Ter cartos en Naron

Na feira do 8 en Escairon. Comer o pulpo, condicion.

Unha vez mais se me acusa de non dar a cara. Neste caso para explicar eso de ter cartos en Naron.

¿Que tera que ver blancolexitimo con que haxa cartos dos betanceiros nunha conta en Ferrolterra?

¿Sera debido a que son un militante de base de Cidadans por Betanzos?

Ainda asi: ¿Que tera que ver CxB con que o Concello tivese esa conta?

Por suposto que non teño ningun problema en dar a miña opinion o respecto.

DonaA, ama de casa, e unha muller estricta na xestion economica (mensual) do seu territorio: Cando chegan os cartos para o mes, calcula os gastos fixos que hai que ineludiblemente afrontar e separa os euros necesarios nun neceser de madeira lacado con grabados de mozas con sombrilla e sombreiros blancos na ribeira dun rio.

"A eso non lle podo tocar", pensa.

Co resto, gasto corrente, habera que ir sorteando os embates do dia a dia: se hoxe se comen costilletas, maña toca verdura con ovos cocidos.

Pensa logo que, se na formula do interes composto esta a variable tempo, os cartos non deben estar parados.

E nesto que lle pide consello o seu veciño blancolexitimo, que lle indica:

1. Non meter todos os ovos na mesma cesta

2. Seguridade maxima: depositos

3. Libre disposicion dos cartos para pagar os recibos segun vaian chegando

4. Buscar o lugar (internet incluido) no que o interes sexa maior

5. A igual retribucion deixalos en bancos de Betanzos.

¿Que en Naron pagan mais? Sin dudalo: a Naron

Un banco non e mais que unha tenda de cartos. Se a mesma lavadora lles costase menos en Naron que en Betanzos: ¿Onde a comprarian vostedes?

DonaB e unha ama de casa menos meticulosa e cando chegan os cartos do mes meteos todos xuntos nunha conta que ten aberta na oficina da Caixa que esta nos baixos do edificio.

Gasta, e cando se acaban os cartos tira de tarxeta de credito.

Un elixe. A blancolexitimo gustarialle ter a chave da porta da casa de DonaA.

Outros, hainos, preferirian vivir as emocions do fogar de DonaB.

Ala eles.

O que non se pode permitir e que DonaA se atreva a criticar a xestion economica de DonaB.

Supoño que, segun se indica na prensa, o concello de Betanzos ten unha serie de contas nas que garda os avales e as subvencions que recibe e que deben ser empregados naquelo para o que foron concedidas (citanse expresamente os 165.000 euros concedidos por Caixa Galicia para a ponte de madeira).

E seguro, ademais, que contara cun fondo de maniobra que lle permita sair de situacions apuradas: o menos debera ter reservada a nomina dun mes dos empregados municipales.

Si para eses cartos (que tamen son meus) busca a mellor retribucion, eme o mesmo que estean en Naron que en internet. Criticaria, pola contra, que estivesen nun banco de Betanzos a un interes menor do que se pagase noutro sitio.

Este e o meu punto de vista a tenor do que se di na prensa. Se houbese algun tipo de mala praxis con eses cartos, colocariame sin dudalo un instante na barricada de enfrente.

Se queren que lles diga a verdade, a dia de hoxe os comunicados a prensa da Direccion socialista empezan a gustarme mais que as novelas de Julio Verne: Nunca sabe un que novo invento andaran cociñando para impresionar (e manipular) a cidadania.

Primeiro minten o afirmar que antes era mais barato o goberno e agora critican os criterios contables aceptados por calquera interventor serio dun organismo publico.

E non o digo porque, unha vez mais, os 800.000 euros se transformen por arte de maxia en 550.000.

Como saberan, temos que devolver 1.200.000 euros mais intereses (poñamos que uns 230 millons de pesetas) porque o goberno socialista colleu eses cartos do INEM e, en lugar de metelos nunha conta que mantivese o poder adquisitivo do diñeiro para ilos quitando segundo fose necesario realizar os pagos correspondentes, ingresounos na conta comun para ir tapando buratos ali onde facia falta.

E o que eu supoño pois, a pesar de comprometerse publicamente, ainda non nos explicaron (os donos deses cartos) onde foi parar ese diñeiro.



¿Saben canto aforrariamos no 2008 se a corporacion socialista de 1996 tivese unha conta en Naron cos 200 millons do INEM?

Grosso modo, 75 millons de pesetas.

O mundo o reves: os que deberian estarse disculpando convertidos en acusadores.

Penosa tamen a resposta dada pola Alcaldia, disculpandose de tal maneira que parece que hai gato encerrado.

Infame, a pesar de todo, o titular de La Voz de Galicia:

"El gobierno de Betanzos alega que ..."

CODA:

Vaia aqui a miña homenaxe particular a todas aquelas galegas (nacin e medrei nunha Galicia rural e matriarcal) que cando se lles pregunta pola sua profesion erguen o menton, orgullosas, mentras din mirando os ollos do interlocutor: "Son ama de casa".

Etiquetas de Technorati: ,,

36 opinions:

Anónimo

como siempre atacando al PSOE si esque das pena Mariño que pasa no te quisieron nunca o que? lo tuyo es del que está colgado de una persona y como no le corresponde pasa a odiarla!!
lo que pasa es que lagares había dejado el dinero que dijo en los bancos y teniais que hacerlo desaparecer como fuese para mantener vuestra patraña del ahorro y la bancarrota aunque eso no os impide contratar amigotes y marcharos de paseo por el mundo adelante como trae hoy La Voz. Ahora dirás que CxB no va pero es porque es la única forma de que Junior sea alcalde!! pero Pedrito ya fue por ahí no?

Anónimo

non lle digo nada o que se tería gañado se tivesen posto a toda a corporación minicipal a pulir coca.
Cando non se teñen argumentos sae a merda emponzoñada que superhenry ten na cabeza.


O seu é tremendamente preocupante.
Visite ao médico dunha vez ande.

Anónimo

Ben , a miña crítica non é tan visceral...

Na primeira parte do texto advirte vostede que non ten nada que ver no asunto pero que vai a dar a SUA opinión....pois daquela calquera diría que sí ten algo que ver no asunto máis abaixo exposto porque acaba por facer unha exposición ben longa por vontade propia...

Na miña opinión a expliación , a pesar da metafora , é moi pobre...e a verdade ve o que tedes que facer por ser GOBERNO pois defender cousas que tí mesmo sabes que non se deben defenter , pero falo aínda así...

Poderase esgrimir que si tipo de interés que si bla bla bla....na miña opinión cortinas de fume inútiles...coincido co comentario anterior...aquí o único que se pretendía era esgrimir que o concello estaba na ruina económica , que non digo que esté bollante...pero sí alo menos para facer viaxes a collepaso sí que está ( ainda que sone a demagoxia , pero que disto tí usas é en grandes cantidades , porque agora cada vez que abra a boca a oposición , ché! , o millón de euros a deber...como si o roubasen ou algo así...e voltar sobre o tema,pero bueno ese é un tema aparte no que teríamos que voltar a longas discusións...de todas maneiras para o que nos ocupa é un tema amortizado politicamente) sin embargo cando botas man das hemerotecas sería xusto tamén , pois por exemplo mencionar todas a subvencions que deixaron xestionadas , que si quixeramos esgrimir un argumento infantil , superan ( as últimas simplemente ) o que se debe...

Sei que dirás que as subvencions as conceden bla , bla ....mentira a medias , hai que buscalas! e este goberno non fai nada de nada! polo tanto , seguindo a túa escola de pensamento que eu non suelo compartir , ese goberno saenos moito máis caro que o anterior ( cos seus defectos , claro)

E no tema dos soldos , manido o tema é...hai pouco leín nun blogue uns enlaces , creo que era pois o que custa 'oficialemente' o concello , era un enlace da diputación , firmado por Dona María Faraldo e viña a contradecir o que te dís , que esta corporación custa menos que anterior...a ver si os lograse encontrar...porque tí das como feito decindo minten , algo que na miña opinión non é en absoluto certo...pero bueno , é outro tema...

Anónimo

Son o mesmo de antes...

Acabo de ler os periódicos , e por si me quedaba algunha dúbida , está claro , primeiro a qué se dedica a área xestionada por javier de la fuenta...simplemente a facer notas de prensa , na miña opinión , si e de comunicación terá que facelas , claro , pero bueno...

Y a segunda cuestión que está clara a estratexia a seguir...pero unha adevertencia , isto , entre a xente , pode dar frutos en forma de votos a curto prazo , pero a xente esixirá que se fagan cousas (non falo do irmanamento , cuestión clave na vida municipal ) senón de cousas menos importantes como acabar dunha vez a avenida, a programación cultural e ese tipo de nimiedades comparadas con facer notas de prensa e irmanamentos...

Saludos!

blancolexitimo

1. ¿Atacando ou defendendome dun ataque?

Aqui falase de feitos e de opinions politicas. A vida das persoas deixase aparte. Do unico que me arrepinto en todo este tempo e de utilizar un enlace dun comentario para falar dunha empresa para comerciar con Cuba.
E o que diferencia esta bitacora de outras.

Copio e pego o que publica El Ideal Gallego:

El PSOE acusa a CxB de variar su discurso al entrar en el gobierno

REDACCIÓN > BETANZOS

La secretaria de Organización del PSdeG, Mar Barcón, también se reunió con los socialistas de Miño
La secretaria de Organización del PSdeG-PSOE, Mar Barcón, visitó ayer las sedes socialistas de Miño y Betanzos, donde participó en sendos encuentros de trabajo. Barcón fijó, con los socialistas miñenses y betanceiros, las actuaciones previstas para los próximos meses, de cara a las elecciones autonómicas del año que viene.
Al término de la reunión, la Agrupación Socialista de Betanzos salió al paso de las insistentes manifestaciones de la coalición PP-CxB en relación con el posible “crack” de las arcas municipales.

Horas antes, el Ayuntamiento de Betanzos había confirmado que la Comisión de Gobierno Local había aprobado la elaboración, por parte de la Intervención Municipal, del Plan de Viabilidad Económico-financiero. Así lo explicó el alcalde en funciones, el concejal independiente Javier de la Fuente Lago, quien explicó que una vez aprobado por la comisión, la alcaldía deberá encargar el proyecto al interventor.

De la Fuente reiteró que “según los datos que se aportan desde Intervención Municipal, la situación económica del consistorio es más que preocupante”. Así, CxB planteó a sus socios del PP la necesidad de este planteamiento. “Es hora de apretarnos el cinturón, no sólo por la época de crisis que estamos padeciendo, sino también por la situación que se ha generado en el Ayuntamiento de Betanzos durante los últimos años”, indicó el edil de CxB en rueda de prensa el viernes. Con el plan de saneamiento se pretende “primar la austeridad”.

Las declaraciones de De la Fuente sorprendieron al PSOE, cuyos responsables mantienen la misma postura, recordando las “inversiones brutales” de la Xunta durante el mandato de Touriño y las manifestaciones de De la Fuente cuando, estando en la oposición, “reconoció en un pleno que la situación no era tan mala”. “¿Cambia de discurso -se preguntan los socialistas- porque ahora está en el gobierno?”.

Los socialistas también reiteraron ayer la necesidad de que la alcaldesa se dirija oficialmente “a Reganosa, Augas de Galicia, Medio Ambiente y Demarcación de Costas, expresando la problemática que para la navegación en marea baja está suponiendo la colocación del gasoducto en el cauce del río Mandeo a la altura del Regueiro de Obre”.

El PSOE considera que gobierno y oposición deben “aunar esfuerzos para que se corrija esta situación antes de que se ponga en servicio la tubería, pues la altura y colocación supone un riesgo para la navegación con marea baja, pudiendo, en cualquier momento ocasionar hechos indeseables”, concluyeron.


¿Non sera que CxB ten agora datos que antes non tiña?

2. Teño cita pedida.

3. Para min a cuestion e si houbo ou non mal emprego do diñeiro publico.

De acordo no da viaxe.

¿Non cre que para cambiar o discurso o primeiro e que se faga oposicion real, con alternativas, en lugar de andar sacando notas de prensa que manexan datos falsos?

¿Duda ainda que esta corporacion nos sae mais barata que a anterior?

Outra cuestion, opinable, e si agora se funciona mellor que antes.

4. Eu agardo que nun tempo podan sair a luz o resto das contas do Concello que legalmente podan ser de coñecemento publico.
Cumpliriase unha promesa electoral que eu considero esencial.

Anónimo

da cita pedida, saquelle vostede todo o partido posíbel. Falta fai.


O seu governo é un autentico fracaso, acusan aos outros como única alternativa.

Parece que o insigne pobo betanceiro decidiu que os outros xa non estaen no governo, o problema é que ao mellor vostede aínda non se diu conta.

En tal caso, parece que os erros das anetriores corporacións (en non sei cantos anos), repitense e multiplicanse nun periodo de tempo ridículo.

O mellor, é que a entrada de cxb nese governo, non so non solucionou problemas senón que os aumenta considerabelmente.

Cando non se ten proxecto político máis aló de intereses partidistas e persoais dan como resultado estos feitos.

Nen se quera os nefastos governos de coalición anteriores daban esta sensación tan nefasta dun governo no que cada un vai á súa bola.

Anónimo

Cuenteme usted que banco hay en Narón que de más intereses que uno de Betanzos.
Vaya pobreza de argumentos.

elsa

Mariño:
si non das a túa opinión, malo; si a das tamén ! non o podo evitar : admiro a túa paciencia, fillo!

Anónimo

Mira Quico, fai moitos anos que nos conocemos e vai a ser a primeira e espero que sea a últma vez que entro nun blog de política municipal. Tanto ti como eu temos falado moitas veces, pero nunca cheguei a descubrir que tiñas tanta fobia ao partido socialista e menos o de Betanzos. De feito tesme falado do ven que se viña facendo en moitos aspectos e non deixabas de admirar, e digo ben admirar, o tema cultural. As persoas que hoxe en día forman parte da corporación por parte do Psoe, igual que as de calquer outro grupo merenceme moito respeto. E sin ter probas serias e contundentes dedicarlles calificativos que non se corresponden nin con sua traxectoria, nin coa sua forma de ser e menos de actuar, paréceme unha lixeireza fora de lugar.Eu como veciño que xa fai moitos anos que peina canas, ademáis de miña relación cos distintos concelleiros tanto de ahora como os de antes, sei que nin todo e blanco nin negro, e todo ou casi todo e matizable. Pero sei tamén distinguir as persoas serias e nas que podo creer e confiar, das que polo seu interese por riba de todo, son capaces de decir e contar o que sea con tal de defender o indefendible e salvarse como e a costa do que sea.

Anónimo

E en medio de toda ista crise eu me pregunto:¿Que fai a nosa alcaldesa en Italia?

Anónimo

muy bueno evadiendote mariño hay que reconocertelo y no me duelen prendas hacerlo. pudiste pegar la nota de La Voz también lo que pasa que esa si que os pone contra las cuerdas sin daros la estopa que necesitais para cerrar filas como agrupación porque además pica donde más duele ¿verdad?
Yo también vi los enlaces de pasada en un blog y dejo el enlace para todos a ver si ahora va a resultar que miente el BOP- que junto con el DOG y el BOE es de los pocos periódicos diarios que no miente nunca guste o no:
http://www.dicoruna.es/bop/2007/07/13/07-8052-0.htm

http://www.dicoruna.es/bop/2003/08/16/8204-x.htm

os la ha tirado muy finamente el concelleiro blogueiro bloqueiro desde aquí y por algo será que le evitasteis entrar al trapo:
http://www.blogoteca.com/cartafoldomandeo/index.php?cod=46830

Anónimo

Gracias , eran os enlaces que estaba a buscar e non atopaba....

Daquela a miña resposta é SI , teño dúbidas de que esta corporación saía máis barata que anterior e permíteme añadir que intentar facer contas con un 13% de IPC , e sumar soldos da diputación...etc é intentar confundir o persoal

Alguén , sinceiramente , me pode explicar si o que publica o BOP é correcto , ou o que dí Mariño?

Moitas gracias

Futbolero

http://futbolsalabetanzos.blogspot.com

blancolexitimo

O corzo, andar andaria hai uns meses pegando saltos polas leiras. Hoxe loita por defenderse do acido clorhidrico que o meu estomago segrega.
Non sei si as fabas seran unha compaña recomendable.
Neso estamos: temendo que o sono ralentice o proceso dixestivo.

6. Se a entrada de CxB agrabou os problemas existentes, o que ten que facer o pobo de Betanzos e non votar por eles nas proximas municipales.
Eu rindome diante dunha sociedade civil con esa capacidade critica. Diria mais, ese e o tipo de sociedade do que me sentiria orgullosos de formar parte.
Os intereses partidistas non son quen de vislumbralos. Os persoais, polo que a min toca, xa os teño repetido en demasia: pretendo so actuar de acordo co que penso.
¿Cómo pode producir tanto repudio un pensamento coherente?
¿Sera que alguen sinte quedarse co cu o aire?
Entendo tamen que fracasen os intentos de derribar un castelo con eses cementos. Disparan vostedes con polvora mollada. Mollada pola evidencia de que detrás das declaracions de principios so hai un valeiro dialectico aterrador.

7. Os unicos datos que teño son os da prensa. Conseguir un 4,5 de interes nunha conta remunerada con libre disposicion hai un ano pareceme unha excelente inversion.
E o unico que podo comentar, supoñendo que os datos que se publican son correctos.

8. Elisa, o principio hai situacions que che poden producir certo desasosego. Pasado un tempo todo termina por ter a importancia que lle corresponde. Si aquí non hai interes economico algun e o interes politico e relativo, o que manten prendido o lume e a sensacion de libertade que un sinte.

9. Espero que sexa a primeira pero de ningunha maneira a ultima. Esta e unha comunidade que so pretende reflexionar sobre “lo que pasa en la calle”.
Eu teño poucas fobias (ou moitas, según se mire). Penso que todos temos os mesmos dereitos e obrigas e que ninguen pode andar polo mundo mostrando unha superioridade moral sobre os demais na teoria.
Sei, repitolle o de sei, que e a praxis a que distingue as persoas honestas dos fariseos.
Daquela, un termina por analizar unicamente os feitos. Nesa texitura todos os vocablos que se pronuncian: esquerda, socialismo, …, rematan por non ser mais que unha jerga sectorial dos politicos, similar o barallete dos afiadores.
Non lle nego que un chega a esas conclusion despois de moita reflexion sobre os aconteceres que un foi vivindo. Ergo, os que asi pensamos peinamos normalamente canas.
E coma si falasemos idiomas distintos vostede e mais eu. Vostede di con voz engolada o de partido socialista, coma se eses terminos lle concedesen unha superioridade moral indiscutible.
Para min son sonidos ocos se detrás non levan un compromiso social e unha praxis vital acorde co que se enuncia.
Cando se crea doctrina para alienados, os teoricos saben que hai un sector da poboacion (menos numeroso do que deberia) que coñece os trucos de mal prestidixitador de carrerilla.
Por eso hai que desprestixiar a todos eses herexes que deixan espido un discurso que pretende convertirse en categoria.
Xigantes de carton-pedra.
Parese un momentiño a pensar que aquí so se fala de feitos: daquela empece por discernir si estes son certos ou non.
Decia o outro dia que non ilusiona demasiado ter constancia de que un vive nunha sociedade que lle da mais credito a un discurso que a un feito.
De ai a impunidade hai so un corto recorrido.

10. A ese tipo de criticas non son quen de poñerlle peros.

11. Lidos os enlaces, e as criticas, sigo sin entender o que se pretende conseguir. Se eu fago un calculo cos mesmos datos que se aportan e logo un informe da Intervencion Municipal certifica esas conclusions, compre ter certas lagoas no intelecto para seguir rompendo muros a cabezazos.
Non dudo que algun despistado, ademais dos que teñen fe, poda caer nas redes dos que todos os dias estan dalle que dalle para ver si poden poñerlle cadeas a verdade.
Non duden de que os que administramos este outeiro estamos na barricada de enfrente.

12. Si ten dudas, lea o que publiquei ese tempo atrás cos datos reales (que son os que aparecen nos enlaces que se citan). Teño pendente comentar un dia destes o informe da Intervencion Municipal, que como sabera vostede e a maxima autoridade en contas do Concello.
Se despois deso non o ten claro, sinto decirlle que non teño por costume discutir de relixion.

13. Adiante co deporte. Compre moito.

*****
*****
*****

Saude e saudos.

Anónimo

¿Cómo pode producir tanto repudio un pensamento coherente?
Señor superhenry, xa lle expliquei moitas veces que eu non teño enriba de min ningún tipo de presión partidista porque a ningún tipo de organización estou afiliado.
Deixese de monsegar, vostede vai de martir salvador, porque atopou un oco na vida política onde poñer en práctica esa dictdura ilustada da que continumente fai gala cos seus textos...
Valjame dios que a min que a min me pareza vostede unha persoa "coherente".



"declaracions de principios so hai un valeiro dialectico aterrador." na dialectica e na praxe xa lle teño dado suficientes repasos como para molestarme en seguir facendoo. Nestes intres limítome a comentarios de baixa intensidade, aínda que dende logo dun nivel bastante superior aos seus tronchos de pangalaiquismo aldean de pequenoburgués funcionario asentado.



"Conseguir un 4,5 de interes nunha conta remunerada con libre disposicion hai un ano pareceme unha excelente inversion." máis aínda se esa "inversión" se fai nunha sucursal onde a direción é intima da súa xefa....
Podía vostede propor invertir no Pacífico. Agora que as hipotecas lixo caeron no EEUU pode ser un bo sitio para invertir...
Por certo, entendo entón que vostede confirma que eses cartos están nese bando, e desminte as declaracións da súa xefa negandoo, non??? en que quedamos???


"Sei, repitolle o de sei, que e a praxis a que distingue as persoas honestas dos fariseos."
e tanto, vostede é un claro exemplo de fariseo.
Quen ten que repetir tantas veces que ten a razón, xa sabe que é o que pasa, non??? que tenta enganar. É lei de vida meu.



"Cando se crea doctrina para alienados..."
despois dos seus grandes coñecementos sobre os nazis, non sei se por afinidade ou por eso de coñeceer ao enimigo, esta é outra das súas grandes facetas, crear doctrinas, pensando que a xente é alienada.
So fai falta lembrar aquelas grandes declaracións de intencións"MIL HOMES LIBRES!!!!!!". O que daría eu por velo a vostede en taparrabos no mes de Xaneiro na praza do campo berrando esa frase, en untadiño de graxa de porco.
"Mil homes libres de Betanzos!!!! derribemos as cadeas do poder!!!).
(entre parenteses, na letra pequena:
vos dade caña, que xa bebo caña, o meu ego é tan grande que non colle no taparrabos; a loita continua, porque eu teño un aburrimento e cansancia na miña vida que non teño aguanto. Quero que xente me lembre, que de tanto ler a Gramsci, até me crin que eu podía ser un tipo importante. Que ao fin se el o foi, porqué non ei de selo eu??? loitade meus homes libres, loitade, que xa vos pegarei a puñalada por detras cando teña tempo; amén, firmao o voso mesías que non quere selo, e que vos tedes que disimular que non o son, pero ao que lle tedes que rendir pleitesía, despois de que vos abrise eses ollos pechados pola ignorancia que tiñades.
Amén Amén).



Magoa, aínda non lles explicou que derribar ese poder ten como obxectivo meter a lume as súas teses... que veñen sendo algo así como: eu fago esto por collós e vos a mamala.
Din que vostede se poñia bastante divertido nas reunioóns de cxb, coas súas teorías maximalistas. E claro, como
vostede se coidou moito de colaborar nunha organización de persoas con boas intencións (non todas non todas, non se asusten, que ben coñecemos os intereses que están detras de certas persoas), convenciaos vostede de cousas desas extranas que a súa xefa (que lista non é, pero espabilada un rato) tragaba momentanemente para darlle a vostede o gustazo do trunfo, e despois ter que tiralas baixo porque a lexislación vixente non o permite.


----------------------


Andame na cabeza que a este home, os gases da fabada bigorizano e danlle valentía.

Anónimo

Mesías superhenry, esquecía... acumulaselle o choio. Co informe do interventor xa van non sei cantas reflexións prometidas.
Vai ter que pecharse un fin de semana nunha habitación a escribir, cunha boa pota de fabas como acompañante fiel que inspire.

Anónimo

Mira , BlancoLexítimo....

Esperemos a que cerren as contas....e daquela falamos , vale?

Agora , respecto dos 800,000.

É un pouco raro , creo....que un concello que está ao borde da ruina poida ter 'conxelados' eses cartos , será porque en realidade sí que ten un remanente que lle permite ter liquidez a curto prazo , penso eu...

E isto lévame a pensar , que ó único ó que se está a dedicar o goberno , e tí tamén ....e a decir que non podedes facer nada por falta de cartos , cando é mentira , para mentres seguir sin facer nada , así de claro....

Dime ALGO importante que se fisexe e que non estivera comprometido de antes...por deus , si se perderon subvencións pola inoperancia da xente do goberno!!

E espera a que sumemos todos os gastos superfluos e inútiles , que igual levamos unha sorpresa !iso que estamos en crise e en bancarrota técnica...agora para facer permutas, subvencionar ós Pita , viaxes a colepaso , contratacións externas , perder subvencións...etc diso si que estamos sobrados....namentres sólo nos dedicamos a decir o malos que son que ,aínda nas últimas , gañaron as eleccións....polo que parece...a punta de pistola!

Menos mal que había unha serie de cidadáns libres que loitaron en contra dos poderes fácticos da socidade Betanceira! non , non é un guión de hollywood....! mentres arrollades na vosa teoría a xente que se deixou os collóns polo avance de Betanzos namentres o único que facedes ( vos en xeral) e escribir notas de prensa e estar pendientes de sair nos periódicos criticando o pasado....

Fixate , repito unha e mil veces fareino , porque é o que importa: na avenida que leva un ano aberta, no norte como están as carreteras, que pasa coa ponte de madeira , que foi do panel informativo, como está a programación cultural? , que pasa co tubo que atravesa o mandeo...

Anónimo

A min comeza a darme a impresión, de a xente vai rematar desexando que volten os partidos que antes governaban, o que é penoso.
So pensar que este governo que tan dilixentemente defende superhenry, é capaz de facelo infinitamente peor que os anteriores, xa di en que tipo de xente se deixou as mans da alcaldía.
E mira que os outros eran malos, pero malos a rabear eh!!!!.


Despois cada un aquí defenderá os intereses persoais que lle esixe o guión partidista, pero a realidade, supera ao que un desexa e con creces.


E superhenry batendo a cabeza contra as paredes tentando convencer das bondades do grupo de persoas encargadas de xestionar a vida pública do concello.
Ta claro, aquí cada un anda á súa feira.

Anónimo

por enesima vez mariño un ayuntamiento no funciona igual que un ama de casa o una empresa privada a ver si te quieres enterar. ah! espera es que ya lo sabes pero tienes que defender lo indefendible

Anónimo

aquí bastantes más de uno defienden lo indefendible y ese no es precisamente mariño.

Anónimo

según se ha podido saber el hijo de cierta concejala independiente muy dada a liarlas ha sido inscrito en el conservatorio casi un mes después de acabarse el plazo para el común de los mortales brigantinos. ¿Eso no es servirse del cargo para intereses personales? ¿También es defendible eso? Sois capaces de volver a decir que todo sirve para destruiros pero acaso lo de Esperanzita no es para tomarnos por tontos: primero ver la feria medieval desde el balcón del ayuntamiento con su prepotencia, despues lo de querer meterse por cojones en la guarderia municipal porque el ayuntamiento tenía que resarcirla de su despido, luego el expolio que le montó a la superiora de raiola en la puerta de la villa al día siguiente de entrar en el gobierno, luego la amenaza de despido al personal municipal que no le entregó su pretendida lista negra de gitanos, después lo de cerrarles el baño a las señoras del centro de ancianos porque no puede mear donde el resto de los mortales y ahora estas de enchufar a su hijo en el conservatorio después de que cierre el plazo de matrícula!!
¿De qué coño vais? ¡Mira tu los que eran distintos al resto como van por la vida!!

Anónimo

volvo a discrepar do tono empregado , pero de acordo , de ser certas , coas seus comentarios...

Aquí do que se trataba era de formar a opinión de que os anteriores era unha especie de señores feudais que tiñan algo semellante a un cortixo no que facían o que lles apetecía...

O paso do tempo , e irá a máis seguro , demostranos , na miña opinión , o dificil que é gobernar, e que no tempo que levamos de lexisltatura dime ALGO que se fixese , aparte de notas de prensa en contra do anterior goberno.Esta debe de ser a enésima vez que pido que alguén me enumere algunha xestión do goberno actual e cae en saco roto a miña petición...é unha lástima , sería mellor ese debate que outros que se están a dar eiquí.

Anónimo

El hijo de Esperanza entró en el conservatorio al mismo tiempo que el resto de los que tenían que hacer su matrícula, como los demás niños; a la directora de Raiola no le pudo montar ningún expolio en Septiembre en la puerta de la villa, porque la monja no estaba en Galicia y la guardería abrió más tarde, algún personal del concello pidió para todos un baño porque la ley les daba ese derecho que después les negó el BNG,....
Asi no vas bien, imagino que estás rabioso porque los de CXB trabajan, o te quitaron ese sillón con el que ya contabas..... Estoy seguro de que hablas con rabia y no con verdad, anónimo de las 9:27, y lo siento, pero con personas como tú poco se puede hacer ya.

Anónimo

"algún personal del concello pidió para todos un baño porque la ley les daba ese derecho que después les negó el BNG"
Pero no deciais que es de cobardes esconderse detrás de los funcionarios???? por lo menos podíais ser valientes y defender vuestros hechos!!!!

Anónimo

Estou de acordo en que non se pode difamar a ninguén...faltaría máis...pero iso de que traballan...¿en qué? ?¿?¿

Anónimo

"El hijo de Esperanza entró en el conservatorio al mismo tiempo que el resto de los que tenían que hacer su matrícula, como los demás niños"
Nadie habla de cuando empezase sino de la matricula. y me lo han contado quienes saben de buena tinta el suceso.

"a la directora de Raiola no le pudo montar ningún expolio en Septiembre"
Pues sería a mediados o a finales pero otra vez quien me contó el asunto es de plena confianza y no ganaba nada inbentando una cosa así.

"algún personal del concello pidió para todos un baño porque la ley les daba ese derecho que después les negó el BNG"
Que casualidad que "algún personal" pidiese eso justo cuando la concejala entra en el centro siendo una cosa tan fácil de concederles. Y casualmente la Ley que citaron como disculpa en tosdos los periódicos incluído el de Betanzos que por cierto ocultó la movida del pasado mes en el pleno pues esa ley no existe como tal.

"imagino que estás rabioso porque los de CXB trabajan, o te quitaron ese sillón con el que ya contabas..."
Pues mira por donde no contaba con sillón ninguno poruqe estoy bien en mi trabajo ya qeu tengo la plaza ganada hace muchos años y colma mis expectativas profesionales para la formación que tengo. lo qeu me revienta es el engaño y el tomar por tonta a la gente y la persecución que estais haciendo de determinados compañeros que son profesionales como la copa de un pino. Primero los vapuleais y esperanza la primera y después os escondeis cobardemente detrás de ellso apra justificaros. ¿No somos todos enchufados por el PSOE? ¡Pues no os pretendais esconder detrás de nosotros! También tenemos nuestro corazoncito y nuestro orgullo profesional ¡caramba!
Por lo menos no negais ni lo del balcón que vimos todos ni lo de la guarderia ni lo de la amenaza de despido a una compañera o lo de las listas racistas algo avanzamos. ¡Al menos en la mitad de los sucesos protagonizados por vuestra concejala ya guardais un prudente silencio algo avanzamos! Joder yo os voté cansado de lo qeu había y esperando alternativas pero para nada me esperaba esta caza de brujas que habeis abierto contra el personal municipal y todos los que no piensan como vosotros.
emplead@ municipal

Anónimo

Si yo fuese del gobierno da igual de que color, tu ya estabas en la calle.
Una cosa es dar crédito a bulos y otra muy diferente la difamación.
Lo primero seria simplemente un cotilla.
Lo segundo y mas viniendo de personal del concello, tal y como te identificas, es una persecución y supuestamente utilizas datos reservados.
Si no es así...¿como afirmas tajantemente?

Anónimo

carallo osea que onte era falso e agora por se acaso xa é unha calumnia e falar usando información reservada!! pola mañá unha versión, á tarde outra e ó caer a noite outra máis ¡que grande o universo ceporbeta e cantas realidades paralelas! polo menos hai que reconocervos unha cousa: esta legislatura vai ser de todo menos aburrida!!
tanta resposta diferente só leva a entender unha cousa: L9 (polo de lunes e polo das 9 e pico da mañan)= tocado. Ha tocado fibra sensible y CxB tocado. Hundido como sigan este paso no tardará mucho!

Anónimo

agora xa se trata de matar ó mensaxeiro!! se pilla antes a un mentiroso qeu a un coxo

Anónimo

http://www.elidealgallego.es/hoy/area/area07.html

Anónimo

Y...¿Con 100.000 €, se hace una escuela? ¿no se necesitaran alguno mas? ¿Quien los tiene que poner?

Anónimo

100.000 euros era a primeira consignación para a gardería , a espera de ceder os terreos...

Evidentemente fan falta máis de 100.000 euros , pero eses 100.000 tamén fan falla , digo eu...

Anónimo

jajjaj...por certo que me decides de acusar ó anterior goberno de non pedir licencia por uns contenedores que se puxeron hai 4 meses?? jajjaj

Igual quere que lle sigan xestionando as licencias de obras agora mesmo... :)

Anónimo

merece la pena leer esto:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008111800_2_237960__ACorunaMetro-Faraldo-reunira-cierre-Maderas-Betanzos#EnlaceComentarios

Anónimo

Y despues de poner los terrenos para la escuela a disposicion de la xunta...¿quien tiene que poner el resto del dinero?, porque los 100.000 € se van en la estructura pivotante. Vamos,¡digo yo!.

Anónimo

como sempre escapou sen contestar...