¡Imos, Celia!

1. Sobre o tema do BNG: Nestes dias pasados foron aparecendo na prensa novos datos con nomes e apelidos.
Tamen se publicou un novo comunicado conxunto dos sindicatos da funcion publica.
Asi que unha parte dos comentarios recibiron resposta.
Xa o comentei: cando formei parte da Xestora da primeira Coordinadora de Licenciados en Paro que houbo en Galicia, asqueabame a maneira que utilizaban alguns para entrar na Administracion.
Esto sigueme asqueando na mesma medida.
O que me chama a atención e que os politicos de antes calaban (e seguiano facendo) e os de agora declaran ser o paradigma da honradez.
¿Eugene Ionesco?

2. Comentario 1: “e ti dándolle coba a mariño. pero non ves que a este o qeu de verdade doleríalle sería que na seguinte entrega da súa campaña electoral contra o BNG- porque está visto que o deste señor e xogar a contra e destruir i non construir nada alternativo- o uqe de verdade lle doleria seria non ter ningun comentario. e eso é o que hay que darlle: cero comentarios y nin puto caso que é o que merece

Comentario 2: “Desconfien Vds de aquel maestro que no goza ni del cariño, ni del respeto, ni del agradecimiento de sus alumnos.

Estes dous comentarios publicaronse na entrada anterior. E unha constante durante estes case dous anos que o “O outeiro de blancolexitimo” leva navegando na linguaxe binaria.
O afan por desprestixiarme, supoño que xa se descartou amedrentarme, e permanente.
Unha cousa vai quedando clara a estas alturas: Pouco debo ter na miña biografia de que arrepentirme.
Non me tranquiliza constatar que o odio o pensamento critico, e a libre e respetuosa exposición das propias ideas, vai en aumento.

O do primeiro comentario: Asegurolle (vostede pode crelo ou non) que non me importaria non ter ningun comentario nesta bitacora.

3. Andan dimitindo candidatos populares, alcaldes e consejeros, por cuestions de diñeiro.
Cada dia que pasa teño mais claro que necesitamos artellar novas formas de representación politica para facerlle frente a esta partitocracia que, coa disculpa de asentar a democracia, secuestrou a representación popular.
O Presidente con mais poder dentro das democracias occidentales e JL Rodiguez Zapatero.
E non ten a metade do Parlamento.
A division de poderes non existe, todas as listas electorales son de partido (o do Senado e unha broma), controlan a mitade do sistema financieiro (as Caixas de Aforro) e a maior parte dos medios de comunicación, etc.
¿Preguntaronse, coa que esta caendo, en que se emprega o Fondo Social de Caixa Galicia?

Non sucede en ningún pais do noso entorno. Nin na Italia de Berlusconi.

Penso que deberiamos dar o paso seguinte para sentar as bases dunha nova maneira de representación politica que anda collendo forma noutros paises que non teñen, nin por asomo, un sistema electoral tan nefasto coma o noso.

Como xa dixen, o espacio politico siguese agrandando dia tras dia.

4. Non escribirei mais de politica neste mes escaso que queda ata as Autonomicas.
Eso eu: vostedes faran o que queiran.
Coma sempre.

Si a clase politica minte normalmente, cando chegan as eleccions disparanselle os resortes de supervivencia e son capaces de prometer Estrella Galicia gratis durante un ano para todos os que metan a papeleta na urna.
Son capaces de decir calquera cousa para conseguir emprego para catro anos mais.

Houbo quen prometeu pleno emprego hai uns meses e agora, cando xa camiñamos cara os catro millons de perdedores (os parados son os que pagan a factura), querennos convencer de que era unha metafora.

¿E os que votaron pensando que non era unha metafora?

Tamen estabamos na Champions League marcando goles a esgallo.

Asi que, como non podo marcharme para Portugal estes dias, deixo a cuestion politica limitada a reflexionar para ver si vou ou non votar. De ir, plantearaseme o segundo dilema: votar en blanco ou facelo por algun. E si decido votar por algun …
Demasiados dilemas: Mais de dous seguidos non son capaz de soportalos.

Se o traballo mo permite, publicarei unha analise comparativa dos resultados das Autonomicas desde que Galicia ten Parlamento, pasando Viacambre, a esquerda.

Se non o tivese, falarei doutras cousas mais trascendentes.


17 opinions:

Anónimo

Simplemente condenar calquera tipo de ataque persoal ( e sen fundamento) contra o autor do blog , así coma calquera tipo de crítica que non se axuste a lexítima crítica política , para mín está fora de lugar...e penso que para calquera persoa decente , debería de estalo tamén...dito esto:

Respecto o de que os do BNG se creen o paradigma da honradez , aquí en Betanzos penso que a CXB tamén lles pasa igual...

Respecto o das promesas para poder perpetuarse no poder...esperemos , outra vez as eleccións para comprobar que tí tamén formas parte dunha estructura política que pretende gañar as eleccións e que fará promesas que no cumplirá coma todo ó mundo...

-Suprimir a zona azul
-Aparcamento gratuito por menos 30 min
-Ampliar vigilancia noches y fines de semana
-Vigilar la normativa acústica los fines de semana y su cumplimiento
-Red wifi municipal
-Estudio de enfermidades respiratorias
...
...

Supoño que saberás o que é isto...son as promesas electorais de CXB , digamos que son as concretas , porque a maioría son desexos xerais cos que calquera está de acordo...pero o que iba...

De estas cousas que prometichedes , moitas non as cumpliredes , incluso nalgún caso andaríades coma os cangrexos ( no dos 30 min , por exemplo) quere decir isto que vos invalida para presentarvos , moralmente , as eleccións? na miña opinión , non....na túa sí?

Hai unha cousa que non soporto especialmente , i é o teu empeño en falar de tí ( por extensión do teu grupo) coma se fósedes un ente alonxado da polución da política...xa non é a primeira vez que o digo , vos sodes parte da política! formas parte dese sistema...

E dentro dunhas semanas , cando se vexa que o colexio segue sin ir para adiante porque o último pleno era unha tomadura de pelo , teredes que facer política para que a xente non vos vexa coma uns 'mentirosos' por decir no pleno que xa se estaba en camiño de amañalo e que vos erades os alicerces dese suposto avance....

Anónimo

un amigo mandou esta carta á Voz pero o xornal non a publicou porque non interesa. Para loitar contra os que queren impoñer a súa visión e intereses particulares a toda costa:

A normalidade democrática leva a que, en período electoral, a loita entre os partidos con opcións de gobernar se acentúe, e a que cadaquén intente que á sociedade lle chegue unha visión o máis negativa posible dos outros a través dos medios de comunicación.

O que xa non debera de entrar dentro da normalidade é que sexan os propios medios de comunicación os que, por motivos que se escapan ao entendemento de quen escribe, fagan campaña en contra dunha determinada opción, utilizando, sen ningún tipo de pudor, todas as armas ao seu alcance. De entre estas, a máis potente é, sen dúbida, o disfrace de seriedade e rigorosidade confeccionado por máis dun centenar de anos de existencia, por milleiros de lectores diarios e por un cadro de persoal do que forman parte varios dos mellores profesionais do xornalismo galego.

Supón unha enorme decepción comprobar como, á hora de conseguir un fin, a máxima maquiavélica permanece vixente na profesión xornalística que, por actuacións como esta, ten que seguir demostrando a estas alturas a súa contribución ao benestar da sociedade. Non importa utilizar fontes falsas sempre que o que estas afirmen sexa o que queremos oír. Non hai problema en misturar conceptos e organismos sen ningún tipo de rigor e con toda a intencionalidade se isto axuda a transmitir a idea que defendemos. Non dubidamos en escribir nomes e apelidos de persoas profesionais acusándoas de non merecer o posto que ocupan por gardar na carteira un carné do BNG. Non hai nada de malo en atribuír unha afiliación política a quen non a ten se ao noso fin lle convén que a teña. E tampouco debemos escatimar esforzos en buscar ata debaixo das pedras ("como recomendaba aos seus aquel de Vilalba") a todas as persoas que teñan tantas ganas coma nós de "incomodar" ás/os nacionalistas, converténdoos en protagonistas de crónicas sociais "conmovedoras" ao máis puro estilo sensacionalista teoricamente eliminado da chamada prensa "seria" desde hai máis dun século. Todo isto, iso si, baixo a sinatura colectiva de "La Voz", protexendo baixo o seu paraugas ás persoas profesionais do gremio que traballan na súa redacción.

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar naceu co único obxectivo de encher en Galicia, no menor tempo posible, o inmenso baleiro de servizos de atención ás persoas que viña arrastrando durante décadas. En pouco máis de dous anos, ten realizado con éxito a nada fácil tarefa de unir os esforzos das distintas administracións (municipal, autonómica e estatal) para dotar o país de prazas públicas de atención á infancia cun modelo educativo que xa se ten convertido en referente europeo, de atención integral ás persoas maiores con dignidade e respecto, e tamén aos colectivos que, por unhas causas ou por outras, precisan nalgún momento dunha atención especial.

A consecución deste obxectivo supuxo, ademais dun claro compromiso político, a implicación de todo o persoal do Consorcio, e nomeadamente, daquelas persoas que forman parte do cadro desde o comezo, que teñen traballado arreo día tras día, deixando nun segundo plano a regulación das súas condicións laborais para que o proxecto saíse adiante.

Estas persoas accederon aos seus postos -de carácter temporal- en 2007, tras pasar un proceso selectivo de concurso-oposición limpo, transparente e axustado en todo o momento á legalidade, como ben demostra o feito de que non se teña presentado ningún recurso xudicial contra o mesmo.

Nelas recaeu a responsabilidade de pór os cimentos da construción deste instrumento para a prestación e xestión de servizos de Igualdade e Benestar, que co tempo ten demostrado con creces a súa funcionalidade a xulgar pola cantidade e, sobre todo, pola calidade dos logros acadados. Agora, se queren permanecer nos seus postos, estas persoas teñen que volver demostrar a súa competencia coa convocatoria dun novo proceso selectivo, esta vez para persoal laboral fixo, acordado con todas as organizacións sindicais con representación neste organismo, no que, como é de recibo, serán tidos en conta os seus méritos polo traballo realizado e que cumpre, de xeito escrupuloso unha vez máis, con todos e cada un do preceptos que marca a legalidade vixente.

As traballadoras e traballadores do Consorcio non son funcionarios, nin persoal da Xunta de Galicia, non entran na administración pola porta de atrás, senón nun organismo autónomo pola única porta que ten, a da profesionalidade. É moi posible, que das preto de 1.100 persoas que conforman o cadro actual, haxa algunhas con afiliación a algún partido político, tanto ao BNG como a calquera outro, como ocorre en todo organismo público ou privado de semellantes dimensións. É certo que os máximos responsables do Consorcio son persoas cun perfil político, que están a desempeñar un cargo ligado ao proxecto para o que foron nomeados trala conformación dun goberno derivado dos resultados electorais de 2005, pero que non teñen, nin optan a ter en ningún momento, unha praza fixa no mesmo, senón a someter a súa permanencia no posto á avaliación pública do traballo realizado.

Case o 90% dos concellos de Galicia avalan este traballo coa súa adhesión, así como as case 4.000 prazas en Galescolas para a atención á infancia de 0 a 3 anos en igualdade de condicións, tanto no medio rural coma no urbano, máis de 1.000 prazas para atención ás persoas maiores, vivan onde vivan, unhas 1.000 persoas que reciben o xantar na casa para todos os días do ano, prestación de servizos en todo o país para colectivos en risco de exclusión social, e creación de máis de 1.000 postos de traballo estable e de calidade con visos de seguir medrando se a sociedade galega así o require.

Pero para informar destes resultados non quedan ocos nas páxinas do diario máis vendido do país, que prefire enchelas cuestionando a profesionalidade de persoas que teñen máis que demostrada a súa valía, escribindo, sen ningunha caste de rigor xornalístico, os seus nomes e apelidos en informacións destacadas nas páxinas principais, e creando con isto un dano irreparable nestas e nas súas familias e persoas achegadas.

Mais, co que si conta o Consorcio e o seu persoal é co apoio das persoas usuarias dos servizos que xestiona e das súas familias, que cada día demostran a súa satisfacción co traballo que realizan e que se reflicte nos sucesivos inquéritos de opinión realizados polo organismo, nos que sempre se destaca a profesionalidade destas persoas. Este recoñecemento é o maior incentivo co que diariamente se segue a traballar desde o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para seguir enchendo ese déficit histórico de atención ás persoas que arrastra o país. Mentres, que sexan outros os que perdan o tempo buscando defectos, aínda que sexa a costa de atacar ás persoas traballadoras e, de paso, botar por terra todos os códigos deontolóxicos da profesión xornalística desde o que quere ser o mellor diario de Galicia.

Carlos García Rey

Anónimo

Mariño vota polo pp que o que sempre fas, non perdas o hábito que se non axudarás a romper o partido da dereita española.
Por certo vin un video en youtube, de xente parodiando o españolismo de upd, con pasodobles españois e demais, andaban por santiago tocando e a policia a porrazos con eles, sabes o curioso do asunto, que mentras a policia lles zoscaba eles seguían tocando... e que decir de aquel mozo solitario que mentras lle pegaba a policia nacional os de upd sin mirar para el, lle decia a policia dale dale mas... xa non quero nin mencionar a presenza de falange española nesa manifestación, pero claro, coma sempre os malos somos os nacionalistas(destaco que houbo 4 energumenos que amargaron a outra manifestacion, pero tamén sería conveniente analizar se e lexitimo deixar que che pegue a policia por por non portar unha bandeira española....)

Anónimo

12:20 ---> alé estaban:
http://upeydeiros.wordpress.com
http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/
http://www.seioque.com/

E efectivamente, a policía non tivo nengún problema en soltar algún que outro porrazo ante tan peligrosa manifestación.

Máis eso non puido co movemento ridiculista.

Supermari, adicado a vostede:
http://www.youtube.com/watch?v=c2wZL1RgKw8&eurl=http://www.seioque.com/

Anónimo

LO DEL ESTUDIO DE ENFERMEDADES RESPIRATORIAS SI ES UAN BUENA PROPUESTA, DIJE PROPUESTA EH, QUE SE QUEDARÁ EN ESO.

Ha quedado en el olvido.

LO QUE NO SE HAN OLVIDADO JAVIER DE LA Y SUS DOS CONCEJALES, ES DE ACUDIR AL PLENO EXTRAORDINARIO PARA REPARTO DE MESAS ELECTORALES, ASI EN VEZ DE 1000 EUROSSSSSSS
ESTE MES COBRARAN 1200, BONITA CIFRA PARA UN PASEO Y LEVANTAR LA MANO, SOLO LES FALTA LA CANCION DE LA PANORAMA:

!QUE LEVANTE LA MANOOOOO....!

TRABAJAD QUE LOS DEMÁS SOMOS OBREROS IGUAL QUE VOSOTROS, PERO VOSOTROS SOIS OBREROS DEL PUEBLOOO, COBRAIS BASTANTE MAIS NO VUESTRA JORNADA, A PARTE DE NO HACER NADA SE COTIZA POR LAS NUBES.

Anónimo

"Si a clase politica minte normalmente, cando chegan as eleccions disparanselle os resortes de supervivencia e son capaces de prometer Estrella Galicia gratis durante un ano para todos os que metan a papeleta na urna."
Fixense en CxB, que ía cambiar ata a lei electoral...
Fixaronse que visión da xente ten este personaxe??? disque se lle ofreces cervexa á xente xa está. Este é o repecto que lle ten ás persoas.
Claro que el é todo un entendido... en encher ben a barriguiña.

Anónimo

Mira que é vostede pesado Supermari, que a xente esa da "galescolas" non son funcionariado pblico.
A xente como vostede esas cousas non lle deven entrar na cabeza; o importante é o que pensa vostede e non a realidade. Así lle vai nesta vida.

Anónimo

quien es el q paga las cervezas y llena el bucheeeeeeee
yo me apunto
da datos pleaseeeeeeeeeeee

Anónimo

A nosa alcadesa no bop do 11-2-09multa de trafico de 310 euros.
Pagará?

Alberte

Resulta agora que as oposicións están mal (cousa que non nego, pois creo que non existen oposicións que se poidan considerar xustas de todo).
Pero esta xente non estivo a traballar ate o de agora xa nestes centro e non pasou nada, nin habia nada raro, aqui hay algo raro e non so son as oposición tamén e o feito de que a voz de repente adquira a credibilida de de libre e plural.
Por certo non coñezo a todos os que traballan nestes centros pero os que coñezo, parte deles distan de seren militantes do BNG ou mesmo afins o mesmo.
O dito xa se baerá se a oposición estivo ben convocada ou non, pois supoño que haberá mecanismos que usarán os sindicatos e particulares para recurrir as mesmas.

-------------------------------------------------------

Mariño - "Asegurolle (vostede pode crelo ou non) que non me importaria non ter ningun comentario nesta bitacora".

Creo, e ademais case que podo afirmar que erro pouco que a vostede lle encanta que lle poñan comentarios, senón simplemente desactivaria esa opción e deixaria o blog en limpo e so como un medio de expoñer as suas verdades libres e absolutas, ou ainda millor limitariase a escribir un diario ou un libro e non colgar na rede as cousas para que poida velas quen queira, Creo firmemente que a vostede lle gusta isto mais que a un tonto unha piruleta e por iso non pode deixar sen comentarios o blog porque o precisa para sentirse util.

--------------------------------------------------------

Mariño - "Non sucede en ningún pais do noso entorno. Nin na Italia de Berlusconi".

Por desgraza na Italia de Berlusconi pasan cousas moitiiiisimo peores, so hay que botar man de emeroteca e o poderá comprobar

--------------------------------------------------------

Mariño - "Animoos a que lle chamen as cousas polo seu nome e non se deixen levar por esa moralina que alguns utilizan para decir que teñen unhas ideas mais respetables que as dos demais.
Pode costar algo o principio, despois compensa".

Mariño -" ... e xa non sei cantas van, os feitos demostran que a liña argumental deste outeiro (que so lles rende tributo a verdade e a razon)".

Por unha banda fala da moralina de alguns que se pensan en posesión da verdade cando despois se alza en representante da verdade e a razón absoluta, vexo que non deixa campo a pensar sobre vostede mesmo e dicir que pode estar errado no no que pensa, ainda que non o crea eu cando poño algo no meu bloge asumo que e a miña verdade pero para nada ten que ser a de todos e menos se me ocorre reflexalo ao estilo COPE de "somos libres".

Animoo a que loite polas cousas e levante o cu da silla e deixe de dicirlle os demais o pouco que fan por todo dende a sua silla.
Que eu saiba non me lembro de velo en ningunha loita da actualidade do que vostede considera a esquerda non e activista mais que de tecla e exabrupto que hay moito tempo que deixou de crer en todo e que agora se vai de ideologo de non sei que colectivo.

-------------------------------------------------------------

Juan José Fernández Ageitos - “Sería esquizofrénico ser de izquierdas y militar en un partido que pretende ser el PNV”

Esa opinión particular ainda que a respeto non a comparto para nada, as politicas que leva adiante o BNG non son susceptibles de crerse de dereitas nen de centro, pois no propio parlamento español estamos mais que situados a esquerda en case que todos os prantexamentos que levamos mesmo a propia EU se queda mirando, con elo non quero dicir que EU sexa o paradigma da esquerda.
Así que considero esta unha opinión particular e non unha visión global do BNG e mais fala do BNG como partido politico e o BNG non e mais que unha ferramenta, unha fronte, quixera saber que outras cousas hay detras de isto, mais por curiosidade, polo resto opino que uns veñen e outros van e o mundo segue a virar.

Anónimo

Pero mira que es feo el Muiño éste

Anónimo

18:25 --> pois mira que ti!!! mira se serás feo, que ata saes retratado na web!!! de tanta feldade que transmites. De feito, até das grima!!!
Por certo, non é verdade que Supermari non se levante da cadeira.
Faino para ir á bodega a coller outra botella de viño, desas que papa nas encherolas que se mete para esquecer que é un fracasado que apoia que no goberno de Betanzos estea toda a crem da crem da dereitona.

Anónimo

Eu pediría , humildemente , que se deixen os ataques persoais a un lado...creo que non fan ningún ben...ni os dun , nin os do outro lado...

Dito esto non podo máis que felicitar a exposición de Muiño.Saludos!

Alberte

Dixo isto aqui porque creo que explica o tema mellor do que o podo explicar eu e por riba me aforra un lote de traballo e tempo:

A CIG acusa de 'manipulación' a La Voz de Galicia .


A CIG sinala que "non deixa de ser sorprendente que, para dar apoio a esta campaña, o devandito xornal faga referencia a fontes sindicais, cando nunca se puxeron en contacto coa CIG, sindicato maioritario no sector (70 por cento de representación), nin coas presidentas dos Comités de Empresa", e considera que isto deixa en evidencia a falta de interese por coñecer a verdade. "A manipulación é tal que se amparan no anonimato dos informantes ou dándolle unha representatividade que non ten a quen está disposto a dicir o que lle interesa ao diario, por moi falso que sexa", apuntan os responsábeis da central sindical.

Subliñan que a opinión pública ten que saber que a condición de traballadores, "agora vilipendiados como enchufados, foi adquirida a través de acceso público, mediante un sistema de oposición no que se tivo que demostrar coñecementos e capacidade". Pensan que o feito de que se teñan que volver a presentar "non é un privilexio senón un prexuízo, por teren que aprobar dúas veces as oposicións para obter a condición de persoal laboral fixo, pois, do contrario, quedarían sen traballo".

Os dirixentes sindicais consideran curioso que CCOO denuncie un "fraude e engano", xa que "a única proposta que eles fixeron durante toda a negociación foi a dun acceso á condición de laboral fixo, mediante exclusivamente un concurso de méritos. Isto si que é moito menos aberto e non reúne todas as garantías legais". Sinalan que La Voz de Galicia insiste en amplificar esa acusación infundada de CCOO, "cando esta central é moi minoritaria, en cambio censura a postura favorábel a este proceso de todos os Comités de Empresa da CIG e a UGT".

Coincidencia coas eleccións

Para Louzao e Crespo, "o que resulta tendencioso é relacionar as eleccións políticas co feito de que haxa oposicións, cando case todos os anos hai procesos electorais e ofertas públicas de emprego". Indican que só desde "unha intencionalidade, claramente electoral, chama a atención este caso como se fora algo insólito e o habitual fose que a administración se parase diante dunhas eleccións", e aclaran que "en todo caso, hai que saber que se a oferta se fai nestas datas é porque se agardou a celebrar as eleccións sindicais, co obxecto de negociar cos representantes dos traballadores as bases do acceso, o que é para nós correcto".

Os mandatarios sindicais tamén sinalan que o sistema de acceso de concurso-oposición que se vai levar a cabo ten todas as garantías de igualdade, mérito e capacidade, "pois é aberto a todo o mundo e o recoñecemento de méritos é análogo ao recollido noutros concursos-oposición da administración para converterse en laborais fixos". Por iso, consideran que non se entende "a infamia e a denigración á que son sometidas/os as traballadoras e os traballadores, a non ser que sexa en función de intereses espurios que nada teñen que ver coa realidade dos feitos e co traballo que desenvolven".

Por último, afirman que "CCOO, PP e La Voz de Galicia están a acusar, sen ningún fundamento, de que a contratación destas traballadoras e traballadores foi 'a dedo' e que non responde ao resultado de selección dun sistema público, senón a intereses clientelares". Afirman que dita falsidade está a causar un dano irreparábel na valoración dos profesionais, "prexudicando un servizo público fundamental á nosa sociedade como é o que presta o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar". En consecuencia, esixen unha inmediata rectificación pública "para restaurar a verdade e informar con rigor sobre a realidade deste proceso selectivo".

Dito isto creo que folga comentarlle que a cruzada contra o BNG e contra o nacionalismo que vostede profesa dista moito de seren verdade e razón.

Mariño - os feitos demostran que a liña argumental deste outeiro (que so lles rende tributo a verdade e a razon)".

Anónimo

hay 30 anos La Voz e o seu contorno se afanaba en afirmar que era o BNG e os nacionalistas os que plantaban lume no monte. O obxetivo era evitar a implantación e consolidación do nacionalismo.
hoxe La Voz e o seu entorno lle buscan tres pes o gato deformando a realidade para presentar o nacionalismo como un nido de corrupción minimizando as corruptelas do PP e silenciando as andanzas do PSOE que non lle vai a zaga. O obxetivo é evitar que no nacionalismo se consolide como alternativa real de goberno e arrancalo do mesmo.
Fracasaron hay 30 anos e fracasarán agora. E Mariño e moitos outros como el queimando as naves nunha fuxida adiante hacia ningun lado, quedarán huerfanos tirados nuna orilla do camiño cando non lle sean utiles os intereses dos grandes grupos que pretenden seguir cortando este pais o seu gusto.
Moita forza e adiante!!!!!

Anónimo

el PP la bestia parda, el Psoe el demonio del averno, pero ¿ y los del Bloque? esos, unos angelitos. Anda ya! que en todas partes cuecen habas

Anónimo

si . hasta en cxb y mira uqe van quedando poquiños. poquiños y bien compensados!