Vai a pola pola pola




6 opinions:

Anónimo

Se queres convencer ao Feixóo das intríngulis da lingua e da necesidade do prefeccionamento dalle a volta ao conto e conta que unha pola que non pon a puxo o galo e empeza a poñer, e que o dono da pola deulle cunha "póla" na testa, porque nese intre non hai quen as ature, e vai a "póla pola pola", que o único serio do que dis e ese "ja ja ja" que se oe de vez en cando da pita que non pon ou pola que vai a poñer e que indica que es ben galeguiño e que como bó galego te sabes rir de ti mesmo, que foi o que fixo que o galego sobrevivise a tantos séculos de "asoballamento", falándoo nas casas e rindo do que eles só saben rir.

Anónimo

¿donde inscribese un/unha para perfeccionación?.
Teremos que ver si é unha póla, o un pito, pois o da cresta non está nada claro.
Noraboa, pola clase maxistral.

Anónimo

Pois eu non entendín moi ben de que vai isto. Superhenry, vostede está noutro cosmos vital, complexo para as persoas comúns e mortais.

Unknown

Soberbia unidade didáctica. Precisa na presentación, científica na metodoloxía e profunda no contido. Unha auténtica xoia da clarividencia educativa.
Unha xenialidade así hai que entrenala, non xurde nun momento por moi no outeiro que se estea. Estouno vendo os fins de semana, rodeado de familiares, cunha pizarra imaxinaria pendurada no medio da mesa do cocido e repetindo unha e outra vez as exactas realidades fonéticas da pola. Domingo tras domingo, cocido tras cocido porque sempre hai algún cuñado ao que se lle resiste un matiz.
Felicidades maestro, pola broma e pola pola.

Unknown

Por se non quedou claro co anterior comentario, insisto neste, como mestra, na mpresionante lección dun mestre inolvidable! Non te preocupes se alguén, aínda así, non captou todos os matices do texto, é o sino do ensino.
Grazas por este acercamento visual ao texto, xa sabes que axuda máis unha imaxe que mil palabras e, se é necesario, voltaremos a repetir a lección cos cabezas duras.
A un gran mestre!
Mila

John Deere

É indudabel que estas leccións, xunto co Manual de Galego Urxente do profesor Monteagudo, e o Diccionario de Usos de D. José María Caneda, configuran un "corpus" de obrigada consulta para calquera tribunal cualificador.Quixer ou non o profesor Mariño acaba de pasar o RETOVATO polo que ata hoxe era o campeiro dos tiles diacríticos.