O velorio do tio Chinto


Contos populares recollidos na bisbarra betanceira por

XULIO CUNS



Polas escaleiras baixaba do sobrado Andrés de Bastiana, quen había catro ou cinco días que chegara de Alemaña. Arrimouse á lareira e, cun tizón, prendeu lume a un pito de tabaco roibo que recendía. Em­pezaron uns e outros a preguntarlle como lie ían as cousas por aló. Xa levaba cinco anos no mesmo traballo. Ganaba cartos, que para iso fora. Era ben tratado...
-¿E a língua? ¿Enténdeste ben con eles?
-Voume entendendo.
-Eogo a ti non che pasaría coma a aquel alemán que veu, xa hai anos, facer turismo por acó.
Embarcou en Hamburgo e baixou no porto de Vigo. Estivo tres ou catro días nesa cidade. Logo Pontevedra, Santiago, onde visitou tódolos monumentos. Pasou á Coruña, Lugo, Ourense e, cando coidou que xa tina visto todo canto de bo ten Galicia, emprendeu viaxe a Madrid. Chegou á capital das Españas e foi parar a un hotel de cinco estrelas. Na recepción un señor calvo e con bigote comezou a lle toma-los datos personáis para cubri-la folla de inscripción:
-¿Nome?
-Hans Werter.
-¿Estado?
-Solteiro
-¿Profesión?
-Enxeñeiro.
-¿Nacionalidade?
-Alemán de Alemaña.
-Se vostede é alemán terá que ser de Alemaña.
-Tamén eu pensaba iso. Pero en Galicia, que de onde eu veño agora mesmo, todos dicían: Alemán do Carallo.




¿Hai galegos na lua?