Mentiras e verdades

Estou moi canso, e volver sentir a sensación de medir todo o que escribo prodúceme unha fatiga estructural. Paréceme que todo o que tecleo xa o tecleei outras veces e que camiño por carreiros polos que xa levei as vacas ó prado moitas veces.
Xa fixo tres anos que este Outeiro botou a camiñar, tentando de crear un espacio de libertade no que se lle rendise culto á razón e ó librepensamento. Por eso tiña pensado xubilarme esta primavera.
Deixar a monte o Outeiro e de vez en cando, máis para min que para os visitantes, escribir sobre o meu xeito particular de ver o mundo.
Pero anda por aí unha fada cínica que non me quere deixar á marxe, sabedora ela da sobredosis de protagonismo que padezo.
Pero Afrodita sábese fermosa e deseada, e non se compadece deste nostálxico que, cando o barullo inunda máis que as mareas vivas do Mandeo, vese asomado na ventana dun mosteiro da Ribeira Sacra, mirando como as muras se van enchendo de mil tonos de marrón baixo os raios mornos dun amanecer de outono calquera.

Por eso esta maneira de mentir zafia intensifica o barullo e con él as ganas de mandar o raciocinio de vacacións a Ribeiras de Miño.
Pero non podes facelo pois, desafortunadamente, ti non eres neutral.
Formaches parte dunha candidatura electoral que prometía usar dúas ferramentas irrenunciables, de conseguir butaca no Pleno Municipal: a claridade e a transparencia.
Antónimos da mentira, como todos vostedes saben.
É por eso que este Administrador -que está hoxe nas mesmas coordenadas políticas, sociales e culturales que o primeiro día (costou moitos anos ilas lixando e torneando pouco a pouco)- non debe quedar calado.

Si os nosos gobernantes tivesen lido a Maquiavelo, saberían que a mentira e a violencia só se poden permitir cando o fin que se pretende e o ben común.
Cando a mentira ten como fin favorecer a uns cantos a costa dos intereses de moitos máis, os feitos non teñen nada que ver co secretario florentino. Nese caso compre falar de autoritarismo ou de despotismo. Perversións da democracia, resumindo.
E non fai falta ter lido El Príncipe para entendelo.

Por suposto que o sistema representativo democrático consiste en que os cidadáns eleximos libremente(¿?) a uns representantes para que gobernen. E gobernar consiste en tomar decisións. Pero desas decisións deben rendirse contas no día a día e non cada catro anos como se pretende.

E no Outeiro é coma se volvesemos ó 2007. O entorno cambiou (mandan outros) pero neste pedregal síguese mantendo que Só se pode vivir nunha sociedade libre e responsable se se consigue que os individuos que a integran sexan tamén responsables e libres. É un principio ético que debería determinar esencialmente a moral pública por encima de crenzas e militancias.
Pero eso non lle interesa ó poder.
Todo poder tende a ser absoluto e eterno, de aí que case todos pretendan manterse nel. Se a eso lle sumamos que o poder corrompe, e que canto máis absoluto é máis absolutamente corrompe, temos todos os ingredientes do guiso.

Quen comparte eses principios, entende perfectamente o que aquí se escribía sobre o PSOE antes, sobre CxB agora.
E non son comparables, porque Cidadans por Betanzos presentouse coma un proxecto colectivo de rexeneración democrática. Cando con esas premisas se opta por xudicializar a vida municipal, utilizando o diñeiro de todos os cidadáns para defender intereses que nada teñen que ver con eles, é imprescindible (cando as denuncias rebotan) manter un mínimo de coherencia ética e asumir as responsabilidades políticas pertinentes. Irse para que o colectivo non cargue coas consecuencias.
Pero para eso hai que saber que nun proceso colectivo igualitario non se pode conxugar a primeira persona do singular. O YO non pode existir (hai que deixalo todos os días colgado da percha antes de sair da casa) ó non poder convivir co NÓS.
Para min, Cidadáns por Betanzos forma parte do pasado. O único que hoxe me molesta é o efecto desmovilizador que está provocando. Terán o mérito, terémolo, de transformar mil quinientas ilusións en terra queimada.
Coma se unha carballeira recén plantada fose arrasada polo lume dos agostos.
Para xente honesta, esa é unha responsabilidade enorme.
Pero ése é outro cantar.

Sucede agora que a carraca da otra vuelta de tuerca, e Cidadáns por Betanzos pon a súa firma en comunicados nos que se acusa a cidadáns serios e honestos, que se preocupan pola vida dos veciños, de mentirosos (algúns votantes deles, por certo).
Cidadáns que fan xustamente o que eles se comprometeron a facer.
¿Ou é que non se entende o que quere decir Participación Cidadana? Pois deberíase cando se cobra por elo.

Os que non comparten os principios éticos dos que falamos, murmuraban antes que algo lle deberían ter feito a blancolexitimo os Lagares, e agora que o que se escribe responde a un afán vengativo frente a unha hipotética afrenta de CxB.
Non hai nada que facer.
Non é de extrañar, nun país no que os programas do corazón consiguen as máximas audiencias, que a coherencia e a honradez parezan condicións extraterrestres. E que o culto a verdade, como maneira de respetar a todos os que se achegan por aquí, pareza estar pasado de moda.
Porque aquí ou se di a verdade ou non se di nada (lóxicamente hai moitas cousas que calar cando un participa en negociacións politicas representando a un colectivo).

Para entender o desprestixio da clase política non teñen máis que analizar o que sucedeu estes dias: Dúas personas reúnense cos concelleiros de Obras e Tráfico e outra chama por teléfono, para interesarse pola circulación por diante dos Soportales.
A resposta é que quedaba como estaba.
Logo chantan un sinal de dirección prohibida e din que minten os veciños.
Que seica non preguntaron polo tráfico. ¿E logo cal era a súa preocupación, ho?

E, inexplicablemente para min, o goberno PP+CxB publicita que tres cidadáns honestos minten. Pero nas distancias cortas, cara a cara, calan. E ó que lle quedaba unha pequena dúbida xa ve totalmente claro que a claridade e a transparencia pasaron a mellor vida. E que temos un Goberno Municipal que é solidario na mentira.
¡Co fácil que sería admitir que se cometeu un erro!
Si minten por unha cuestión menor, ¿que sucederá cando se traten asuntos comprometidos?
O que din os libros é que a mentira se multiplicará polo mesmo factor que relaciona a importancia dos asuntos.
Por eso non é unha cuestión menor este tema do que falamos. A mentira é coma o embarazo: Unha muller ou está embarazada ou non.
E os nosos gobernantes pensan que desta só se embarazaron un pouquiño.

Pero non se trata solo deso. O outro día, líase en El Ideal Gallego que «Partido Popular y Cidadáns por Betanzos también rechazaron las acusaciones de “imposición” vertidas desde distintos sectores sociales en relación con la obra ejecutada en O Campo, Fonte de Unta y Os Soportais.»

Ou sexa que se leva circulando por aí desde que os coches teñen rodas, mínteselle os veciños que tratan de informarse e sin darlle explicacións a ninguén chantase un sinal de dirección prohibida, e eso non é unha imposición.
¿Tamén suspenden en Lengua Española?
¿Como pode un adulto medio defender que decidir unilateralmente «Prohibido circular por aquí» non é unha imposición?
Non queria crelo, pero todo parece indicar que pensan que somos bobos.

Como aquí xogamos con outro reglamento, se se di que os camións da obra do Hotel Los Ángeles entran por dirección prohida é que os camións que traballan na obra do Hotel Los Ángeles entran por dirección prohibida.


É a diferencia. E como a verdade termina sempre por impoñerse, a razón está do lado de aquí, aínda que neste pedregal só sache un e eles sexan tropecientos.


3 opinions:

Anónimo

A verdade é que esto xa o contaba Gulliver cando eu era pequeno de que discutían e formaban unha guerra por un ovo ...que si o partían pola mitade ou por outro lado ...e a min que iso me facía rir , trasladado ao concello de Betanzos non me fai gracia ningunha. Pero qué se pode pedir dun país que se pasa a vida mirando porquerías dunha xente que encerran nunha casa que só fai títeres dos malos, e xa sae dela co pan debaixo do brazo por facer máis títeres de por vida, ou escoitando parvadas da Belén que só fala do ex e aburre que da noxo, ou se colga dunhas novelas que veñen a dar leccións de amor trasnoitado mezclado con rezos de curas, vinganzas, milagres e bodorrios, ou nuns programas para a xuventude no que o malfalado de turno ten abono na pantalla de por vida só por poñer aos ex ligues á parir ou que nunha tétrica pantasmada que xe chama non sei qué de tufo eurovisivo rancio, a un individuo que se toca os collóns e insulta a quen se lle pon diante lle choven contratos nas privadas...?
Dende un dos millores medios de expresión danselle ideas ao público de convertir a sociedade nunha troulada.O Concello navega nesas augas e a río revolto todos mollados ou salpicados e non precisamente con auga limpa.
O problema xurde cando a xente se cansa de tanta molladura que se parece xa ao pis e por enriba ten que dicir que chove.

Anónimo

joder,es alucinante, no sólo circulan esos camiones por dirección prohibida si no que también mantienen parados y hasta obligan a dar marcha atrás al resto de los coches que ESTAN CIRCULANDO BIEN. ¡Que despropósito!, es vergonzoso.

Anónimo

hahahahahaahahahahaha, agora a Superhenry fodeuselle o choio, os ceporbianos PP-b saen do goberno...
Un carguillo betanceiro do PP chismnorreoume fai uns días que están preparando a cabeza da Faraldo, que non serve, de aí esta xogada, tensar a corda para sair reforzados. Eche pouco lista a ultradereita. Superhenry coma sempre nin se entera da pilícula pensando no rollo ese das direcións, como se lle interesase a alguén. Nótase que non aprendeu nada dos que se riron del mentres el pensaba que era a súa persoa, con fatiga estructural (alguén sabe que significa iso??? ou seica que de tanto ver obras agora utiliza terminoloxía da arquitectura???) a que dominaba o chiringo... probe.
Eu volvo a repetirllo superhenry, o problema da xente tan lista coma vostede, e que acabamos en Betanzos padecendo o que vostede describe e que tenta facernos que non ten nada que ver