As 16:00 do 1 de marzo de 2009


Esta lapiñando e non podo dar o meu paseo.
Datos de onte o telefono:

Chamada 1: Casa de votantes de IU que ultimamente o fan polo PSOE (¡Non me extraña!).
Iran votar por Touriño co fuciño tapado para que "Non volva a dereita". Non me atrevin a facer a pregunta: ¿Todos?.

Chamada 2: Votantes do PSOE
Non van votar.

Chamada 3: Colectivo amplio no que, de votar, faise polo PSOE ou polo BNG.
Mais dificil de valorar. Desencanto. Pareceme que os socialistas manteran mellor os seus votos que os nacionalistas. Aumentara a abstencion.

Chamada 4: Por outras cuestions, ainda que se termina falando das eleccions.
Non son eu o que pregunta. Grupo familiar (varias familias) de votantes PSOE que non iran visitar a urna. A fiabilidade neste caso e discutible.

Conclusion:
Ainda que os que non votamos ganaremos a consulta (por moito que Feijoo diga que ganaran eles), o PP ten a maioria absoluta practicamente no bolsillo.

¿Como analizaremos o feito, de suceder desa maneira?
¿Hai culpables?

Porque ninguen negara que, despois dun cambio de goberno, na segunda lexislatura o minimo esixible seria que PSOE e BNG se repartisen un 8% (polo menos) do voto dos populares.
Por debaixo desa cifra, evidencia que as cousas non se fixeron ben.

Se o PP aumenta a sua porcentaxe de votos, gobernouse moi mal.

Se Feijoo obtivese a maioria absoluta, haberia que mandar pra casa os actores deste documental sin guion.

Analizaremos con calma os resultados.

Miro como lapiña no Outeiro, mentras as papeletas xogan os dados con miles de postos de traballo.

NOTA:
Doulle para abaixo a entrada anterior para que quede todo o das eleccions a man.

ANEXO1:
Recorden o meu vaticinio na porra do traballo:
PP queda como esta : 37
BNG -1 : 12
PSOE +1 : 26

ANEXO 2:
Como din os comentarios, vainos mal a cousa.
Non serei non-diputado desta. Mecachisenlamar.
O aumento da participacion pon a cousa moito mais interesante:
¿Sera certo que a abstencion castigaba o PSOE?
¿Ten posibilidades Rosa Diez con este incremento?
¿Que resultado se producira na comarca de Vigo?
E o que e mais importante para min: ¿Estarei perdendo o olfato politico?


6 opinions:

Anónimo

sinto desenganalo... nestes intres a participcion xa supera en dous puntos a de fai cinco anos.

Ao mellor o pp non ten tan no bolsillo esa victoria

Direillo pola noite.

Anónimo

ui, non!!!! xa vamos polos tres puntos!!!!:http://resultadoseleccions.xunta.es/11AV/FTOP11_L2.htm

Anónimo

Bueno, tampouco foi concelleiro. HAI NON!!!! se tampouco se presentou nas municipais!!!!

Anónimo

SE TERMINO , ALGUNO MAÑANA CUANDO MIRE LOS RESULTADOS SE LE VAN A SUBIR A LA GARGANTA

Anónimo

Bueno, parece que el pueblo habló y muy clarito. Parece que la dictadura-democrática terminó este 1M.
PP-39; PSOE-24; BNG-12
Si miramos atentamente los resultados por provincias y/o por municipios y comarcas el castigo al BNG es doloroso. A mi hasta me dio pena porque fue muy contundente. El PSOE no llevó menos. Creo que deberían hacer voto de conciencia y ver donde estuvieron los errores y cambiarlos.
Yo tenía fe en que UPyD tuviera entrada en el parlamento gallego. Otra vez será.
Salud para todos.

Anónimo

Ala!!! é que esperaban vostedes!!!?
menos mal que xa chagan as ordas galaico-ejpañolas a ensinarnos como manexar esto!!!

HAHHAHAHAHAHAHAHHA!!!
aquí non se contenta quen non quere.


Doce anos de autentico goberno do desgoberno. Eu estou realmente contento. A cada quen lle chegou o seu San Martiño.

O Ejpañolismo asentouse, porque nos mola... Cada quen que reflexione como queira.

Sempre me molou a reincheira, e de ahí non me van sacar. Comezen a botar contas das súas forzas, moitas, porque van facerlles moita falta.

Un saúdo especial a Supermari, dende hoxe a veda está aberta. Tal vez sexa vostede o próximo en preder o emprego ,hahahahahahahahahahahahahahahahaha!!!!!!