Dona Anxela Bugallo


Supoño que a maior parte da xente que escoitaba os parlamentarios do PSOE e do BNG falar dos “30.000 millons das antigas pesetas” que o Goberno Fraga levaba enterrado no monte da Cidade da Cultura, pensaba duas cousas:
1. Que o PP estaba dilapidando os cartos de todos nun proiecto faraonico (eu tamen o pensaba).
2. Que cando gobernasen eles iban a ser mais estrictos no gasto (eu xa non compartia ese pensamento, pois por algo levo tantos anos sin votar).

Vexamos.
Fraga creou a Fundacion Cidade da Cultura e nomeou a dedo tres cargos de «alta direccion» :
Director Xerente
Director economico-financieiro
Arquitecto Director da Oficina Tecnica.

Destes cargos sentenciou o Consello de Contas que “Consideramos que agas o de xerente ningun dos outros postos reune as caracteristicas necesarias para configurar un suposto persoal de alta direccion, conforme …”.

Pero a longa noite fraguista chegaba o seu fin e un BNG de honradez indiscutible tomaba as rendas da man da conselleira Anxela Bugallo. Os nomeamentos a dedo e o despilfarro podian retirarse en desbandada pois iniciabase o goberno do altruismo.

1. Revocaronse os nomeamentos do PP (loxico o tratarse de cargos politicos)

2. Desoindo as indicacions do Consello de Contas, non so se mantiveron os tres cargos de «alta direccion» senon que se engadiron dous altos directivos mais. A eleccion foi loxicamente a dedo (so esta mal o sistema cando o practica o PP):

O 6 de outubro de 2005 contratase como xerente a D. Francisco Carracedo Doce: 56.468 euros/ano.
O 1 de decembro do mesmo ano D. Elias Suarez Gonzalez pasa a ser o novo Director economico-financieiro: 45.379 euros/ano.
O 1 de marzo de 2006 D. Carlos Pedreira Novo pasou a ser o Enxeñeiro Superior Directos da area TIC: 46.101 euros/ano.
O 8 de xullo a D. Alvaro Prego Gracia nomeano Enxeñeiro Superior Directos da Oficina de Infraestructuras: 46.101 euros/ano.
O 7 de agosto de 2006 faise cargo da direccion da Oficina Tecnica o arquitecto D. Benito Garcia Carames: 84.460 euros/ano.

Se sumamos e lle engadimos os 60.000 euros /ano de costes sociales, chegamos a candidade de 338.509 euros (como eles din cando acusan os demais, eses cinco señores costannos mais de 56 millons das antigas pesetas cada ano).
Loable a maneira de aforrar da conselleira.

3. Por si non era suficiente, os contratos firmaronse «cunha duracion indefinida» (¿Quere eso decir que cando chegue un novo conselleiro non vai poder revocar os nomeamentos como Dona Anxela fixo?)

¡Que aprenda a dereita a facer as cousas ben!

A pesar da feira que estan montando, xa saben vostedes que si critican o bipartito son peperos impresentables. Ningun politico dun pais europeo con tradicion democratica seria capaz de decir algo semellante sin ruborizarse. Aqui uns pescozillos ignorantes dino cunha seriedade pasmosa.
Os democratas non debemos consentir ese sistematico desprecio pola verdade e pola razon, pois verdade e razon son pilares fundamentales do sistema democratico.

FONTE: La Voz de Galicia do 9 de setembro de 2007.

CODA: Remando por internet enterome que varios dos nomeados son profesores universitarios, polo que si pasan 2 anos no cargo teran un complemento de 15.000 euros/ano de por vida. Pero deso falaremos nuns dias.

Saude.

0 opinions: