Algunhas cancions ...
... teñen un poder de evocacion imposible de imaxinar. Esta debuxa sempre a misma pelicula na miña cabeza: Retratame dias nos que, vivindo nunha campana de cristal, certos rituales que hoxe resultan banales semellaban facernos parecidos os deuses (como escribia Baudelaire): Despois de cear cafe e conversa no Apolo, Lowenbrau negra no DrakStore para logo sair de Viacambre, baixar pola rua que, torcendo a esquerda, te levaba o garito dun tal Joaquin que un dia viñera torear as festas do Castiñeiriño. Puxo unha taberna torera para rematar montando unha das primeiras discotecas de Santiago. Era o Yohakin (Hipi-Naki para alguns). Nel reinaban as musicas do Balado, un camareiro italiano e a P. O mundo era unha bola amorfa sometida a un horario alienador e ti vivias nunha burbuja na que o relo camiñaba a gusto do consumidor. E cantaba Jara e ti recordaste coa mirada perdida por aquela pista, ainda baleira, imaxinando as ruas molladas polas que Amanda corria, iluminandoas, na busca de Manuel. ¿Iluminarias da mesma maneira que a P. camiñando pola Pontepedriña.? Despois, avanzada a noite, podias acercarte o Loan para comer un pedazo de polo, mentras un xigante vestido cunha tunica que respondia o nome de Alejo contaba os usos que na relacion amoroso podia ter unha goma das do butano despois de facerlle uns cortes coa navalla. O seu irman pequeno, que se chamaba (non sei si se seguira chamando) Michi, decia aquelo de "Tengo mas hambre que las gallinas de la Tia Maria, que se comieron las vias del tren creyendo que eran lombrices". Dias e noites de cerveza negra, para min, mentras que polo aire andaba merodeando unha ninfomana subvencionada chamada heroina. Era o momento de tomar partido: Ou Hendrix e Joplin eran uns deuses, ou unhas simples marionetas. Ainda que para min non habia duda (a pesar de Hey Joe), cada un xogou as suas cartas. Anos despois, nunha noite nostalxica e solitaria, ocurriuseme ir tomar unha birra o DrakStore. E ali estaba a P. O brawn sugar enchera de costurons a cara da que un dia iluminara as ruas da Pontepedriña. Falamos de vagar. Antifranquistas de primeira linea que o Dictador ferrolano non conseguira mover, convertidos en mansas ovelliñas. Antigos anticapitalistas humillados diante de calquera mequetrefe que vendese a que alguns pensaron que seria a heroina capaz de vencer a tuberculosis. Eran armas mortiferas, de destruccion masiva, que alguns promocionaban descaradamente mentras que os que mandaban miraban para outro lado. O paraiso (perdido) non estaba nas pedras dun mosteiro calquera da Ribeira Sacra. Ou nunha sociedade na que todos tivesemos os mesmos dereitos. Non. Do paraiso tamen se podia decir "Pongamelo para llevar". E en calquera portal oscuro: mechero, cucharilla, limon, ... Porque o que corre tras dun cabalo salvaxe nunca sera capaz de botarlle o lazo para montar nel. ¡E hai que ver como se rian os que foran armados cabaleiros! |

3 opinions:
outras canción xa son moi vellas ...
http://xornaldebetanzos.wordpress.com/2009/12/17/faraldo-cede-ante-la-presion-del-bng-e-investigara-el-incendio-del-alfonsetti/
A todo porquiño lle chea o seu San Martiño. Superhenry, mire que se lle avisou do que había detrás, pero vostede nada, teimudo, baixou os cornos e a turrar.
Comprende vostede que o que menos se pode facer nesta vida é ter esa actitude chulesca que lle levou a escornarse unha e outra vez???
Xa que decidiu manter un monologo, imos a onde se pode escribir; superhenry, é o problemas das persoas acomplexadas.
Agora decide vostede que:
Galicia: Estado da Republica Federal Iberica.
Extension: 29.575 km cadrados.
Poblacion: 2.825.020 hab.
Porqué??? a limitación que Castelao se impuña, dábase polo pensamento da época, lonxe aínda de pensar o que o propio Castelao pensaba, que era a Federación Europea.
Máis para iso hai que ser valentes, e vostede non o é.
Máis está ben que se vaia transformando vostede pouco a pouco en independentista...
hoxe síntome xeneroso con vostede ... nesa evolución extrana na que vai circulando ao redor sen proceder de ningun sitio e sen pretender chegar a ningún tampouco, recoñezolle que camiñamos sos neste "hermo" de intelixcencia e crítica; sentín envexa, sanota desta canción, a Manolo Garcia coñéceo moita xente, e a Quimi Portet tamén por aquelo de ter primeiro "os burros" e despois "el ultimo de la fila". tampouco nunca gostei... esa mistura non ia conmigo... pero recoñezo a valentía dun home consagrado nas clases medias españolas facer isto:
http://www.youtube.com/watch?v=OJoTkSeMs-s
Cantar con Ruper un icono do pighismo da clase media tennque desmontar moitos mitos
Na noite re reises voullo regalar, para que vexa que son aínda a única persoa que o segue incondicionalmente.
Pola república galega, adiante.
Saúde.
Publicar un comentario