A indignacion do vecindario e coma un bidon de gasolina cun trapo fora a espera dun misto.
Os veciños dos Anxeles e da Cruz Verde andabamos preocupados polas obras que se levaban a cabo diante dos Soportales, no que se refire o acceso as vivendas, garaxes e locales comerciales. Tanto e asi que dous representantes foron falar cos concelleiros responsables de Obras e Urbanismo.
Deronnos conta de duas cuestions: 1. A amabilidade e a educacion no trato dos concelleiros. 2. A certidume de que a rua dos Soportales seguiria sendo de doble sentido.
Onte aparecia na prensa que "El Concello reordenará el tráfico la zona de los Soportales a partir de mañana". (Non e erro meu, esta asi escrito).
Penso que xa teriamos tema suficiente de polemica falando sobre se as terrazas deben considerarse fixas ou non, e se o deseño e ou non adecuado.
E agora esta tomadura de pelo, este inaudito atrevemento de poñerse a xogar con lixeireza cos dereitos e os intereses de moitos cidadans.
¿Imaxinaron os integrantes da Xunta de Goberno Local o efecto que lle estan causando os donos de locales comerciales da zona dos Anxeles e da Cruz Verde?
¿Quen vai comprar un baixo comercial nun lugar no que os camions de reparto de tamaño normal non poden entrar? ¿A quen se lle pode pasar pola cabeza que a entrada a unha zona de nova construccion sexa a traves da rua das Monxas e da Fonte de Unta? ¿Saberan utilizar, o menos, o metro para medir o ancho dese traxecto? ¿Visualizaran a traxectoria que necesita un transporte que, baixando pola Balbina e despois de salvar un escalon inimaxinable, teña que xirar en angulo recto para ir os Anxeles?
¿Onde se pode atopar un limite de velocidade de 20 km/h coma o que se nos pon diante da Balbina?
Como se pode ter a desfachatez de pisar os dereitos de trescentos por favorecer a tres ou catro. E inaudito.
Fai uns anos entrabamos nas nosas ruas dereitiños. Parece que o interes comun obligaba a que non fose asi e transformouse o Campo nunha rotonda. Bueno, que todo sexa polo ben comun. Pero e que agora pasamos dunha rotonda a outra rotonda: Antes unha liña recta, agora para entrar na casa temos que facer un oito.
Eu ando a pe. E prefiro que por onde vivo pasen os menos coches posibles. Por min que puxesen os Anxeles e a Cruz Verde peatonales con acceso os garaxes, como sucede en moitas ruas doutras cidades. Pero non se trata de defender o que a un lle gustaria senon de ser xusto.
Este e o fondo. E da forma, ¿que me din?
¿Podese tomar unha decision deste tipo sin consultar cos cidadans os que se lles lesionan dereitos? ¿Esta permitido mentirlle a quen pregunta por algo que ten dereito a saber? O mellor se no lo explican vemos ventaxas que agora somos incapaces de imaxinar. ¿Ou e que aqui mandan uns e os demais temos que obedecer sin rechistar?
E aqui ven a parte mais dura para min. E dificil describir a sensacion dun candidato municipal que levaba como lema a claridade e a transparencia, e que fixo a campaña electoral declarando que con Cidadans por Betanzos entraba a cidadania no Concello sin a intermediacion de ningun partido politico, escoitando a un votante indignado decindo que neste Goberno Municipal os cidadans non pintamos nada.
E despreciable comerciar coa ilusion de centos de personas as que se lle falou dun Concello de paredes de cristal. E indigno ter a maioria na Xunta de Goberno Local, e a concelleria de Participacion Cidadana, e que os veciños nos teñamos que enterar pola prensa dunha decision que tanto nos afecta.
Terei que cargar coa responsabilidade de ter participado en todas as reunions que deron lugar a formacion deste Goberno Municipal. Non me queda mais remedio. Tamen teño que asumir as criticas dos que votaron a CxB e agora me comentan que o que quedara das suas ilusions sera un album fotografico ridiculo no que se pretende aparentar que se fai o que non se fai.
Igual que esas duas paxinas de propaganda no periodico dos comerciantes. Politica de escaparate. Triste.
Estou canso de escoitar queixas fundadas dos que votaron unha idea de representacion colectiva. Dos que se fixaron nuns carteles electorales nos que se retrataba un colectivo que se comprometia a ser o seu intermediario diante do poder municipal. E que agora se atopan coa realidade. ¡Como non se van sentir estafados!
Quero que quede clara unha cuestion: O fracaso e de todos os que fomos nunha lista e nos comprometemos a cumplir un programa electoral. Pero a idea de resolver os problemas mediante unha representacion politica basada nun funcionamento asambleario, e a maneira de levalo a cabo os dous primeiros anos, sigue sendo hoxe mais valida que nas eleccions do 2007. E o ambito municipal o unico que permite que o sistema mais democratico que se leva inventado para a toma de decisions politicas poda funcionar.
Cando o desprestixio da clase politica e de tal nivel que os cidadans a califican de problema, e as encuestas dan abtencions do 45% nas proximas municipales, movementos de representacion directa son mais necesarios que nunca.
E durante dous anos CxB cumpliu esa maneira de facer que tanto gozo lle produce a maltratada Democracia. Todas, repito o de todas, as decisions relevantes foron tomadas en Asamblea General.
Do que pasou despois xa dixen todo o que tiña que decir.

CODA: Fagan clic aqui para ver o perfil politico do barrio.
|
4 opinions:
que cuentas de esa manifestacion de la plataforma de afectados por la decision? anad mariño haciendo agitacion social contra sus excompañeros y el gobierno qeu ayudo a parir por despecho?
nadie está enterado de esa concentración. p q no se le ha dado publicidad?
ufff... entenden agora porqué me sempre dixen o que dixen deste individuo??? nin claridade nin transparencia houbo no caso dos pita, onde defendeu con dentes a súa rabieta de enteradillo.
Agora faise a ofendida como nunha mala telenovela...
Patético :(
ahora dime una cosa, mariño.
¿en serio te engañaron estos de CxB para presentarte en sus listas?
si me dices que si, entonces voy a pensar que te falta un hervor, porque se que vives en betanzos desde hace muchos años y creo que es tiempo suficiente para conocer el historial de la gente.
yo creo que deberías montar ahora otro cxb, esta vez de verdad.
Publicar un comentario