Edicion de video dixital


Levo un tempo traballando coa edicion de video e teño pensado crear un tutorial que hei de ir mellorando a medida que vaia dominando o tema.
Pensei facelo nun blog privado pero xa que estamos nunha rede na que moita xente pon a disposicion dos demais os seus coñecementos, fareino aqui baixo a pestaña VideoEdicion.
Non vai ser nada pretencioso pois tratase de facer uns apuntes para uso personal que, o poñelos a disposicion dos demais, deberei cuidar algo mais. Ademais eu non son ningun especialista no tema. O unico que se pretende e aforrarlle horas a quen decida aficionarse por esta maneira de transmitir a informacion que dominara o futuro proximo.
Asi que os que decidan a seguilos fixense mais na utilidade que na parte formal, pois non me pararei moito nesta.
A ver se os proximos videos de Betanzos que se suban a Youtube ou a calquera outro sitio teñen algo mais de calidade.

Quede claro desde o principio que non me comprometo a resolver dudas que podan aparecer. Si a cousa e sinxela e a coñezo non terei inconveniente en dar o meu punto de vista.


0 opinions: