Je parle seulement de moi 01

Para manter o compromiso de lealtade cos que por aqui asoman, gustariame aclarar unhas cantas cuestions:

1. Cando se fala de cousas do Concello non interveño. Non e que pretenda nada oculto nin que me desinhiba de nada. Sucede simplemente, como xa dixen, que a miña situacion en CxB variou a nivel de responsabilidades e agora xa non estou o tanto de cousas das que antes falaba aqui.
E non teño por costume analizar cuestions que descoñezo.

Considerome unha persoa leal: cando participo en algo, comprometome.
Por eso nunca quixen representar a ninguen. Que eu recorde, nin Delegado (era o tempo de delegados si-delegados non) de curso quixen ser cando mo pedian moitos dos meus compañeiros na Universidade. Ainda que o teño no medio da neboa, si recordo ser o representante dos recen chegados no Comite de Autoxestion do Burgo das Nacions alo polo final do curso 73-74. O bon, no sentido no que falamos, e que no curso seguinte purgaron a todos aqueles que poideron e a autoxestion non foi mais que un recordo agradable.
Un dia falaremos do Burgo e do peche en Fonseca, que daquela era a Facultade de Economicas.

Teño claro que son un privilexiado: ¿Como calificar senon que o fillo dun labrego de Escairon poda cumplir a sua maxima vital, que non e outra que "Nin amo, nin siervo, de ninguen"?
Os meus anos podolles decir que costa conseguilo. ¡Pero encontrase un tan ben!

¡Quen soupera transmitirlle a xente nova a capacidade critica suficiente para que lle sacaran o disfraz a aqueles predicadores que o unico que pretenden e convertilos en acolitos alienados da sua causa!

¡Que maravilla educar para que alguen poda tomar as suas propias decisions!

Pero, como se poden imaxinar, corren malos tempos para eses imperativos eticos cando os poderes se atreven a impoñer que un neno non teña dereito a poder escolarizarse nos primeiros anos, en institucions publicas, na lingua que mama na casa.
Toda a vida lendo, e loitando, o importante que era que os nenos galegofalantes poidesen escolarizarse na lingua de seus pais, para ter que ver agora como os que predican defender o mesmo ca ti (quede claro que de ningunha maneira os fins xustifican os medios, asi que non temos absolutamente nada que ver) fan o mesmo que os maestros do franquismo.
Que ese desvario poda afectar a socializacion do neno carece de importancia.

Xa citamos aqui a Holderlin, cando decia que o home era un Dios cando soñaba. E cando mira o mundo cos seus propios ollos, engado eu.

Por eso, volvendo o tema, lles espuxen claramente os meus compañeiros de Cidadans por Betanzos que o meu encuadre nas forzas de choque tiña data de caducidade.
Eles teñeno claro.
Pero cometin un erro: aceptar formar parte da candidatura.
Non calibrei que adquiria un compromiso irrenunciable con, polo menos, todas aquelas persoas que me fixeron chegar, directa ou indirectamente, o seu agrado pola miña presencia na candidatura.
E, dada a miña profesion, ese feito adquiria especial relevancia cando se trataba de xente nova.

Quero que se me entenda: non me estou arrogando nada, pois probablemente votarian igual ainda que eu non estivese na candidatura.
So quero sinalar que, inconscentemente, adquirin unha obriga que caduca alo polo 2011.
Pois, como non pode ser doutra maneira, aqui estaremos na barricada, se a saude e as circunstancias o permiten.

Varias persoas me levan preguntado que era o que eu tiña contra os Lagares.
Mal vai a cousa se a estas alturas non se ten claro que no Outeiro importan pouco as persoas coma tales, senon o que representan politicamente. Pouco se alcanza se non se entende que aqui se pelea pola preponderancia dos cidadans frente os aparatos de partidos (e sindicatos) e pola vixilancia de que os sistema democratico funcione correctamente (o unico que ten de democratico que alguen manteña unha poltrona 28 anos e o sistema de eleccion: a democracia e inseparable da alternancia no poder).
Se non fun capaz de transmitir eses principios, o esforzo destes tempos de seitura neste pedregal perderia gran parte do seu sentido.

Pero ainda asi, teria merecido a pena demostrar fehacientemente que o poder democratico reside no pobo soberano e que, cando uns cantos queren, dinamitanse os muros de contencion que impedian que o rio da representacion popular perdese o medo (o do medo e unha realidade) a fluir libremente. Muros que vistos desde fora parecian indestructibles.

Na mochila un monton de insultos, directos e indirectos. Eles non saben que responderlle a razon e a coraxe con infamias so demostra unha cousa:

IMPOTENCIA



31 opinions:

Anónimo

mal pode un pensar cando alguén ten data de caducidade. O compromiso remata no 20111.
Entón este personaxe adicarase a outra cousa.
Así é como entenden algúns a súa participación na sociedade. Un hobbi que se deixa nun momento dado.
Como quen xoga ao futebol.

Anónimo

que no hablas de lo que no sabes despues de las cosas que tienes escrito es algo que no te crees ni tu

Anónimo

Y esto??

O BNG saíu ao paso das manifestacións de CxB no tocante á celebración da Comisión Especial de Contas e a entrega da documentación aos grupos da Corporación. “O BNG limitouse a reclamar transparencia nas contas municipais que demostran a mentira do PP e de CxB ao ocultar o superavit de máis de 1,5 millóns de euros existente no Concello de Betanzos cando tomaron posesión”, indicou o edil nacionalista Henrique del Río, representante do BNG na citada comisión.

“O mero feito de adiar a celebración da comisión é o recoñecemento de que o goberno non fixo as cousas ben, debemos dispoñer das contas durante 15 días como estabelece a lei- en referencia á Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galiza, artigo 212.4- e poder así demostrarlle aos veciños e veciñas que PP e CxB queren ocultarlles a realidade da súa inoperancia e inactividade no goberno local”. O concelleiro nacionalista lembrou que todo o procedemento para aprobar a conta xeral está previsto na lexislación, cos seus prazos para a entrega da documentación, pase por comisión, publicación e aprobación plenaria. “Este procedemento permite que a xente saiba cal foi a xestión na que participou o BNG no goberno de Betanzos até maio de 2007, e que nin PP ou CxB poidan manipular a opinión pública”, engadiu o representante nacionalista.

Creo que alguien debe una disculpaaaaaaaaaa

Anónimo

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//NONSGML+COMPARL+PE-412.180+02+DOC+PDF+V0//PT&language=PT

Curioso; mentras Supermari di unha cousa, a Europa "democrática" di outra.

Resaltar cuestións que se poñen enriba da mesa: os estados con máis de 20 millóns de cidadáns poderán crear circunscripcións internas por territorios e tachan!!!! por linguas!!!!!!!

Aos ejpañolismo deve estar dandolles un llullu con esta proposta.
Mentras Supermari segue a falar dunha cousa en forma abstracta e que non ten reflexo na sociedade, a UE "democrática" tiralle todos os días das orellas á xente que pensa coma el.

Anónimo

"Toda a vida lendo, e loitando, o importante que era que os nenos galegofalantes poidesen escolarizarse na lingua de seus pais, para ter que ver agora como os que predican defender o mesmo ca ti (quede claro que de ningunha maneira os fins xustifican os medios, asi que non temos absolutamente nada que ver) fan o mesmo que os maestros do
franquismo."

Fas un plantexamento errado.

Os nenos galegofalantes falan, igual que seus pais, a lingua do seu país, non de seus pais.

Ti, loitaches pola lingua de teus pais. Pola contra, outros loitaron pola lingua do seu país. Ti pensaches en tí, os outros pensaron no colectivo. Que ambos loitasedes pola mesma lingua foi pura casualidade. Ti loitache polo práctico, os outros pola xustiza.
Facer xustiza pode causar problemas, chamalles de socialización, se queres pero, a lingua do noso país, de Galiza, é o galego, por moitas voltas que lle queiras dar.
Non veñas con caralladas de mestres do franquismo. Estes defendían a imposición do de fora. Agora, loitase pola defensa do da casa.

O teu argumento resulta pueril e non hai por donde collelo.

Saudos de teu amigo

Anónimo

Boas tardes selor mariño, levo un tempo afastado da blogosfera por causas persoais que non me permiten disfrutar de todo ese tempo que me gustaria.
Estiven leendo os ultimos artigos que publicou, e tristemente teño que decirlle con gran desolacion que si antes podia darlle a razón a súa forma de pensar dende algun anaco lexano da miña conciencia, agora cada vez que entro na súa bitácora,penso con mais rotundidade que vostede ten algo psicolóxico co BNG.
da igual o que diga, da igual o que escriba sempre, e digo sempre ten unha ostia para lanzarlle ao BNG, ostia que sempre lle cae ao BNG e nunca xamais ao pp ou incluso a cxb,
E o BNG infinitamente mais corrupto,franquista, e todo iso que lle chama, que os demais partidos? posto que nos seus artigos parece que si.
O curioso e que vostede negase tamén a falar do que ocorre no concello porque di, ou se xustifica que non ten responsabilidade política, acaso ten vostede responsbilidade política no BNG? posto que deste si que fala, e de que maneira...
A maior estupidez e jilipolles que escoitei en tempo, escoitena fai pocuo en compostela, cando di ao igual que os señores do pp, que imponse o Galego a nenos non Galego falantes, mire señor, acaso o 100% das materias que se dan na escola danse en Galego?, o 50%? digame que tanto por cednto de asignaturas se dan en galego e que tanto se dan en castelan,
A quen se lle impon o galego na educación galega, e digame tamén en colexios como por poñer un exemplo, o de miño, onde goberna o seu ben querido partido popular, senon se lle impón o castelan a nenos galegos falantes, porque ben e certo que eu conozo uns cantos casos onde esto sucede,e aoigual que Miño sucede na gran maioria do pais, por iso mesmo creo que é un bo acerto o das galescolas, unha maneira eficaz de romper coas imposicións linguisticas alá donde as haxa, e senon quere ese modelo educativo diga como faria para protexer o Galego porque en todalas institucións, escolas, empresas, hospitais,.... alingua predominante e o castelan dunha maneira abasalladora, e non me vale que o que fala a meirande maioria das persoas e o castelan, porque galiza non non é so A Coruña.
Pregolle un pouquiño de sinceridade e un pouquiño menos de demagoxia, e de paso e lanzandolle unha vostede, aínda ten que explicar porque pactaron con partido popular cando dixeron tantas veces que non o farían.
Ainda que xa pasou o tempo non esquecemos, e somos moitos os que aínda recordamos as vosas palabras ...
Saúdos e atentamente

Anónimo

Hola mariño porque no incluyes dentro de tu seccion de prensa el xornal de Galicia, o acaso tambien eres uno de los que lo discriminan y censuran?

Anónimo

A ver si comentas esto a pesar de non ser directivo de CxB como analista politico que queres ser:
"Contrariamente a lo que afirma el partido nacionalista la ley no le garantiza 15 días previos para visualizar la Cuenta General del 2007 antes de la Comisión" nota de prensa de CxB do 20 de enero atribuida pola prensa a Javier de la Fuente
"212.4.- As contas e a documentación complementaria estarán á disposición dos membros da Comisión para exame e consulta como mínimo quince días antes da reunión" Ley de Administración Local de Galicia.
Mi pregunta es como valoras la reacción del cxb en este tema de la cuenta general tan concreto

Anónimo

a xente merece unha explicacion publica de por que este odio contra o BNG e o BNG fai ben en demandar unha desculpa pública po-los insultos qeu lle dedicastes ó seu representante na comisión e a todo o partido. falabaratos!!

Venres 16 de xaneiro. Pasadas as 14:00h o BNG recibe a convocatoria da Comisión Especial de Contas para o luns 19 á tarde. Segundo a mesma, a Conta Xeral de 2007 está xa a dispór dos edís. Ao pasar das 14h xa non hai acceso ás dependencias municipais.

Luns 19 de xaneiro. Os concelleiros da oposición xa poden acceder á documentación, disposta desde esa mesma mañá para a súa consulta. Ata as 14:00h non poden retirar unha copia da Conta Xeral para a súa análise. Esa tarde o BNG denuncia na Comisión Especial de Contas o incumprimento do prazo legal de 15 días para estudo da Conta Xeral. A sesión levántase coa alcaldesa comprometendo unha xuntanza de graza para aprobar a conta o venres desa semana.

Martes 20 de xaneiro. Aparecen nos medios unhas manifestacións do BNG que inciden na liña usada o día anterior na comisión: non se respectaron as garantías legais e vulneráronse os dereitos dos concelleiros da oposición. Ademais fan unha apreciación sobre o resultado orzamentario positivo e a contradición deste dato co discurso que ata a data mantiveran PP e CxB de bancarrota municipal.

Mércores 21 de xaneiro. CxB aparece nos medios acusando ao BNG de “usurpar derechos” nunha “actitud bochornosa”. Os independentes sosteñen sen rubor que “contrariamente a lo que afirma el partido nacionalista la ley no le garantiza 15 días previos para visualizar la Cuenta General del 2007 antes de la Comisión”. Ese mesmo día os grupos da Corporación reciben unha nova convocatoria da comisión de contas para o venres próximo.

Xoves 22 de xaneiro. O BNG presenta recurso contra a convocatoria incumprindo prazos legais da comisión de contas, acolléndose ao artigo 212.4 da Lei de Administracións Locais de Galiza contempla expresamente que “as contas e a documentación complementaria estarán á disposición dos/as membros da Comisión para exame e consulta como mínimo quince días antes da reunión”. Ás 14:00h o representante nacionalista na comisión recibe unha chamada telefónica do Concello desconvocando a comisión e comunicando a convocatoria segundo as exixencias legais.

Anónimo

para que aprenda o estanqueiro:
http://webvella.bng-galiza.org/futuretense_cs/Archivo/recurso.pdf

Anónimo

esta visto que no hay defensa posible a la actitud de esta semana. PEDIR PERDON YA!!

Anónimo

Para seguir riendo sin parar de esta gente. Dijeron esto:
"Desde Cidadáns por Betanzos (CxB) tenemos que lamentar la bochornosa actuación del representante del BNG en la Comisión de Cuentas del pasado lunes, donde pretendió SUBROGARSE a un derecho legal que no le corresponde..."
Saben realmente lo que dicen estos ceporbianos? Veamos:
"subrogar.
(Del lat. subrogāre).
1. tr. Der. Sustituir o poner a alguien o algo en lugar de otra persona o cosa. U. t. c. prnl.
Real Academia Española © Todos los derechos reservados"

Les gustan las palabras grandes y las grandes aseveraciones aún cuando no saben ni lo que dicen ni de que hablan. para no parar de reir

Anónimo

Subrogarse a un derecho legal que no le corresponde: Sustituir algo ( ley 2/2004 de haciendas locales art. 212 ) en lugar de otra cosa ( ley 5/1997 de administración local de Galicia). Está perfectamente empleada la palabra.
Lo de que CxB ocultó y mintió sobre la situación económica actual me parace una desverguenza para quién lo insinúa.

Anónimo

Mariño, nunca pensei que te poderas esconder con tanta cobardia.

Anónimo

No, si do Bloque tiñan que ser

Anónimo

XORNAL.COM I A Coruña.- La Vicepresidencia de la Xunta acusó ayer al Partido Popular de convertir en “argumento electoral” la “descualificación” y el “insulto” a los trabajadores públicos y, frente a las críticas de la oposición, aseguró que las pruebas para hacer fijos a 271 trabajadores de Galescolas, centros de mayores y del Consorcio Galego de Servizos Sociais, son “transparentes y públicas”.

Hoy es UPyD el que ha asegurado, a través de un comunicado, que “estamos ante un procedimiento de evaluación que consiste en simulacros de pruebas selectivas donde se practica el amiguismo y que sólo puede calificarse de clientelar y caciquil".

Para el partido liderado por Rosa Díez, en estas supuestas prácticas ven “una pura pura continuación de los malos usos de la época de gobierno del PP. Una época que dio lugar a un sistema de caciquismo clientelar del que Anxo Quintana parece ser un mero sucesor”.

“Si esto hubiese ocurrido hace cuatro años, veríamos a Don Anxo Quintana levantarse cual Espartaco y arengando a los suyos clamar “Acabemos co caciquismo!!!”, apunta el texto.

Desde UPyD se apunta que “si bien cuando gobernaba Fraga semejante sistema era denunciado por el señor Quintana, a día de hoy él mismo se ha convertido en otro Fraga: con sus romerías y sus amiguismos”.

Anónimo

18:10 --> o único que hai que facer é presentar unha denuncia fronte ao xuzgado correspondente, como se fixo sempre.
Aquí hai moita xente que pretende crear problemas onde non os hai, porque non teñen argumentacións coas que atacar accións.
A teima da ala máis españolista coas galescolas é de psiquiatrico.
Xa se teñen demostrado onde remataron as anteriores "denuncias".
En tal caso, no concurso, participan todas as entidades que forman parte do consorcio, que é quen desenvolve o tipo de probas.

Resultaría curioso, que quen denuncia "irregularidades", estivesen cometendo esas mesmas irregularidades.
O consorcio das galescolas compoñeno todos os concellos que teñen galescolas, e decir, pp, psoe, bng, TG, e concellos governados polo que se soe chamar independentes.

O que diga udp é totalmente irrelevante. Xa lle hai que botar valor a "denunciar" algo supostamente.

Anónimo

esquecía coma sempre; as prazas son de persoal laboral non de funcionariado.
A ver se polo menos as persoas que traballan nos xornais leen as noticias que publican.
Polo tanto, as prazas convocanse por concurso-oposición a partir do convenio colectivo.
E o convenio colectivo firmase entre as partes: Consorcio (concellos e Xunta) e sindicatos.

Anónimo

Ao das 15:46. ¿Que raios dis? Nin a palabra está ben empregada nin existe ningunha incompatibilidade entre unha lei e outra (só que unha fala dos prazos e outra é máis xenérica). O ordenamento xurídico hai que consideralo no seu conxunto e se non se coñece o tema ser máis prudente. polo que respecta a palabra sería en todo caso "arrogar/arrogarse": Atribuírse, apropiarse.

Anónimo

23 de enero de 2009 15:46
mimá: o que hay que leer por ter ollos!! sigan defendiendo lo indefendible cuando queda demostrado que lo es. En eso precisamente consiste el fanatismo.
Si al acabar el 2007 había más de 2 millones de euros en las cuentas bancarias del ayuntamiento y cierre con superávit se demuestra QUE NO ERA CIERTO QUE HUBIESE UN AYUNTAMIENTO ARRUINADO y en crack como dijo Javier de la Fuente. Ese dinero daba para pagar las sentencias y en que se fue? tortillas, barcos podridos, contratos para amigos,etc etc COMO QUE NO MINTIÓ CXB SOBRE EL ESTADO FINANCIERO DEL AYUNTAMIENTO?

Anónimo

De acordo co ultimo comentario...

Anónimo

Perdón , son o de antes...

O que penso e que agora se intetará decir , que cando decían caos , dirán que se referían ó ano que entra , non o pasado...pois ben , que esté todo o mundo atento , porque si esto se produce , será unha mentira , xa que levaban dende o INICIO da lexislatura decindo que non había un peso , cousa que era mentira...

Quedan por ingresar 2 millóns por fincas vendidas , máis o do polígono...

É certo que se deixaron débedas , pero tamén haberes...o xestionalo é responsabilidade do goberno actual , na miña opinión facendoo lamentablemente , como dixo antes barcos podres , tortillas , collepaso , e deixar morrer subvencions , despois levará a culpa o Lagares (que non lle quito o que fixo mal) pero esa excusa xa , hai tempo , que non serves...máis aínda vendo o informe....

Recordades , cando houbo a polémica dos cartos...que alguén dixo , a final de ano falamos...ben , non quero arrgarme nada , pero ese fun eu....pois ben , os datos ó fin , puxéronse enrriba da mesa...e sen acritude o digo...CXB e PP estano a facer moi mal , moi mal....e ainda que non o crea ninguén ( a pesar de que evidentemente non son da 'súa corda') doime , doe ver como Betanzos se consume , pouco a pouco... :(

Saúdos!

Anónimo

http://www.comerciodebetanzos.com/imxd/media/doc/1228825193DICIEMBRE_2008.pdf

páxina 4, artigo do psoe

BETANZOS AL DENUDO ( el fotografo )

VERGOÑA, vergoña si que é o que estades a facer na xunta, o señor Quintana gastou a sua lingua viperina dende a oposición cargando contra Fraga polas suas festas e agora, o mesma pulpeira, o mesmo concello, Silleda, os mesmos gaiteiros, as mesmas mulleres..., ese home non sabe que se cuspes para arriba podete caer encima.
E todo o mesmo, as contas do conecllo, se positivas , critica, se negativas , critica.

Anónimo

"E con todo isto, De la Fuente bombardéanos nos periódicos cada 15 días pedindo informiños ao Interventor do Concello para amparar toda esta práctica derrochadora na situación económica herdada hai case dous anos. Cando o certo é que case van dous anos da entrada deste goberno e aínda non rendiron contas nin do primeiro exercicio. E tal vez en todo este gasto desmadrado e na perda de financiamento de outros gobernos estea a clave de por que PP e CxB non presentan a conta xeral (que é o documento que recolle a execución do orzamento dun ano e reflicte o desvío entre o orzamentado e os ingresos e gastos reais). Porque a conta xeral demostraría que non é certo canto están a dicir sobre a facenda local."
http://webvella.bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1225344265149&idm=Galego
EFECTIVAMENTE HA QUEDADO DEMOSTRADO QUE NO HABIA TAL CRACK COMO ANUNCIÓ EN SU DÍA JAVIER DE LA FUENTE MIENTRAS LA FARALDO SE IBA A COLLEPASSO. ahora a ver que batallita nos cuenta!!!

Anónimo

OTRA MENTIRA DE ESTA GENTE!!!!!!
Al pasar la campaña electoral admtieron gastos por 14287,83€. lo podemos ver aquí:
http://www.cidadansporbetanzos.com/index.php?option=com_content&task=view&lang=galician&id=44
SIn embargo han declarado al Tribunal de Cuentas un importe menor, unsos 7785,05€. aquí se ve:
http://www.cidadansporbetanzos.com/images/prueba/noticias/acuerdo/tribunal-cuentas-campanam07.pdf

que explicación hay a esto? recordemos que ya han hecho trampas con las declaraciones de intereses que tienen en su web!

Anónimo

Miente, miente que te creemos. La verdad es que en el 2007 no están metida las deudas de 800.000€+1.400.000€ y si sumamos ya superan los 2millones de los que habla el informe del 2007. Esa es la verdad 2.000.000-2.200.000= -200.000. ¿Por qué no se contabilizó la deuda dentro del ejercicio que le correspondía? No lo se. La verdad es que las deudas están ahí y las sentencias son del anterior equipo de gobierno. Cuando llegó CxB al gobierno el 1 de septiembre de 2008 se encontró con el presupuesto agotado por lo tanto CxB no gastó un duro ni es responsable de ningún gasto. La situación actual de la economía del concello es que no hay un duro y que hay que afrontar las deudas. Esto es como los que compraron pisos con cuotas altas y ahora ven que no pueden pagarlas pero hace un año atrás les veías felices e ignorantes de lo que se les venía. Ahora quieren vende el piso y tampoco hay quien lo compre, pero claro no pueden comer hormigón así que están fastidiados como el ayuntamiento de Betanzos que no puede comer del dinero que está destinado a inversión. Tiene que usar el dinero destinado a gasto corriente y tampoco puede usar ese dinero destinado a inversión en pagar las deudas por lo que habrá que quitarlo del dinero corriente. Señores que esto está muy mal. Crean o no la realidad es esta. El tiempo lo dirá. Esperemos al informe del 2008 a ver que nos dice.

Anónimo

dos cosas al ultimo:
1- las sentencias no son del gobierno anterior (2003-2007, PSOE-BNG) sino que son de los años 90 (PSOE). Eso también es mentir. Que recayeran en esos años es diferente, los hechos son de los años 90.
2- Si CxB encontró un presupuesto agotado nada más entrar: ¿por que aprobaron ese presupuesto en agosto de 2008 justo antes de entrar al gobierno? ¿No sabían lo que votaban? ¿Había que tragar con tal de pillar sueldos?

Anónimo

ESta é a realidade:
http://www.europapress.es/00286/20071204131814/galicia-destaca-comunidad-bilingue-mejor-competencia-cientifica-debajo-ocde-lectura.html


Esta a ficción:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/elecciones/ecg/rosa-diez-vincula-gallego-fracaso-escolar/idEdicion-2009-01-25/idNoticia-388480/#noticiasComentarios


Esta é a xente que Supermari elixiu como compañeira de viaxe política.

Anónimo

fotografo!, cambiale el nombre a la web y llamala Valba al desnudo, puesto que ahi es donde te desnudas y te muestras tal y como eres jejeje, por cierto es verdad que te quieres llamar Federico?

BETANZOS AL DENUDO ( el fotografo )

Pero a ti que más te da , si solo estas atento a las chicas del blog, si quieres le llamamos vulva al desnudo.