Ocurrencias

Antes de nada duas aclaracions:

Cuestion 1: Non escribo dos avatares do Concello porque, segun advertin no seu momento, non ando metido nese terreo.
Cando escribia do tema, lia todos os documentos sobre as cuestions que trataba.
O non facelo agora non podo opinar.

Sucede que os que defenden todo o que seu grupo fai, con independencia de que o tema sexa o voto dos mortos ou andar carretando e manipulando os vellos, non poden entendelo.
Non poden entender que moitos non ensalzemos o que non nos parece etico, ainda que sexa o noso propio grupo o autor do desvario.
Hai silencios moi expresivos para o que sabe escoitalos.

Cuestion 2: Como Cidadans por Betanzos non se presenta as eleccions, os seus afiliados son libres para mostrar as suas preferencias politicas e votar (ou non facelo) por quen lles pareza.
Javier de la Fuente ten todo o dereito a decir que votara por UPyD, do mesmo xeito que eu manifesto que me quedarei na casa.
Seguro que os demais faran co seu voto o que queiran.
E a libertade que tanto lles extraña a alguns.
Extrañalles porque lles e allea.

Do desvio de autobuses, dos egominados das alcantarillas do PP e das cacerias de ministro, xuez, fiscal e xefe policial non falarei. Simplificareino: Danme noxo.

Todo parece indicar que no Reino Unido a derrota do laborismo sera epica, co que a vella Europa sera gobernada pola dereita.

Vaise o meu admirado Veltroni, despois de caer 10 puntos en Cerdeña diante dun personaxe dificilmente calificable chamado Silvio Berlusconi.

Aqui uns gobernantes agrafos siguen coa teima de crear un reximen, ainda que sexa a costa do sistema democratico."
Para brindar por otros 20 años de gobierno socialista" parece que decia o xuez que quere axudar a liquidar a representacion española desa dereita que goberna toda Europa.

Os mesmos que quereian crear un cordon sanitario arredor do PP, din agora nos mitines que os populares teñen que arrimar o hombro.
E un auditorio, escaso ben e certo, aplaude hipnotizado.

O silencio dos "artistas" e dos "intelectuales" que tanto "pelearon" contra Aznar diante deste neocaciquismo mediatico e deste nepotismo desvergonzado, colocaos no lugar que realmente ocupan: Poñanlle vostedes mesmos eses aqui osadxetivos que nestes momentos se lle estan pasando pola cabeza.

¿Volvera a xente nova a ir detras deles cando non gobernen os que lle conceden graciosamente as subvencions?

Dos sindicatos prefiero non falar.

Leo o que foi alcalde de Naron, e que quere selo agora da Xunta, falar de galeguismo.
Atras quedaron as declaracions programaticas de que Terra Galega era un partido nacionalista.
Parece que a analise de blancolexitimo non anda moi descamiñada e hai quen empeza a tomar posicions.

Extrañame que a encuesta de LVG diga que a xuventude 18-25 vota mais o PP que a suma PSOE+BNG.
Ainda que os tempos estan cambiando, non pensaba eu que Presidentes e Espartacos perdesen tan pronto o seu predicamento entre a xuventude.

A pesar de que a Xunta electoral lle chama a atencion a TVG polo seu trato o PP.

Un compañeiro dos de antes, que sigue votando polo Bloque, queixabase de que en catro anos de poder se tirase pola borda a bagaxe de honradez que ninguen lle discutia o nacionalismo galego.
"¡Sera culpa dos dirixentes!", terciei eu para que se sentise mellor.

¿Que pasara o domigo?
Na porra do traballo, teño fama de ganar eu as politicas, opinei que se manteria a situacion e que o PSOE ganaria un diputado a costa do BNG.
Supoñia que esa seria a cota maxima do PP despois do asunto do cabeza de lista de Ourense e que o BNG teria que pagar un pequeno precio polos seus excesos.
Hoxe xa non me parece tan redonda a miña aposta.

Parece que seremos moitos os que non votaremos, ainda que pode que no noso lugar o fagan uns centos de mortos que viven (milagro) nas Americas.
Un triunfo mais do Presidente Touriño: permitir que sigan saindo votos dos cementerios.

A cuestion e o que faremos despois os que non votamos: Quedar na casa ou deixar de pedir permiso para botar a andar pola nosa conta.

Porque, ¿alguen se acorda hoxe que nas Municipales no Concello da Coruña a abstencion foi do 39%?

¿Quen foron os que se abstiveron?
PSOE: de 14 (2003) a 11 (2007)
PP: de 7 (2003) a 10 (2007)
BNG: de 6 (2003) a 6 (2007)
Pareceme que non compre analizalo moito para contestar a pregunta.

Vexamos o primeiro grafico (facer clic na imaxe para ampliar):




Etiquetas de Technorati: ,,

5 opinions:

Anónimo

festa festa festa!!!!
Grandes intervencións:" Aqui uns gobernantes agrafos siguen coa teima de crear un reximen, ainda que sexa a costa do sistema democratico".
Para listo xa está Supermari, que é moi "grafo" sen a "a".
Neste discurso so lle falta decir eso de "ANARQUÍA E BIRRA FRIA!!!".
Por desgraza, neste mundo desideoloxizado, onde unha persoa que se considera de esqueradas comparte viaxe política con alguén da ultradereita, até as palabras perden o seu significado.
O seu xefe de filas di que vota e apoia udp e este como si nada.
Menos mal que non dixo que votaba pola falanxa, non??? ou polos KKK (hai non que ses non se presentan); ao fin, que máis da non??? cxb é unha organización política apolítica que so ten comom obxectivo... cal é o obxectivo a día de hoxe?.

A non non non!!! que cxb non se presenta ás eleccións, entón, que máis da que ideoloxía política teñan a xente á que acompaño nesta viaxe polo deserto municipal?.

Eso si, que o seu grupusulo escindido do pp apoie a un partido xenófobo, racista e ultradereitista é irrelevante.

O importante é que vostede nos poida demostrar canto sabe desto que se chama política, aínda que a realidade demostre que non ten nin a máis mínima idea do que di.

O máis espectacular, é escoitarlle a alguén dicir que hai que votar á dereita porque así o di europa. Aquí é onde se ven a demostrar o baixo nivel intelectual e de autoestima que o ejpañolismo ten. Se o "di" Europa está ben. Nunca entendín chamarlle ao laborismo "esquerda", pero alá cada un.
Agora dirá que o laborismo está na internacional socialista... como os racistas israelies.

Que Europa se asentase do bipartidismo, non lle di absolutamente nada aos noso querido ideólogo.


Dende a segunda guerra mundial en Europa xa non queda esquerda. Os EEUU xa o deixaron ben claro: a súa colaboración na reconstrucción tiña un prezo. So sería posíbel, se a esquerda desaparecía do mapa, como así foi.
Quedou algo de esquerda na periferia, Lusitania(coas novas fronteiras), Ejpaña, Grecia, Italia...
Nunca entendín como unha persoa tan "grafa" fixo este tipo de reflexións nestes lares, e non llo explicou ao lumpen que o visitamos.
Sigo sen entender como a xente non é capaz de ver que en Europa, toda a esquerda se tivo que travestirse para poder presentarse a unha eleccións con esperanzas de poder sacar votos.
Eran outros tempos podemos pensar... o que pasaba era que había que pararlle os pes á pluralidade e á democracia e crear unha zona oscura que impedise que a esquerda puidese ter algún tipo de representación.
Non se fixo outra cousa que estigmatizala, rodeala dun discurso negativo, e perseguila.
E non fai falta perseguila metendoa na cárcere.
Lembro ler nalgures, nunha ponencia de Harvard sobre bilingüismo, alguén preguntou que ionfluencia tiña hexemonía do inglés no ensino bilingüe. A resposta foi, que quería decir hexemonía??? Pois eso mesmo pasa en Europa: o que non se nomea non existe (o que se oculta non existe).
Cando alguén presume de coñecer o que pasa en Europa, e afirmar que hai que seguir esos pasos, so me queda unha resposta: a onde vas Vicente??? a onde vai a xente.
O estado español, ten moitas cousa malas malísimas, eso ninguén o discute, verdade??? pero ten un problema engadido, que a día de hoxe se expresa en forma política, como todas as zonas europeas de paises sen estado, como é a ruptura do bipartidismo clásico, de dúas grandes forzas políticas, que se apoian en pequenas forzas circunstancialmente.

Aquí é onde atopamos a contradicción dun discurso pouco ou nada elavorado: Supermari dinos que hai que seguir a Europa e normalizarnos ao seu nivel, o que quere decir que hai que camiñar ao bipartidismo, pero por outro lado pide paso a que a xente teña outros espazos...
Como se come eso??? non será máis ben que as estructuras clásicas bipartidistas cansaron á xente, que non atopa onde sentirse representada??? e non quere decir esto que manter a idea de normalidade con Europa, é ir contra dos ideais que un persegue???

Fixense en que grupos constituidos hai no parlamento europeo, e reflexionemos despois....

Crearonse novas fórmulas dende arriba para presionar á poboación e desmobilizala ao tempo que se diron consignas para a creación de grandes grupos de poder medioticos que deixaran fora de xogo calquer opción que quixera sairse do polotón.

Fala Supermari de Europa e dos males do estado ejpañol, cando os males viñeron de alí. Ou xa non lembramos quen puxo no goberno ao Psoe??? eso si, baixo unha serie de pactos que había que cumprir.

Aos motores económicos europeos, sabemos a día de hoxe que non lle interesa un pp no goberno do estado; saben que se lles escapa pola dereita, e que inmediatamente saltan os resortes das vergonzas. Súan tinta cando ben os xemelgos polacos.

Suaron tinta cando reflexionaron que dende a inxenuidade dun 11-s expulasaron a quen creara o pp-europeo (pnv) e lle diron protagonismo ao máis rancio e racista da europa que non se atreveu aínda a enfrontase aos seus propios pantasmas.
Meteos debaixo a alfombra e segue barrendo.

Desconfíen de quen trae discursos novos, pero que son moi antigos.

A sociedade está cansa, pero está cansa de falsos profetas; non comparen a unha persoa que se sinte defraudada coa política (totalemente comprensíbel), de quen opta por non votar sendo parte da vida política de quen participa localmente da política.

Hai que pertencer a un universo paralelo, quen pretende rexeneración política no seu concello, pide o voto para a súa forza política e despois chama á desmobilización porque el non se presenta. Supoño que hai que ser dalgunha madeira extrana, exótica (no sentido negativo) diria eu para facer unha cousa así.

Eso, ou que a cabeza non rexe moito.



Un exemplo de discurso excremento é o que partilla este político con aires de grandeza que acerta os desafíos políticos; comeza a falar e falar de catro ou cinco cousas que di que están mal, e as repite e repite e repite...
Supoño que non visitou europa, porque entón ao mellor daríase conta de moitas cousas, que non son precisamente as que ten el encumbradas no altar.

Alemaña ten 11 millóns de probres, que son nin máis nin menos que os que entraron da antida RDA. E a cousa non vai a mellor. Eso si, da para seguir mantendo a idea de clase...

O único que me preocupa, é ver que unha persoa que se pasou anos á marxe da sociedade e que nunca se enterou de nada, sexa agora un dos ideólogos dunha forza política no concello, asentada na ultradereita.

E para que este personaxe non se columpie tanto, xa lle digo eu que a abstención vai aumentar, é lóxico, estamos en época de crise, nunha época extrana.
Moita xente necesita botarlle a culpa a alguén despois de meterse nas hipotécas lixo e gastar onde non se podía, ou encher a costa de edificacións: os 3000 de canarias...

Que facemos entón???? desmobilizamos á xente para que nos deamos conta de que aquí hai que bailar ao que nos din dende fora???
Un goberno para o pobo sen o pobo???

Sen palabras supermari, sen palabras...

Anónimo

ao fío do comentado antes, fixense en que grande intervención:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/elecciones/ecg/manuel-fraga-recordo-ayer-muxia-pasado-comunista-tourino/idEdicion-2009-02-22/idNoticia-398728/

Discursos como este é o pan de cada día nos medios de comunicación desa Europa normalizada da que nos fala Supermari.

Anónimo

Por certo supermari, hoxe teño ganas de darlle un pouquiño de máis caña. Como era aquelo do colliño rosa?:
http://ceporbe.blogspot.com/2009/01/soos-rosas.html

Malos tempos para andar a decir tonterías desas... A xente escandalizase cunha mortes, outras que máis da.... eran maricóns. Sentenza exemplar:
http://www.carloscallon.com/2009/02/eran-maricons.html

Eu non teño dúvidas de que é o que me merece unha persoa que fala de sonos onde pinta de rosa coellos para despois desnucalos.
Non teño dúvidas de que vostede tamén usaría a estratexia do pánico homosexual.

Anónimo

NON ME CONTESTOU:
QUE LLE PARECE O BANCO DE TERRAS?

Anónimo

Creo qeu por el simple hecho de que si gana el pp, este va a propugnar el despido libre, es decir, que te hechan a la calle sin pagarte un duro, hai que votar en contra del partido popular, alo mejor como tu eres funcionario y desde lo mas profundo de tu egoismo piensas que a ti no te van hechar estarias encantado de que ganara el pp, pero yo trabajador de 49 años que llevo 20 años en una empresa, tengo miedo de que cuando gane feijoo mi jefe me heche a la calle sin pagarme un duro porque no le interensan las personas de mi edad.