Señora Alcaldesa

Señora Alcaldesa, voume dirixir a vostede aínda que moitas das cousa que vou comentar aquí pode vostede extendelas ós seus antigos aliados no Goberno.

Para CxB un único comentario: Compre ter perdido o norte para votar a favor de montar unhas estructuras metálicas fixas na praza máis importante da cidade, cando en todos os cascos históricos se están eliminando todo tipo de artiluxios modernos que limiten de xeito permanente a superficie útil dos espacios públicos e, sobre todo chamándose Cidadáns por Betanzos e sendo responsables da Área de Participación Veciñal, aprobar unha dirección prohibida que lesiona dereitos dos veciños sin convocalos previamente para explicarlles o proxecto e recoller as súas alegacións. Aínda que a min me parece impresentable, a día de hoxe non me produce a mínima sorpresa e, falando claro, impórtame un pepino.

Señora Alcaldesa, semella que non lle pareceu suficientemente indecente o feito de acusar de mentirosos a veciños respetables e de despreciar nos seus comunicados a pais e nais de familia que pacíficamente defendían os seus dereitos democraticos de opinión, reunión e manifestación. Homes e mulleres que traballan, cuidan os seus fillos e lle pagan o soldo a vostede e a todos os seus concelleiros.

Vostede e os seus concelleiros están o noso servicio e non nós ó seu, señora Alcaldesa.

Ten vostede enriba da mesa 1.211 firmas de cidadáns que se opoñen á súa ocurrencia inexplicable de meter o tráfico polo medio do casco histórico e dos peatons, transcurrindo como transcurría por un lateral do mesmo.
De verdade lle digo que me gustaría saber quen foi o técnico que firmou un proxecto tan descabellado. Por honradez debería facer públicos todos eses informes dos que fala. Aínda que solo sexa para saber a que bolsillos van parar os nosos cartos.

Como xa sabe, estamos agardando a retirada do sinal de dirección prohibida que nos impide acceder como é debido ás nosas vivendas e os nosos negocios. Tal como lle dixo ós nosos representantes

Pero tamén é sabedora de que despois houbo unha resolución do Pleno Municipal, a instancias dunha proposta do PSOE que foi apoiada polo BNG, que a obriga a voste a restablecer o doble sentido do tráfico pola rúa Ferradores.
¿Leuno ben? Di que A-O-B-R-I-G-A.

Non hai discusión posible: Ten a firmas dos veciños e a resolución do máximo órgano de representación popular. Do órgano no que reside a soberanía popular.
¿Como pode ser que o outro día lese na prensa que La comisión de Tráfico propone mantener los cambios aplicados en los soportales?

Copio: A la vista del acuerdo plenario y de las protestas de los vecinos, que ese mismo mes presentaron en el Ayuntamiento 1.211 firmas contra la reordenación del tráfico realizada en febrero, el Ejecutivo municipal convocó una comisión. Según destaca el PSOE, en la convocatoria de la reunión figuraba como asunto a tratar la restitución del tráfico en Los Ángeles y el barrio de la Cruz Verde, aunque se propuso lo contrario. Los socialistas también acusan al Gobierno local de negarle la posibilidad de fotocopiar para su asunto los temas que iban a ser tratados en la comisión.

Explíquenolo , sra. Alcaldesa.
Porque vostede non esta lexitimada democráticamente para prohibir a doble circulación por diante dos soportales tendo unha Resolución do Pleno Municipal que llo impide.
Ainda que non lle dea valor o que pensan 1.211 veciños dos que lle pagan a soldo, supoño que o notará vostede nas proximas eleccións nas que, según di, espera sacar a maioría absoluta.

Non pode facer o que lle dea a gana. Aínda que vostede e algún dos seus concelleiros parecen non enterarse, vivimos nunha democracia.
E nas democracias as decisións tómanas as maiorías.

Compre ter folgos para lucir ese salero, despois de perder 623 votos (o 19% dos que tiñan), obtendo tan só o apoio do 21% do censo electoral (o 36% dos votos a partidos).
Non chegan incluso a ser a lista máis votada e están gobernando Betanzos con 6 concelleiros de 17 (o 35% da Corporación).

E cunha desvergonza propia dun jicho de Vigo cunha pipa no sobaco, pretenden despreciar a 1.211 veciños e ás resolucións do máximo órgano do poder municipal. E vostede non pode (nin debe) ir contra unha resolución dun órgano de representación política que esta moito por enriba de vostede no noso sistema electoral. Ós que actúan desa maneira compre referirse a eles cunha serie de adxetivos que moitos veñen poñendo desde fai uns anos detrás do seu nome. Ben sabe que eu non comparto ese criterio, pero libremedeus que está vostede empeñada en darlles a razón.

Confésolle que vostede e o seu concelleiro Santos Cobelo me teñen impresionado (espero que entre os demáis haxa xente algo máis cabal). Actúan coma se tivesen maioría absoluta cun aplomo que para min quixera.
¡Non quero imaxinarme o que sucedería si a tivesen de verdade!

Desde logo carácter non lles falta. Pero témome que o que lles sobra de prepotencia fáltalles de competencia política.
Comprenderá que non se pode ter de todo.

Para rematar, e despois de agradecerlle os comerciantes de Betanzos o trato dado a 1.211 dos seus clientes (doctores en marketing empresarial ten Acebe), quero decirlle que os representantes da Plataforma Ánxeles-Cruz Verde solicitaron unha nova reunión con vostede, demostrándolle sra. Alcaldesa como se debe actúar en democracia e respetando as institucións ainda que sexan tan pouco representativas coma a que vostede preside.
Debería aprender algo.

Non sei o que tera artellado, ou se se lle ocurrirá unha nova maniobra de dilación.
¿Coñece o poema que Rosalía titulou A xusticia pola man?

Sírvalle para expresar o meu punto de vista no caso de que ese sinal non desapareza inmediatamente despois da reunión cos nosos representantes: o que debemos facer os veciños e circular como fan os camións de reparto e os volquetes das obras, non facéndolle caso a un sinal de dirección prohibida ilegal.

¡Xa está ben de ocurrencias, sra. Alcaldesa! En nigún concello de España se lle deu a unha persona con tan pouca representación política como vostede ten, tanto apoio e tanta libertade de actuación.

¿Como poden actúar con tanta prepotencia cando están gobernando con 2.687 dos 8.061 votos a partidos políticos que meteron na urna os betanceiros?

CODA:
Xa sei que hai quen opinará que eu teño unha parte de responsabilidade desa situación.Teñen razón. Pero confesareille algo que nunca escribín aqui: Nunca pensei que estivese tratando con xente cuns coñecementos tan escasos dos mecanismos de acción política. Por non falar, nalgúns casos, do anchos que lles quedan os traxes de demócratas.
Pero tampouco vaia a preocuparse demasiado. Se estivesemos nunha democracia da Europa desenvolvida probablemente os veciños non lle permitirían ocupar o posto un día máis.
Vivindo en Galicia ó mellor ten vostede razón e moitos veciños pensarán nos euros que está carrexando, aínda que con eles se dedique a facer cortellos na praza máis importante da cidade.

Habería que ir pensando no que debemos facer os que, a día de hoxe, non temos por quen votar.


3 opinions:

Anónimo

Se vostede vivise como di nunha "democracia" europea, o que pasou, sería esactamente o mesmo. Nótase que lle falta vostede viaxar...
En todo caso Superhenry, agora asumir que se equivocou non resolve nada.
O resto xa sabiamos por onde ían os tiros; menos vostede loxicamente.
Analice todo o que lle escribín aquí, detéñase cinco minutos e pense un pouco.
Agora so lle queda revisar toda a cantidade de lixo que botou neste sitio, e analizar cal foi o seu papel de tonto útil en toda esta xogada.
Por desgraza, vostede segue a ter a mesma actitude de sabelotodo que tiña antes.
Por certo, xa está ben de ter xente coma vostede insultando á sociedade (galega neste caso: que teima con pensar que somo retrasados-mentales- ou atrasado).
Se vostedes chegaron ao poder foi porque mentiron descaradamente á poboación, non por outra cousa.
Non lle achaque vostede ao resto o que é culpa súa.

Anónimo

Quizá deberíades, os que non tedes a quen votar, montar unha lista de cidadáns libres que traia a este pobo, claridade e transparencia.

Anónimo

Xa que é vostede tan demócrata e tan veciñal, vaia e fale co PSOE que é quen non quere sacala de ahi para aproveitar un maior rendimento político nas próximas eleccións. Falen vostedes co PSOE e díganlle que o pobo non pode agardar un ano mais de loucura e prepotencia. Fale cos de CXB e dígalles que o pobo prefire mil Lagares que unha soa alcaldesa. Fale cos partidos da oposicion, moi cómodos nesas posturas e verdadeiros responsables desta situación de caos. Eu . coma vostede, tamén penso en a quen darei o meu voto nas proximas elecions