 Sentado á sombra do muiño, no outeiro, cavilo na importancia que pode ter pintar un coello de rosa. Sobre todo cando a pintura é desas que sae con só fregar as mans debaixo do grifo.
Outra cousa sería que o despelexaran: Collelo coa man esquerda polas patas de atrás para que a cabeza, e as orellas, colguen cara abaixo. Despois de darlle un golpe seco na cabeza cunha pitela ou co mango da machada, coller entre dous o pelexo do lombo para, mentras o outro sopla para apartar os pelos, darlle un corte e ir tirando da pel, cada un cara sí e refucindoa ó mesmo tempo, co fin de que os pelos non toquen á carne. Nestes tempos que corren, nos que a unha nai lle meten un paquete por pegarlle unha bofetada a un fillo maleducado que lle tirou unha zapatilla, non deixa de ter o seu peligro confesar que un leva despelexado coellos por un tubo. O que non collo do coello e o sentido que ten o rosa. Entendería que fose roxo ou roxinegro. ¡Pero rosa! A non ser que o gazapo milite nunha desas ¿minorías? que andan sementando unha ideoloxia neoconservadora (eso sí, perfectamente almibarada e empaquetada) que fala de grupos en función do sexo (ou da tendencia sexual) en lugar de referirse a clases sociales. Ese pensamento descafeinado dalle patente progresista (¡meudeus!) a quen fala, por exemplo, do colectivo das mulleres, en lugar de diferenciar unhas mulleres de outras. Porque, ¿con quen ten máis que ver unha betanceira que quedou no paro a semana pasada: co seu home ou cunha coruñesa que vin sair o outro día do garaxe do chalé cun coche imponente, costando outros dous que quedaban nel máis do que gano eu en cinco anos? ¡Canta banalidade feita categoría! Todos eses/esas (ou es@as, se queren) non teñen a cultura suficiente para saber que o motor transformador máis importante da historia da humanidade nutriuse sempre dun combustible chamado loita de clases. E dentro da clase non importa moito se eres macho, femia, bujarrón ou bollera. Todos somos clase traballadora cos mesmos dereitos e obligacións, sin necesidade de andar rebuscando nos eufemismos ós que tanto recurren os predicadores que din unha cousa e fan outra.
¡Non será pola cantidade de libros que se levan escrito ó respecto! "España es un país de estafadores", deixou escrito Hilario Camacho cando se suicidou.
Pois eso, que non entendo como alguén se pode alporizar porque este ou o de máis aló pinten un coello, propiedade do pobo soberano, de rosa.
¡Eu pintariao de roxo!
Diante de certas actitudes, que transparentan livianas aptitudes, a un asómalle un aceno de sonrisa, que se lle conxela na cara coma cando alguén conta un cHisTeMaLo.
|
12 opinions:
¿?¿?
e na loita de clases que fas ti que vas de máis rojo que carrillo ao lado do señorito estanqueiro ou a beata?
Mari, fabuloso texto, das mais voltas que un cego nun laberinto para ao final decir que?:
Por certo cando falas de predicadores que din unha cousa e fan outra, refireste aos predicadores de cxb non?
Esos mesmos que dixeron mil cousas pra quedar ben e despois facer o que todos sabíamos..
Eu o coello pintaríao de azul, ese azul que representa dereita de sempre, pero non por representar a dereita de sempres, senon a de hoxe en día que fai de todo menos traballar e cumprir, esa mesma que fixase como obxetivo supremo sair en paxinas de xornais mentras o mundo real afundese.
Que proporcionou cxb, a o pobo betanceiro? que fixo cxb agas sacar aos lagares?
Co malo que eran os lagares conseguichedes o imposible, botalos de menos.
PD: Quedome con dúas dedicacións e tres concelleiros, aos do bloque me refiro, porque non hai que ser moi tonto para ver que tres soos fixeron mais que os 9 actuais.
Pena de concello e pena de betanzos...
FdO: ex militante do BNG
Xa que somos xente moi moi tonta (eu non, xa llelo digo, pero non mo tomen a mal, foi pura casualidade, unha simple cuestión de estatistica) voulles a traducir o que di Superhenry. Se eres maricón ou bollera o que mereces é que che dean un pau na cabeza e despois te despelexen vivo, como se lle fai aos coellos, porque en vez de adicar a túa vida a adicacións de moitisima máis importancia, o que fas e tentar que sexas unha persoa visibel.
E eso está en contra das leises divinas do esquerdismo, esa corrente de pensamento que interpretada dun xeito concreto transformase en inmutabel, ao igual que a relixión.
En fin, que son vostedes unha panda de mariconas tolas que non andan a outra cousa que montar barullo.
E se non miren os "tele tubis" ese enxendro de mariconerío.
Outra cousa é se vostedes collen o camiño correcto da santa mai escola arqueolóxica da interpretación sumarísima do esquerdismo de taberna de machos: nese caso, terán vostedes o perdón.
Así chegarán vostedes a un camiño tan curioso como estar a apoiar un goberno municipal hortodoxo-cristián.
Será este artigo o pasaporte para unha reconcliación entre as partes??? o artigo so non, pero seguro que axuda.
Case esquezo... con este artigo hai que cambiarlle o apodo ao chuck norris brigantino (xa saben vostedes que chuck norris nos chuck norris facts nos di a súa capacidade de matar maricóns coa potencia dos seus peidos; ás bolleras fodeas de tres en tres...).
De agora endiante pasa vostede a chamarse Supermari a ver se adivina porqué???
http://www.youtube.com/watch?v=QjLU8PGbXPc
esquecía... coma sempre.
Que interpretación hai que darlle no artigo misturar o da nai, o fillo e o mariconerío???
Dame medo este discurso dirixido a mentes deviles...misturar todo revolvelo e cuspilo.
Moi típico da ultradereita.
Hai volvín esquecer; A Marx e Engels non lles quedou outra que revisar todo o escrito no que se refire á súa visión da sociedade despois de ler os textos de antropoloxía de Morgan sobre os iroqueses, e teñen que escribir A orixe da familia, o estado e a propiedade privada.
A vostede pasalle igual, quedaronse no proceso primixenio do resultado dunha ferramenta como é a dialectica que diu lugar entre outras cousas ao discurso dunha loita de clases que interpretaron inmutabel.
Máis xa lle explico eu Supermari; a interpretación da súa loita de clases (bueno, ese batiburrillo ideolóxico que ten ca cacholo, non sei se polo exceso de viño nas paparotas ou polos milleiros de libros que leu pero non soubo que dicían) non ten nada que ver que coa realidade moderna.
Según unha interpretación clásica vostede formaría parte do proletariado, según unha interpretación moderna, vostede é un burgués que goza dunhas prevendas sociais e económicas moi superiores a unha persoa traballadora.
Claro que según a interpretación clásica da loita de clases unha familia que teña unha granza de vacas é patronal... ao igual que unha persoa que é autónoma (ou unha persoa que se adique ao chamado "espectáculo", polo que non fan parte da loita de clases (a lexislación sobre o dereito ao traballo é un reflexo da visión clásica da loita de clases).
Polo tanto, vostede que fala de loita de clases sen sufrila, pasalle o mesmo que os curas co de foder, que predican do que non saben.
Por certo, a loita de clases é un proceso de tantos que se producen na sociedade. Se a loita de clases fose o único motor que move a sociedade, terianse superados moitos procesos.
Como explica vosrtede entón según a loita de clases o que pasa en Gaza???
En fin, cando un exerce de esquerdista ortodoxo, sempre acaba igual apoiando á dereita.
Xa lle expliquei un día a diferenza en matria, patria e fatria, e o equivocado que vostede está.
A ver se algún día nos regala algo cun pouco máis de profundidade que un articulillo de aprendiz de facha na escola de unipersamento.
home don mariño para escapar do abucheo por dar a espantada no pleno ben podias buscar algo máis orixinal. sabe que? deixe os conexos rosas porque o rei vai desnudo. o rei de la fuente cada vez son mais os que ven que non tiña traxe de fio invisible de independencia e ecuanimidade. cada vez son mais os que o ven desnudo co mesmo tipo que a faraldo ou o rajoy, cada vez se ve mais claro que todo é unha loita intestina.
E xa que fala de clases cada vez se ve mais desnudo tamen a clase e os intereses de clase que defende Junior- os mesmos que defendeu Papi no seu día.
tomando a súa frase: con quen ten que ver máis vostede don mariño: con Junior e os seus- ladrillazos que levantan paredes nas riberas de lousa con carabeles na solapa- ou ca muller que quedou en paro? discurso e feitos: por que despois de este discurso privatizamos servicios municipales? por qué priorizamos gasto no famoso barco de colorines do muelle en vez de gasto social? don mariño, se tes que ver ca muller en paro porque eres compinche de Junior que so busca defender os intereses da súa clase? vai a ser que ó final si que hai dereitas e esquerdas nos pobos pequenos ata para as municipais.
Suso Buiturón
quere rirse de nos ou non coñece a pretension ridiculista do rosa? por que se cre que os militantes independentistas pintaban de rosa a estatua de franco?
E o dependiente de pinturas tan tranquilo, ésto é unha coña.
que si, que si.... pero si la web municipal es deficiente en seguridad algo de culpa tendrá que ver el concejal de prensa ¿no? y si el gobierno decide denunciar al que pintó el conejo de rosa algo habrá dicho la junta local de gobierno donde CxB tiene la mayoría ¿no?
con lo bien que estabas calladito en el tema del conejo rosa mariño!!!
http://cartasdeabenhumeya.blogspot.com/
Con permiso
pero de que coño va lo del conejo rosa?
el blog que cita el anterior es el mejor de betanzos con diferencia!!
Publicar un comentario