Un betanceiro no Deportivo
Escairon escribe. Somos oitocentos e pico: ¡Se chegamos a ser doce mil! |

Este outeiro, pedregoso e sin cancelas, botou á andar o 1 de marzo de 2007. Nunha terra así: moito traballo para pouca colleita. Sachas e sachas para que, cando chega o inverno, a arca do pan estea sempre a medio encher.
Escairon escribe. Somos oitocentos e pico: ¡Se chegamos a ser doce mil! |
3 opinions:
e o eu can cazou unha mosca...
08:28
penso algo parecido cando vexo unha morea de xente mirando coma parvos unhos homes en calzoncillos detrás dunha pelota e sen facer nada na vida máis ca correr...logo a mitade deses homes colle un pico e unha pala e está ao día seguinte dándolle ao pico 8 ou 9 horas para non chegar a fin de mes, se a parienta non trapichea de algunha maneira para levar os cartos que faltan para aturar ata fin de mes na casa. E nin se cuestionan a súa mala sorte...confórmanse con pensar que algún fillo ao mellor lle da á pelota coma os que miran na tele ou no estadio, e así van tirando...cando o real é que xa de pequenos ao marear a un coa pelota os pais lle deran unha lasprada e lle enseñaran a pensar coma Brad Pitt: "paréceme unha obscenidade o que me pagan por unhas horas de traballo", polo menos o recoñece!...é o que ten a sociedade capitalista: págase millor ó fume que a leña. Dentro de pouco todos actores, ministros ou futbolistas. E despois a vivir coma deuses dando conferencias e asesorías por matar iraquíes nun día de mala morte...pensan que van recoñecer que fixeron unha desfeita en contra da opinión sabia do pobo? ahí tendes ao Bigotes e ao Blair dando conferencias...ainda levan menos traballo ca correndo detrás dun balón facendo o imbécil.
Para que logo digan que o probe Branco non traballa e por máis ou menos un patacón partido ao medio....éste xa non se consola con pensar nun fillo futbolista...chégalle con saber que é de Betanzos!
09:03 eu non chego a reflexións con tantas letras cando alguén pon isto... Superhenry como vostede di, sucumbe aos "placeres" da carne (lembremos que a natalidade en Barcelona disparouse nos nove meses posteriores ao 2-6 entre os "grandes"). Eu isto tómomo máis polo lado humorístico, que é máis san. Efectivamante como xa indiquei, o meu can cazou unha mosca... ao chaval que lle vaia ben. Agora a ver se os 1000 homes libres de Betanzos saen a correr en pelotas polo Campo detrás dunha pelota.
Para min é unha magoa... e xa cambiando de tema... É noticia que un "chaval" que corre e ten certas destrezas non moi aló, poida ser figura relevante do papel "couché". O Angel Martín de "se lo que hicisteis" fala da tipa que lle tocou a chorra a un asasino de animais... grandes mentes que nos enchen...
Hoxe estou rosmón cultureta... en Betanzos está unha das mellores escolas de grabado do mundo. Cando llo dis a alguén da vila, tes dúas respostas inmediatas en forma de pregunta(curioso cando estás facendo unha afirmación): "que son os grabados"??? en Betanzos???.
Imaxinádesvos por algún momento que no val de Jerte, un paisa vos afirmase cunha pregunta: pero aquí hay cerezas???
Pois algo así pasa na vila brigantina, pero ao revés... a xente sorprendese de que haxa algo desa calidade e con esa proxección.., ou o máis triste, non o sabe directamente...
Superhenry, despois de ler tantos libros, prefire ao can cazador como símbolo de triunfo.
E os 1000 homes libres en pelotas co facho da liberdade correndo polo campo adiante detrás dunha pelota.
Magoa que non se lembrase da chavala, Roel, que ten bastante máis mérito (por ser muller) ir contra corrente e practicar un deporte duro dos de verdade. E xa digo para que ninguén se ilusione, que iso tampouco lle da prebendas sociais especiais... eu sonvos pouco grego para os rollos eses mitolóxicos de culto ao corpo que enriquecen a mente...
Xa daquelas tiña Superhenry o outeiro funcionando... pero que llo digan a el, que paseaba o carriño dos nenos... iso si que era meritoso...
Tampouco non é nada novo.
Efemérides del mundo moderno... moitos nos gustan os superheroes...
Así lle vai á vila... panda de xente acomplexada...
Publicar un comentario