Sobre o periódico de ACEBE



Cada mes está nos buzóns o periódico dos comerciantes de Betanzos.
Enténdese coma o establecemento dunha relación entre os que teñen algo que vender cos seus potenciales clientes.
Un leva moitas alegrias ó lelo cando ve coma xente nova que conoce triunfa no baloncesto, no piragüismo ou no Troula, por poñer exemplos deste mes de abril.

Por eso resulta inexplicable o trato que se lle da a 1.211 deses potenciales clientes que se dirixen á publicación para que se faga eco dunha reinvindicación veciñal.
Pensen vostedes que faría unha empresa calquera cando recibe un comunicado firmado polo 10% dos seus clientes.

Un comerciante honesto que ve como a crisis anda á caza do Autónomo, debería responder a esta solicitude coa seriedade necesaria.
Él vende bens e servicios e os seus clientes pídenlle que se faga eco de algo que lles preocupa.
Hai un mínimo esixible: Poñerlle título a noticia cunha letra de segundo ou terceiro nivel e logo copiar textualmente o documento que lle remiten os veciños, indicando o número de firmas que o acompañan.

Aséptico e respetuosos cos seus clientes da mesma maneira que cando abren a porta do seu negocio.

Digamos que eso é o lóxico e o decente. E o que eu, se fose comerciante e socio, esixiría.

Voulles mostrar o respeto que lle merecemos 1.211 clientes ó medio escrito dos comerciantes de Betanzos.

A importancia que un medio escrito lle da a unha noticia ven determinada, ademais de polas columnas que ocupa,:
- Pola Sección do periódico na que se atopa.
- Polo tamaño da letra do titular.
- Pola presencia de fotografías.

Vou comparar dúas noticias da Sección Praza do Campo (para que a comparación sexa homoxénea):
- O Día do Socio da Asociación Veciñal e Cultural de San Martiño (que non sei quen son e utilizo como patrón) que reuníu a 50 personas.
- A presentacion de 1.211 firmas pola Plataforma Veciñal Ánxeles-Cruz Verde.

Vexamos os titulares (poden facer clic nas fotos para ampliar)

Vexamos agora as noticias completas

(A catro columnas)


(Unha tira -unha columna-)


Vostedes busquen as súas razóns e fáganse a súa propia idea. Eu limítome a darlles a miña.

Por si esto non fose suficiente, a análise da noticia é demoledora. Está dividida en catro párrafos:
- No primeiro fálase de quen.
- No segundo de cantos.
- No terceiro faise un resume mínimo do Manifesto
- No cuarto escríbese: "A decisión de suprimir o dobre sentido de circulación nesta zona foi adoptado polo Goberno Local en base a informes técnicos, tal e como explicaron fontes municipais, que indican que esta medida ofrece maior seguridade e menos retencións".

Vexan vostedes que despois de non darlle prácticamente importancia ó que piden 1.200 dos seus clientes e de presentar un resumen mínimo, no último párrafo opinan sobre él e desautorízano.

É asombroso o grado de desprecio.
Nun medio ligado a un partido político (moitos máis dos que se pensan) non me extrañarían a censura e a manipulación das noticias (é algo habitual), pero nun periódico duns comerciantes que deben ter en conta o que opinan unha parte importante dos seus clientes, é inexplicable.

¿Como é posible que sexa máis importante para eles a festa que fan 50 veciños, que 1.211 cidadáns que lles solicitan coas súas firmas e DNIs que se fagan eco dun problema que teñen?

Eso ten un nome: Control de medios de comunicación e manipulación. Primeiro os que nos gobernan trátaronnos coma 31 pelagatos e agora o periódico dos nosos comerciantes quere calarnos e quitarlle importancia ó que pedimos.

Se eu fose un socio desta Asociación estaría indignado polo trato que se lle da ós meus clientes. Realmente indignado.
Pero eu só estou no Outeiro escribindo o que penso.

¡Ó mellor Betanzos e a súa comarca non é un periódico dos comerciantes!
¡Ó mellor non lle interesamos como clientes e prefiren que vaiamos comprar á Coruña!
¡Ó mellor os comerciantes non son responsables deste tipo de cuestíons e deberían preocuparse algo máis do que se escribe no seu periódico!

Estou seguro que a maior parte dos comerciantes de Betanzos non poden (non deben, polo menos) compartir este tipo de conductas, pois o marketing di que o pequeno comercio debe fidelizar clientela en base ó trato personal e diferenciado.
E actuacións coma esta póñenlle unha bomba de reloxería a esa relación comerciante-cliente.

Pero a fin de contas, ¡alá eles!

NOTA:
Teño escrito aquí sobre a importancia das asociacións de veciños, sendo eu mesmo membro dunha delas.
Quede constancia, para evitar dobles lecturas, que me parece imprescindible que os veciños de San Martiño se asocien para defender os seus dereitos e que, en Galicia somos xente intelixente, fagan as xuntanzas arredor dunha mesa ben surtida de viandas.


2 opinions:

Anónimo

Pero bueno, Mariño ! xa só falta acristalar as terraciñas, invento made in A Coruña, para ser coma os da capital, poñerle estufa para ampliar o negocio no inverno, e que os coches de liña e os peatóns que aparquen e esperen no tellado, e ti empeñado en non levar o teu coche ao lombo para chegar á túa casa?
Quen che di a ti que nun futuro non se fagan as rúas peatonais e se lles roube un anaco de acera diante dos seus negocios, para que xa que se camiñará polas rúas, supoño que os coches entón polo ar, as aceiras servan para fines semellantes aos das terraciñas? Iso é ter vistas do negocio e o que ti pides é egoismo ou preguiza...xa vas vello e non podes co coche enriba!

Anónimo

Pero que esperabas de ACEBE y su panfleto, no se mojan ni por su madre, no hace falta mas que ver la directiva que tienen, aunque bueno hay de todo, pero en conjunto deja mucho que desear.