unha bolsa de plástico como armadura.
Non é que os que nos gobernan sexan incapaces.
É moito máis profundo: os que nos gobernan non son demócratas.
Con esta visión pesimista, escribir ven sendo predicar no deserto, sobre todo cando as letras non teñen unha equivalencia monetaria visible.



Que todo vaia ben!

Dinme de alta, sin suscribirme, para opinar neste tempo no que un ten tempo para actividades que o pasado me ten demostrado que non sevían para nada.
Nestas semanas algún dos meus escritos foron os que recibiron máis "me gusta" dos participantes no foro.
Agradecido.
Pero xa van tres ou catro veces nas que escribo e non se publica o escrito.
Supoño que hai razóns para actuar desa maneira, aínda que a min se me fan materia oscura.
Sin máis.
Saúdos os demócratas.
O da foto é Malatesta.



Debo suponer que o detonante desta censura foi un comentario que non lles pareceu ben a eles, pero sí a 34 foreiros.
Reproduzoo para que me quede constancia de cómo funciona as cousas:

Xente de ben

Estannos gobernando axitadores ágrafos que, rebobinando a tempos que un pensaba superados, utilizan a democracia para acabar con esa mesma democracia que lles permite gobernar.
Temos un Vicepresidente do Goberno, PNN nunha universidade ós 40 e pico anos (daquela un señorito), que dice de Amancio Ortega España no es una república bananera que dependa de que un señorito venga dando cosas
Os principios de propaganda dese xenio fascista, chamado Joseph Goebbels retratan a este pobre home (fascista?):
1. Un peronista que asesoraba (cobrando por elo) a una república bananera como é Venezuela, ven a decir que os que defenden as repúblicas bananeras son os otros, os demócratas europeístas.
2. Un señorito chamándolle señorito a un home que leva toda a vida traballando.
Solo un papanatas pode compartir as ocurrencias dun cretino. Pero hai moitos papanatas en Galicia.
De Amancio Ortega o que conozo, fora do que aparece na prensa, é o que me contou un vello co que compartín mesa nunha de tantas feiras do viño que se celebran na nosa xeografía: andaba nas feiras cando Ortega tamén o facía e o seu retrato aumentou o meu respeto polo empresario.
Calquera galego que sexa un demócrata de esquerdas (especie en vías de extinción) e teña que elexir entre un empresario que lle da traballo a miles de galegos e un eterno adolescente como Pablo Iglesias, non dudaría un nanosegundo en responder.
Por non falar dos peronistas galegos: Antón Gómez-Reino e Carolina Bescansa.
Gómez-Reinos de Negreira e bescansas de Compostela, eses sí que son apelidos de señoritos de toda a vida.
E non o Ortega dun fabricante batas guateads que se fixo millonario e que, en lugar de irse a Portugal á vista do cariño que lle demostran algúns, sigue aguantando a estes eternos adolescentes e sendo solidario coa súa xente.
Sr. Amancio, aínda que a maior parte levamos anos na casa sin decir nin mú, teña claro que a boa xente deste país lle agradecemos as súas donacións e animámolo a que non teña en conta as bobadas que din estes señoritos e siga compartindo os seus dividendos con todos nós.

0 opinions: