Presumia de que ...

... despois de varios anos, este era o primeiro en que a miña folla de faltas estaba practicamente baleira.
¿Recuperarian as miñas maltreitas vertebras pasadas primaveras?
¿Estaria o meu esqueleto vacunado contra a humedade deste promontorio entre o Mendo e o Mandeo?


Os documentos en rexistro antes do 1 de abril, as obrigas do traballo o dia, os compromisos altruistas cumplidos.
Decia meu pai que os seus fillos nunca chegarian a ricos: "Preocupadesvos mais do de de todos que do da casa", viña a decir.
E tiña razon.
Pero un e como e. E morrera sin dar un paso atras nin para coller impulso.
Pois eso, que todo estaba como e debido. "Teño que facer a gimnasia pois levo moitos meses sentado sin facer exercicio".

Asi que o pasado martes, 31 de marzo, cando iba poñer os pantalons, a 50 centimos xoguetons deulles por sair rodando polo chan.
Aniqueime (veuseme a palabra a cabeza con recordos de infancia) sin cumplir o protocolo de seguridade e hixiene no traballo, e quedei cristalizado formando un angulo obtuso.
Menos mal que tiña a cama o lado e, como decia miña nai, "estaba carretado".

A forza pasei uns dias vivindo en horizontal e mirando se nas caixas dos medicamentos poñia 1-0-0, 1-0-1 ou 1-1-1.

Tiven moitisimo tempo, non todo iban ser desventaxas, para dormir, ler e meditar. Tamen para ver a TV, que era o que mais comodo me resultaba.


Lin un libro que me aconsellaron, e que eu non aconsellarei. Resultoume tedioso ainda que o protagonista e mais eu fomos axudantes de camareiro nun restaurante de luxo e, polas noites, imaxinabamos ser James Dean.
A diferencia e que el, impuduroso, escribeuno.



Panza arriba na cama vin moita TV. Moita.
Era o que menos flexions requeria.

¿Que seria da TV sin as carceles e os hospitales?

Vin todos eses programas que alguns din aqui que vexo (evidentemente eles si que os ven), e comprobei que o control que o Goberno ten dos medios de comunicacion e case absoluto.

Se colocamos na fronteira (o que e discutible) a Antena 3 de Lara, as demais televisions son un permanente aparato de propaganda. No extremo esta a Cuatro de PRISA, que estes dias andaba decindo que era o fin do mundo que, despois dun accidente de aviacion, nun feretro houbese pedazos doutro cristiano.

¡E eu que pensaba que eso podia calificarse de calquera cousa menos que de progresista!

Ademais nun momento no que de cada dez novos parados europeos o menos oito son españoles.

Jose Luis Rodiguez Zapatero a todas horas.

¿Que debe facer alguen que foi criado nun medio no que os tratos se facian cun apreton de mans?
Nun medio no que as mulleres, eran elas as que neses casos tiñan a coraxe necesaria, lle pedian cartos o veciño para que o rapaz mais vello marchase para emigracion, e que xa devolveria os cartos co primeiro soldo que ganase.

¿Que facer cun mediocre que hai uns dias decia que a partir de marzo o paro iria mellor e que o mes que din que ten "cara de can" trouxo mais de catro mil parados diarios?

Pois nada, como un non esta para soportar a mentirosos patoloxicos dalle o mando a distancia cada vez co careto do noso Presidente asoma o fuciño.
Preguntabame como alguen que leva cinco anos mentindo continuamente lle pode resultar creible a mitade dos españoles.
Para min e inexplicable.
Pode parecerme ben ou mal en certos aspectos. Pero resultame imposible crelo.
Despois de ver tanta television xa entendo mellor o exito de Don Jose Luis.

¡E pensar que Borrel ou Solana militan no mesmo partido ca este individuo!

Se a dereita tivese un lider con carisma o batacazo socialista iba crear doctrina.

¿Sera un merito, na politica, a mediocridade?

Pois parece que si, despois de que o home blanco de Palas de Rei chegou a ministro.

¡Quen llo iba decir a aquel rapaz non moi espabilado que estudiaba no Colegio Menor de Lugo, e que tanto lle facia a pelota os profesores!


Como decia, as televisions estan co poder. Hai duas dixitales que poderiamos encadrar no ambito da dereita: Veo El Mundo e Intereconomia.

Pero andan a matar, pois a primeira apoia a Esperanza Aguirre e a segunda a Mariano Rajoy.

Un circo.

Cando o sarnizo me permita estar sentado, pasarei as miñas horas de interactividade (a TV non o e) buscando e compartindo libremente a informacion en internet. Ali un pode ser receptor e emisor.
Nas televisions uns bustos parlantes, de bon ver se e posible, predican os desvarios dos pensadores organicos (Zapatero el so ten mais de 600) que teñen como unica mision conseguir que o rebaño non se descarrie.

Claro que ser intelectual organico ten a s suas ventaxas: Na revista da DGT, "Seguridad vial", escribe agora Joaquin Estefania.

Ser de PRISA hoxe equivale a ser do Movemento hai uns anos.


E nada, que se me viñeron a cabeza moitas cousas estes dias: Que si me sentia coma o Albatros de Baudelaire, con perdon. Que si era Holderlin quen mellor describia o meu estado con aquelo de que "El hombre es un dios cuando sueña y un mendigo cuando piensa".

Pero no fondo, de verdade, un sentiase coma o Don Quijote do meu querido Leon Felipe.

Vencido e canso.

Sobre todo canso.

"Cando faga esto, aquelo e de mais alo, ... descansarei", dis. E a vena sartriana asoma dinamitera: "¿E por que non descansas agora?"

Eso, ¿por que non descanso agora?

¿Acaso pretendo que me queiran, que me respeten ou se me ocurre facer propaganda para montar unha Academia de clases particulares?

O que teño asegurado son os insultos.

Supermari, o meu insultador oficial, que di que son un vago (¡Meudeus!), ten pH baixo cando afirma que o final quedarei solo.
Ten a metade da razon.

As persons que non aceptamos xerarquias nas relacions (o ser funcionario axuda moito) non somos moi ben considerados.

¿Como vai un bobo con poder subvencionar a quen non esta disposto a dedicarlle odas a sua inxente labor representativa?
Nin pensalo. Necesita que lle falen do brillante que foi o seu discurso.

Ten a metade, xa que entre os que asi vivimos establecese un vinculo de tal fortaleza que a caladora patina, incluso coa folla para metales.


Recordo agora, escribo de corrido, que hai 10 anos (cando deixei a fisica e a quimica) fun a uns cursiños de Tecnoloxia na Coruña.
A ponente era unha rapaza nova que viña de aprobar as ¿primeiras? oposicions da especialidade.
A maioria da xente era mais vella ca ela: Arquitectos, inxenieros, marinos mercantes, fisicos, quimicos, aparelladores...
Extrañoume por un lado a suficiencia da funcionaria en practicas e por outro unha sensacion de servidume que desprendian a maior parte dos asistentes.
Un dia, tomando cafe coa xente coa que o facia normalmente, entendino: A maior parte eran interinos e, como non habia funcionarios da especialidae, era seguro que a ponente estaria nun dos tribunales de oposicions que se celebrarian no veran.

Non me engañaba o meu olfato.

Asi que, se non recordo mal, nun dos erros que cometia (leva anos controlar os resortes dunha disciplina tecnica) levanteime e dixenlle que estaba mal, que nunca o resultado do calculo podia ser mais preciso que os datos experimentales de partida.

Asimilou mal o ridiculo. Pero colocouse no sitio que lle correspondia.

De volta para a casa asaltoume unha pregunta inquietante. ¿Fariao se eu fose un dos interinos?

Cando quen hoxe e amigo meu veu para expoñer a su ponencia, preguntoulle o Director que tal a xente deste ano. Contestoulle que todo normal menos un revolucionario de Betanzos.

E un xa non ten anos para andar escribindo nos muros de maio.

Son outros mais novos os que deberian barruntar aquelo de "Non tomes o ascensor, toma o poder"

Pero semella que eso non esta de moda.

O que agora se leva e sair a rua contra Bush e o imperialismo yanqui, e o cabo dun tempo andar adorando as fotos do novo amo.
Agora xa non hai imperialismo.

¡Nin que Obama fose Ian Gillan, Robert Plant e Jimmy Page xuntos!

A docilidade coa que moita xente nova asimila as consignas e asombrosa.

Tamen ten o seu aquelo que do "No a la guerra" de Irak, pasasemos agora a "Si a la guerra" de Afganistan.
Portutatis que eso de guerras boas e malas, legales e ilegales, non consigo metelo na mollera.

¿Estarei enfermo de mais cousas?

¿E do Prestige que me din?
Parece que a xueza lle bota a culpa o armador e o cuasi-heroe Mangouras.
E os franceses demandan a compañia encargada de pasar a ITV do buque.

¿Recordan que nunha inexplicable decision houbo quen denunciou coma responsable a Adminitracion galega?
Pertinaz, sigue presentando recursos.

En que cabeza colle que uns galegos, por un interes politico malsano, pretendesen que todos os galegos pagasemos os desperfectos do accidente.

E totalmente inexplicable.

Non entro eu a considerar se este ou aquel politico deberia asumir a responsabilidade correspondente. Deso estou sempre a favor.

Pero o meu entender: ou se metia nun porto ou se levaba mar adentro.
Concentrar a contaminacion ou diluila.
Non teño criterio.

Pero visto o pronto que se recuperou o ecosistema, todo parece indicar que non foi unha mala decision.
Porque despois de todo, ¿que porto iba aceptar tanta plastilina?

Usado o accidente coma arma politica (non teño nada que decir) todo o entramado ligado a Nunca Mais articulouse para movilizar a maior cantidade de galegos posible.

Abofe que o conseguiu, e un asistia con interes a movilizacion de centos de miles de galegos (ainda que alguns fixesen un ridiculo espantoso sacando a pasear as maletas da emigracion).

E nesto que lle tocou movilizar o colectivo ¿areanegra? cunha fortisima implantacion na enseñanza publica.

Tamen me pareceu normal que o fixese. Unha folga en defensa da nosa riqueza mariña para que nunca mais se repetise o accidente, tiña razon de ser.

¿E se fracasamos coa convocatoria?, supoño que pensaron alguns.

Asi que a alguen se lle encendeu unha luceciña e dixo: ¿por que non facemos unha cadea humana pola costa cos alumnos de primaria e de secundaria?
E asi se levou a cabo.

Nenos de primaria e de ESO (os de bacharelato xa teñen mais criterio propio e ala eles) utilizados coma presion politica contra o Goberno Fraga.
Ocupando o lugar dos seus profesores porque se estes o fixesen non cobrarian o soldo completo a fin de mes.

O meu modo de ver o movemento virou en redondo e a moderada simpatia que me producia evaporouse.
Utlizar os nenos pareceume algo deleznable.

Penso que foi nun daqueles debates do primeiro xornal.com onde se mantivo a polemica.
A cadea dos nenos e a favor do ecoloxismo e da conservacion da natureza, xustificabanse.
Encima pensaban que eras imbecil: nun ambiente de movilizacion popular en contra do Goberno Fraga (compre recordar que tiña democraticamente maioria absoluta) os rapaces dos institutos iban alo a defender unha cousa distinta. Anxelical.

Grabei mentalmente a axitacion que se viviu naqueles dias entre os estudiantes, que tiña como poden entender perfectamente as suas cousas boas.

E a Conselleria de Educacion calada. Temerosa: Non fose que ademais lle berrasen fascistas.

Eu non teño nada que ver cos periodistas a soldo do outro lado que falaban da responsabilidade de Suarez Canal cando morreu xente nos incendios.

Non, para min os feitos estan ben ou mal en si mesmos.

Xa saben o que pasou depois cando os cidadans foron votar: O movemento politico que sostiña a Nunca Mais (dono incluso da marca) pasou de 17 a 13 parlamentarios.

Esa rebelion dun sector da sociedade galega que vota en contra da manipulacion e moi interesante. Repetiuse nestas ultimas autonomicas.
Xa me gustaria a min ter os medios para clasificalo desde o punto de vista socioloxico.


Ese xeito de tratar os cidadns que tanto rechazo produce nun sector da sociedade galega ten unha estructura perfectamente diferenciada e paradigmatica.

Por poñerlles un exemplo cercano, o Boletin Informativo da APA do Vales Villarin de marzo, incorpora na sua ultima paxina o seguinte:

(Fagan clic para ampliar)

O curioso e que do membrete do Concello parece deducirse que somos os betanceiros os que pagamos a publicacion.


13 opinions:

Valba

De risa o da última foto.
Pero é imposible cambialo. A maioria da xente é analfabeta funcional : O 59% dos galegos non le ningún libro ó ano.
E os que teñen a suficiente cultura e interese para ler algo faltalles a intelixencia necesaria para plasmar na realidade o que nos libros queda moi ben, pero que non é viable no día a día.
¿Qué facer logo? A verdade é que non se me ocorre. Pero quizais con outra desas "enquisas" do Vales Villamarín se poidesen atopar as respostas...

Anónimo

"Utlizar os nenos pareceume algo deleznable"

http://www.cidadansporbetanzos.com/index.php?option=com_content&task=view&lang=galician&id=44
Espectáculo de Globos no campo

http://www.cidadansporbetanzos.com/index.php?option=com_content&task=view&lang=galician&id=38
mil globos

Para quien son los globos?

Es indecente ahora y no lo era cuando eras dirigente del cxb?

Anónimo

Deixese de lerias señor Supermari. A folla de faltas baleira???? quere que se lle lembre os anos e anos reiterados nos que vostede falataba de xeito cuntinuado ás aulas????
Curiosos, porque mentras estaba tan maliño na casa, e non podía ir ao Instituto polas súas graves doenzas no lombo, paseaba os seus utinsilios polo campo dun alado a outro naquela eterna mudanza...
Tampouco parece que vostede sofrira dores tan grandes... porque para xogar cos coche teledirixido do seu fillo no cantón pequeno, si que tiña tempo... e menos dores...


No do prestige xa nin falo... e vostede tampouco devería falar, porque cando fala faino para facer o ridículo. Confunde "representatividade politica" coa legalidade e conquen tomoiu á sociedade de imbécil... algo parecido ao que vostede fai todos os días.


Antes de que vostede enviase este troncho, como sempre infumábel, onde o único que tenta é demostrar a súa infalibilidade (aínda que eu nunca me fiaría de quen se pasou anos e anos escaqueandose do seu curre pola "tremenda enfermidade que padece" nas costas que lle seguía permitindo andas na bici (????)), simplemente decirlle, que por moito ridículo espectáculo nos presente de ser un perseguido (vostede e os que coma vostede actúan), o Boletin Informativo da APA do Vales Villarin de marzo, o único que fai é reflexar o que pensa a inmensa maioría da xente en Betanzos, e o que transmite o seu partido politico e o pp no goberno (por chamarlle dalgún xeito a o que están facendo vostedes no edifício do caoncello).

XA nada digo de non falar nada do resto dos chanchullos aos que aquí fai referencia a xente.


Agora siga retorcendo e dandolles voltas e voltas ás súas argumentacións... sempre rematan no mesmo punto. Vostede é super listo.... mágoa que nunca o teña demostrado na súa traxectoria profesional, e llo teña que demostrar a unha rapaza que era a primeira vez que traballaba, a ao tempo nos impedise poder ver todas as súas capacidades...

Anónimo

"¿Sera un merito, na politica, a mediocridade?"

Ten que selo vendo o equipo de cxb. Uns cracks!!!Vamos que ao estanqueiro deixalo un pouquiño e chega a menestro. Que por suposto é un tipo dunha formación... notase nos seus estudos.

Anónimo

por certo, o mellor de todo é que dende que poxo este sistema non lle queda máis que lerse todos os tronchos!!!! hahahahahahahahahahahaha!!!!!

Anónimo

Como os seos compañeiros de partido e presentes no co-goberno do noso pobo.
Onde onte valia o argumento de que as contas saian acreedoras, agora saen deudoras ou viceversa, porque xa non se acordan de como era o conto.

Anónimo

Fraco favor lle fan aos nenos esta nova directiva do ANPA. Non entendo como xente que tiña que dedicarse a arranxar os problemas do día a días no cole, se dedique a facer política con esta asociación. Aínda recordo cando militantes do BNG criticaba a Pedro Gómez por meterse en política acusándoo de utilizar a ANPA como trampolín. Agora son eles os que utilizan a ANPA para facer política, rastreira por certo como a que lle criticaban a Núñez Feijó, indo ao persoal.
De verdade espero que a ANPA recapacite e volva á liña na que estaba cando conseguiu o comedor, a parada de Bellavista, o polideportivo, a cubrición do patio infantil, e axudou a crear a asociación deportiva. Estas son as cuestións que ten que atender a ANPA.
Bieito aproveita que para o ano a túa filla pasa a ESO e salvo que crees o ANPA do Francisco Aguiar remata a túa andada. Foi lindo mentres durou. Aínda que che invito a deixar a ANPA polo ben dos nenos.

Anónimo

eu presumia de ser unha persoa perfecta... a completitude... a cuadratura do circulo

Anónimo

porque mentras estaba tan maliño na casa, e non podía ir ao Instituto polas súas graves doenzas no lombo, paseaba os seus utinsilios polo campo dun alado a outro naquela eterna mudanza...



joder , Mariño. Xa eras daquela máis famoso ca un do Gran Hermano!

Anónimo

http://www.galiciadiario.com/web/frontend_cargar_articulo.php?id_articulo=677
anda que os ponen bonitos sin nombraros mariño. a vosotros y a vuestra alcaldesa!

Anónimo

12:20 --> si, xeralmente a xente que queda na mente da xente nos pobos pequenos non soe ser precisamente polas súas fazanhas.
Bueno, no caso de Supermati, si ten fazanhas... as dun mestre de instituto que nunca cumpriu coa obriga que ten de ser un ensinante, deixando ao seu alumandao ano tras anos tirado...
Agora presume, pero non sabemos de que...
Poden preguntar por este individuo nas diferentes xeracións que tiveron que soportar a súa incapacidade; eso si, despois nas "clases de formación" si tiña capacidae en deixar en ridícula a unha persoa sen experiencia.

Xa ven, este é o retrato deste tipo.
Magoa que que os mil homes libres eses desapareceran para dar pasos aos mil chanchullos no concello.

17:30---> outro que mexa por fora...
Unha cousa é que te metas na política sendo quen eres ou a quen representas, e outra que unha asociación con toda a lexitimidade critique neste caso a un "goberno" (que maís ben é desgoberno) que as únicas accións até o momento, foi tirar abaixo todas as iniciativas dende o goberno da xunta. Eso é patético.

Fala vostede de ataques no "eido persoal"??? a cales se refire??? aos chacais do PP (enxirrados polo nuñez feijoolito) dicindo que Anxo Quintana agredira á súa ex-compañeira?????

Mire, o mellor que podo pasar polo ben dos nenos e das nenas, e que a xente coma ti, non poida ter fillos, porque a verdade, xente tan noxenta coma vostede non pode educar fillos.

Anónimo

todavía non teño claro para que sirve a enquisa pois nin rir me fixo. E gastan papel niso?
Agora con Feixoo lémbranse da escoliña infantil? pois os nenos chegarán a vellos antes de tela! que pidan millor un asilo!