Acabo de sentarme co cafe diante para ler a prensa e e os comentarios dos contertulios.
Pasoume algo extraño: Lin o que eu mesmo escribira coma se fose cousa doutro. Empezo a sentireme travestido cando escribo coma o fixen onte pola noite. Alleo: Coma se o escribise por compromiso.
E eso non pode ser.
Tanto a referencia o documental de Flaherty coma o prurito de ter lido a Manuel Sacristan parecenme dunha pedanteria insufrible.
Volvo escribir coa directa posta, convertindo en dixital todo o que se me pasa pola cabeza.
E eso non pode ser.
Pero non todo son desventaxas: Acaban de virseme a cabeza dous recordos que me fan esta sobremesa moito mais agradable.
1. Meu pai decindome "Colle a corda e afua no estadullo de diante", despois de tirarme a corda por enriba do carro do pais cargado de toxos.
2. O poema de Ramon Cabanillas ("Meu carriño") cantado por Miro Casabella.
E dille os irmáns que atopes que nas mans dun home enteiro o estadullo carreteiro non lle ten medo ó fusil.
Debia ser alo polo 1970 ou 1971, cando o Grupo de teatro Valle-Inclan de Escairon (que daquela probablemente xa tivese por nome Os Irmandiños), andaba de xira con "A revolta" de Mariñas del Valle (recordo especialmente Allariz).
Sonaba de fondo a cancion de Miro Casabella mentras un se iba cara o publico tratando de decir cos xestos "¡Erguete pobo galego!".
¡Lévame por onde escoite a fala doce e sentida entre bicos deprendida no colo de miña nai!
¡Que botados pra diante eramos os de Escairon! Non me explico como non acabamos todos presos.
|
1 opinions:
Vaia home, pero si no fondo ao millor ata es poeta!
Xa era hora de que escribiras algo útil.
Publicar un comentario