Cando dixen na casa que nacera unha nova bitácora en Betanzos e que se chamaba Maria Balteira, preguntouseme: “¿E logo non sabes quen foi Maria A Balteira?”
O tono similar o que utilizaria un seguidor do Zaragoza se lle preguntas por quen son Canario-Santos-Marcelino-Villa y Lapetra e che contestase “Os cinco magnificos, chaval”
Abrir o pico estase volvendo unha temeridade. Relendo as miñas disertacions (libres e respetuosos) e comparandoas co que comentan que escribo alguns blogs de Betanzos, penso que alguen non entendeu ben cando lle explicaban como se comenta un texto literario. Pero a casa deberia ser un remanso de paz. “Soname”, contestei. Mentia descaradamente e non situaba a tal muller no seculo XIII nin por asomo. Se hei de ser sinceiro como de costume, deberia decir que a relacionaba con Pepa A Loba.
Non se pode negar que Galicia e un matriarcado.
Asi que me fun enterando de quen era. Di o IES de Melide que:
"María Pérez, A Balteira, era o nome real da mellor de tódalas soldadeiras que cantaron en galego, a máis afoutada, a máis fermosa, pero cicáis tamén a máis aldraxada. Crese que era da zona de Betanzos. Os seus pais eran fidalgos e deles herdou as terras que posuía. O seu oficio foi o de soldadeira, muller que estaba adscrita á corte e que recibía soldada polo seu traballo de cantante ou bailarina. Como soldadeira, María Balteira frecuentou as cortes de Fernando III e Alfonso X e debeu acadar o seu máximo apoxeo arredor do 1260. Contra ela escribiron 15 cantigas de escarnio dez autores, entre eles o propio rei Alfonso X. Achácanlle todas clase de vicios: xogar ós dados , desplumar á xente, transmitir enfermidades, relacións sexuais de todo tipo con clérigos, escolares, xograres,... O feito de que se lle dea tanta importancia, debe levarnos a sospeitar que, a pesares da súa vida desordenada, foi muller de peso nunha época na que o papel da muller era pouco relevante".
Por aquí dinme que mais ben esto e literatura e que a profesion da Balteira coincidia coa que exercia La Celestina de nova. E xa saben o dito “Se a tua muller che pide que te tires pola venta, pide que sexa baixa”.
Sexa como sexa, levoume a Lorenzo Varela (este sonabame mais e xa o afiliaba de cabeza o Partido Comunista):
“O tan ansiado regreso prodúcese en plena transición política española, acelerado pola situación política que se vivía en Arxentina (represión do dictador Videla tralo golpe de estado) e logo dunha viaxe por Europa: entre 1976 e a súa morte vive entre Galicia e Madrid matinando novos proxectos culturais pero nun ambiente de indiferencia e menosprecio cara a súa persoa. Só Xesús Alonso Montero e Ánxel Fole saúdan o seu regreso, e únicamente Díaz Pardo recolle o testigo dalgunha das súas iniciativas como a posta en marcha do Instituto Galego de Información que Lorenzo Varela concebía como instrumento de comunicación e recuperación da moderna historia de Galicia. A Galería Sargadelos de Madrid sería o seu refuxio: alí adicábase ás traducións e lembraba Arxentina. Coa saúde debilitada, e véndose reducida a súa creación literaria a esporádicas colaboracións como os prólogos de libros de Paz-Andrade e Manuel Lueiro, Xesús Lorenzo Varela chega ó fin dos seus días sumido na soedade. Falece en Madrid o 25 de novembro de 1978, e os seus restos mortais son trasladados ó camposanto de San Martiño de Fufín, en Monterroso (Lugo), no ano 1981”.
E este abandono recordoume a Blanco Amor, pois cando voltou a Galicia non tiña medios e, se non recordo mal, acolleuno na sua casa un profesor de instituto co que coindin cando traballaba en Vigo (onde Blanco Amor morreu).
“Eduardo Blanco Amor non foi recoñecido nin en vida, nin tampouco agora cando o tempo xa pasou. En vida foi a circunstancia dun escritor que lle tocou atravesar un tempo no cal non encaixaba. Non encaixaba porque era un home independente, republicano, galeguista e homosexual”.
¿Non ven vostedes a diferencia entre os intelectuales (case sempre mediocres) serviles o poder e especialistas en subvencions, e os creadores? Os primeiros, ben e certo, comen sempre quente e pagan desafogados a hipoteca. Os segundos son os que nos axudan a levantar a cabeza.
CODA. Correspondo desde aquí o saudo de Suso Garcia.
|
0 opinions:
Publicar un comentario