Debates de futuro

Ainda que teño que rematar co das contas, o debate sobre a inmigracion que aflorou na entrada anterior pide paso.
O meu ver, sera o tema estrela a debatir no futuro da vella Europa.

Coma sempre sucede (doutro xeito e ridiculo conversar), compre partir dunhas premisas comuns: non se discute o dereito do que ten fame a montarse nunha roda de tractor e botarse o Mediterraneo para ter onde comer.

Un galego (casi sinonimo de emigrante) fillo de quen emigrou a Cuba nos 20 e emigrante el mesmo en Europa nos 70, seria un desalmado se pensase doutra maneira.

A cuestion para min e moi sinxela: Di o refran que "onde comen tres, comen catro". Pero, ¿poden comer trinta?

E dous, ¿que consecuencias politicas se producirian se se sentasen trinta a mesa e ningun saira farto do convite?

Ese e o unico debate politico que se debe plantear. Fora del: fascistas nunha acera e ilusos na de enfrente. Uns e outros unha remora, peligrosa no caso dos primeiros, para tentar de solucionar o problema.

Deixando os racistas aparte, un pode vivir na inopia pensando que estamos nun mundo idilico e fraternal. Pode facelo.

O que non pode e vituperar a quen colle os numeros dos gastos sanitarios e da Seguridade Social (SS) e lle di os seus paisanos que a corda rompe nuns anos.

¿Esqueceron que vivimos nun pais no que a mitade das pensions estan por debaixo dos 500 euros/mes?

Vendo que o actual goberno pasou de decir que non habia crisis (decian os anxeliños que crisis equivalia a dous trimestres seguidos en recesion) a afirmar que era a mais grande que se recorda, faran exactamente o mesmo cando aparezan fendas na SS.

Fagolles unha pregunta: Cando len que os ingleses que veñen de turistas a España aproveitan para operarse do que non lle cubre a SS britanica, ¿sinten o mesmo que os politicos que manifestan orgullosos que temos a mellor SS do mundo?

¿Ou sucedelles coma min que penso que o mellor nos estamos pasando?

Hoxe a prensa fala de que o Goberno vai endurecer as condicions para que os inmigrantes teñan dereitos, despois dunha regularizacion masiva (que Europa criticou abertamente) que serviu de reclamo as pateras que siguen chegando todas as semanas.

Da permisivadade absoluta a plantearse as contratacions en orixe. Agora que as enquisas falan da perda de un millon de votos, podese incluso esperar outro movemento pendular para decir que son tan duros coma calquera.

¿Onde se esconderon aqueles que decian que necesitabamos dous millons mais de inmigrantes para que a economia funcionase?

¿Que farian hoxe cando tres mil persoas se van o paro cada dia?

Analistas cortesanos para xustificar a accion politica, en lugar de politicas en funcion de analises serios e rigurosos.

Pero como falabamos da inmigracion, remato sospeitando que son mais dos debidos os que pensan que loitar contra a ilegalidade consiste en que a Policia Municipal de Betanzos arreste a un pobre home que vende discos enriba dun cobertor.

Claro que outros non teñen problemas e ven como as suas peliculas son seleccionadas e poden comprar bodegas do seculo XV e hectareas de viñedo por Galicia.

Un entende moi ben que certas manifestacions son unha intelixente inversion. ¡Que gusto ser millonario e que encima che digan que eres o colmo da progresia! ¿E que che aplaudan por chamarlle turba imbecil a dez millons de cidadans?. "Eso es la leche"



¿Sabian que, coa que esta caendo, os presupostos rebaixan as asignacion para Sanidade e Innovacion cientifica nun 5% e aumentan nun 4% as subvencions o cine español, a pesar de que este perdeu case seis millons de espectadores no 2007?


12 opinions:

Anónimo

Esactamente, vostede está na beirarúa dos fascistas.
Outros poderemos estar na beirarrúa da inxenuidade, pero prefiro estar nese lado que a xente coma vostede, noxentos burgueses que no único que pensan e a onde poderá ir de vacacións ou se o soldo da categoría de funcionario é o máis baixo...
Quen cre vostede que coida dos nosos mallores, que lle limpa a merda, que recolecta os productos da horta que merca no super, quen construiu os edicios dos que se fixeron ricos co ladrillo???

Pasese por mercamadrid cando pechan os distribuidores... verá alí a centos de persoas collendo a comida desa sociedade que vostede di que non é capaz de darlle de comer a 30 persoas, mentras todos os días se tiran miles de toneladas de comida en perfecto estado, preguntelle á xente de Traperos, ás Madres de presos...

Pero por suposto eso non se pode dicir, verdade fascista??? non se pode dicir que tiramos miles de toneladas de comida, que o sistema económico é unha merda, e que o único que persigue e que xente coma vostede, esa burguesía cheirenta con bandullo ben cheiño de comida todos os días se sinta protexido e poida vivir con tranquilidade.


Non me veña con chorradas a vostede importalle unha merda a xente. O único que quere é que a súa ridícula visión do mundo se cumpla.
Ao igual que toda a esquerda europea está sen idea, está prode por dentro, non ten ideas, nen nunca as terá.

Como as ratas agora prefire escapar do barco cando hai problemas que plantexar ideas e loitar por elas, pensar nas persoas e non no seu bandullo.


Prefiro estar no lado dos inxenuos e non na dos fascistas.
Se según vostede a esquerda demostrase na praxe, xa sabemos que dende logo vostede non é de esquerdas.
Primeiro, fascista, son as persoas, despois pensaremos no benestar da burguesía.

Vostede fai moito tempo que preferiu que a súa prioridade nesta vida é do seu bandullo ben cheo.

Como os porquiños.

Política de salón, de moqueta...

Anónimo

O porquiño co bandullo cheo segue enfounzandose na maseira...
E logo que cre vostede que é loitar contra as persoas "ilegais"??? unha parte importante son as accións policiais. Ou a que cre que se adican se non???

O xa esperpentico é mesturar despois churras e merinas, inmigarción-emigración e películas, cine. Faltalle a festa da pataca, mellor a da tortilla.

Vostede está fodido da cachola señor meu. Vaia correndo ao médico. As súas propias pantasmas o perseguen.

Sabe vostede o custe que lle supón á SS a atención de pacientes ingleses da unión europea??? bastantes máis que os millóns de "ilegais".
Supoño que vostede é dos que agora nos di que a cobertura universal é un invento que hai que desterrar...
Pois a ver como plantexa iso con pensión de 500 euros.



O seu problema está en que renunciou á esquerda, disfrazou de persoia "seria" e agora quere que a xente lle vote pola súa sensatez. Pedagoxía cero, loitar minimamente pola xente cero. Seguir mantendo o seu estatus de porquiño na maseira enchendo o bandullo, obxectivo primordial da súa vida.



Nota: o tipo este tentando crear cortinas e fume é o mellor do mundo. Ao mellor está pensando que un ten certo tipo de aprecio polo bodegueiro. Coñezo bastantes máis cotilleos del que vostede, polo que simplemente paso do tema.
Neste mundo "libre" como o que vostede defende, ocorren cousas como estas.
Devería ser un pouquiño máis incisivo e estar un pouco mellor informado.
Da sanidade, bueno, non está ben que se reduzan presupostos; eu non estou a favor diso dende logo. O que pasa é que os números enganan. Certas transferencias e reasignacións partidarias a través doutras adminstracións dan a impresión de que a pasta reduciuse.
Tendo en conta que se integra dentro da visión xeral da sanidade, elementos non incluidos até o de agora como a prevención e a atención a persoas dependentes (Lei de dependencia) parece que efectivamente reducironse esas partidas.
O que non me mola é que no montante total, a partida é igual á dos presupostos anteriores :-( lixeiramente superior pero non moito...
Na sanidade, os paxaros agoreiros que falan da ecatombe do sistema sanitario e da SS, ben sabe quen son,non??? podelle preguntar ao estanquiro, ou mellor á alcaldesa. Ao fin é moi colega do home ese que traballaba nos sumidoiros porque o sistema colapsase, non??? o memos que montou as fundacións... soalle???



Na investigación pasa o mesmo. A investigación directa realizase a través dos centros coordenados polas intitucións academicas universitarias. Sendo certo que baixa a inversión en I+D+i na investigación directa (aínda que o estado español siga a ser un dos principais estados que invirten no LHC p.ex.) a través do ministerio de educación, si aumenta considerabelmente a partida en I+D+i nos horzamentos do Ministerio de Industria.
N aprimeira lexislatura o aumento non foi o prometido, subindo entre un 5 e un 6% interanual.
Nesta segunda lexislatura si se cumplen as previsións de ineversión:
o ano pasado a inversión aumentou nun 25% e este anos efectivamente reducese un 5% polo que o aumento é dun 20%.
Esto refirome ínversión en I+D+i de educación e non de Industria.

Porque non se nota esa suba na investigación??? pois po unha explicación ben sinxela.
Partimos en que as becas de investigación propias das Unibersidades son practicamente residuais (iniciación, investigación, predoctorais ou postdoctorais).

Transformase o modelo de beca universitaria nun modelo direfente, onde a persoa becada, ten que pasar a ser contratada; así as antigas FPU, FPI pasan de ser bolsas a ser contratos.
Engadense ademais os contratos a traveś das Ramón y Cajal ou do programa de técnicos de apoio.
Estes contratos de investigación reforzanse en Galiza coas Parga Pondal, Maria Barbeito ou as Anxela Albariño.

A consecuencia, non sei se boa ou mala, pero dende logo si lóxica, é que ese aumento significativo nas partidas horzamentarias na investigación, non se notan, xa que un momntante moi importante do aumento pasa a utilizarse no pago da seguridade social, antes non cuberta.


En fin falar dunha redución dun 5%, pois so o pode facer unha persoa que le os titulares dos xornais amarillos.
O problema da investigación está noutro lado...


Resumindo, duvido que cando vostede se pon a cuspir pola boca, teña moi claro do que fala, ou dos datos que manexa.
Comaprar o irrisorio aumento do 5% nos presupostos no cine á comparación da outra porcentaxe, é ridículo.


Aplicarlle un 5% a mil euros, non é o mesmo que aplicarlle un 4% a varios millóns..., para ben e para mal.

Nota2: non lle parece máis escandaloso ao porquiño que a acaldesa dos mandriles gatase un millón de euros nunha festa de inauguración dun espazo pagado por todos e todas??? a min si...

Nota3: nas épocas de crise, cando se teñen que reforzar os resortes públicos para garantir a defensa das persoas, chegan estos libertadores que falan de contención económica, de responsabiliade...
O sistema afundese!!!
Falan os que cada 28 do mes, teñen garantida a nómina suculenta para manter o bandullo.
Os que gañan miles de millóns mentras as persoas currelas non ven futuro.
Falan os que non puxero o berro no ceo cando dicamos que a construcción non era o fututo. Agora o 50% dos parados da construcción nunca poderán volver a reintegrarse no mercado laboral se non é na mesma actividade.
Os que diciamos que Canarias non era o futuro, e que o traballo tes que desenvolvelo no teu pais, loitando e non gañando tanto, pero traballando.
Que ser funcionario non o é todo na vida porque unha sociedade que so pensa como o mestre de instituto que escrebe as tonterías estas, sucumbirá, colapsarase.
Porque esa mentalidade de quen presume de "emigrado" (como dragó de preso político) e en canto volta da súa emigración so pensa nun traballo de funcioanario, dinos o perfil dunha sociedade, deses 10 millóns de persoas "dinámicas"....

Anónimo

http://altermundo.org/portal/content/view/1846/1/

Anónimo

e ti que fas? lévalos para a casa e daslles comida e traballo? gustaríame velo, eu quero ser coma ti.

Anónimo

Sr.Blancolexitimo, la Policia Municipal supongo que realizó esta operación, "tan importante" contra el "Top Manta" con el consentimiento del Gobierno Municipal, donde CxB, tendrá algo que decir ¿no es así?...

Anónimo

12:14 neneño, a solución non está nas accións individuais. Deso sabe moito a dereita, chamalle darlle cobertura á mendicidade. Neso se baseou sempre o tratamento da pobreza.

Se de comida se tratase, estou seguro que cos millóns de toneladas de comida en bo estado que se tira todos os días so no estado español dariaselle de comer a todo cristo.

Claro que o problema non é ese, deixar de vender armas nos seus paises de orixe, deixar de promover governos "amigos" de occidente que o único que buscan é o beneficio das ultinacionais occidentais, deixar de interferir, deixar de saquealos, estou seguro que axudaría moito.

en tal caso o máis terribel é que aquí alguén fala de que hai xente que vive con 500 euros, mentras moita outra xente no mundo simplemente morre de fame.

O cocho comedor na maserira falaba de que o negro coa manta non era o problema, e logo en ton cal é???? as estatisticas??? ao tipo ese, "ilegal" (se é "ilegal"), mandarano de volta... e ao camareiro/a que che serve os cafés polas mañás e que tamén é "ilegal"??? cando un di unha cousa terao que cumplir, non??? porque non denunciades a esas persoas??? ou seica a proximidade xa vos acobarda??? é certo!!! son persoas, non estatisticas.

Resume: eu penso nas persoas. Outros prefiren pensar nos cartos cos que poder mercar o último teléfono móbil, ou a última consola....

Anónimo

el amigo mariño aplica un principio de goebbels para que pase sin pena ni gloria la actitud que CxB ha tenido y está teniendo como gobierno tanto en el tema de la casa gótica como el baño de esperanzita, determinadas compras de suelos determinados por determinados personajes afines al gobierno y demás sucesos de estos días. Mientras se habla de eso el pasa de puntillas por la casa gotica y aqui paz y despues gloria. y vosotros que vais de listos le caeis en la celada!!!!!!!!!!

Anónimo

Polo visto estes dias, o Concello contratou 2 CONSERXES novos, sen oposición nen concurso de méritos.
Un chamase Pedro e outro Javier , Pedro, traballa no colexio, todolos dias acude a controlar ós alumnos de 1º na entrada e de paso a axudar no que poida ós seus pais, que é o que realmente lle interesa, case poderiamos dicir a sua vocación.
Javier e conserxe no Concello a xornada parcial, e dedícase a comunicarlle por adiantado á xente ás resolucións que lle tocarían de mandar ós funcionarios municipais, isto só por aforrarlles traballo.
Algén podería pensar que o fai tan só para gañar votos, pero habería que ser muy mal pensado, ou só mal pensado, ou quizais só usalo sentido común.
Pero cada un que pense o que lle saia en gana, o que penso eu, por se a laguen lle interesa é o seguinte:
Non sei se algún de vos recorda, que fai uns anos, no colexo, tiñas que escoller entre ETICA ou relixión, este tal Javier, todos sabemos que escolleu RELIXIÓN e non sabe nada de ETICA.
O que eu penso que non debe facer un CONSERXE OU ORDENANZA con un pouco de ETICA, é facerse o GRAN CRUZADO da responsabilidade en temas de RUIDOS cos cidadans do Concello, e despoís ir por detrás a dar as noticias en persoa á xente de que xa ten amañado o tema dunha LICENCIA DE PUB, iso é ETICO Javier?.
Ou tan só o fas por que non te fias do traballo dun funcionario que en poucos dias xa lle remitirá unha carta o susodito cidadán ca resolución do conflito?.

Anónimo

¿Non será que hai moito funcionarucho metendendose onde naide o chama?
ou, pola contra ¿estaranse a facer favores dende o funcionariado?.

Anónimo

Mariño, que me dices de los CONSEJES esos, no sabe, no contesta, tu que eres más de ETICA,¿Te parece normal como carta de presentación de vuestra entrada en el Ayuntamiento? .
O vas a jugar un poquito a PASAPALABRA como otras veces.

Anónimo

!menuda paciencia Mariño!, aguantar todo esto y pelear contra el "infiel", de ahora en adelante para mi serás MARIÑO CORAZON DE LEON.

Anónimo

Si, CORAZÓN DE LEÓN, o de cemento y hormigón como dice la canción de Javier Gurruchaga, pero aquí estamos hablando de Javier de la Fuente y de su poca ETICA a la hora de trabajar, de sus dos caras, LA DE CRUZADO A FAVOR DEL SILENCIO Y LA TRANQUILIDAD CIUDADANA, y por otro lado dedicarse a dar las noticias de resoluciones positivas a fabor de locales de copas y en contra de los vecinos de esa comunidad.