Este Outeiro é un territorio no que se defenden a verdade, a libertade e a democracia. Estean onde estean e veñan da man de quen veñan. Nestes últimos tempos pensamos que si a sociedade civil non asume o papel e a responsabilidade de ser garante e vixía da democracia, esta deusa esquiva e fráxil morrerá a mans dos que enchen a boca decindo que a defenden, cando na realidade prostitúena. Esta nova burguesía sin empresas a que lle din clase política, que se sabe menospreciada, ten como único fin encher, agora sí, as súas alforxas. Coas excepcións de sempre, que xa non impiden que a sensación de corrupción vaia da man de todo aquelo que sone a político.
E temos que ser nós, a sociedade civil, os que asumamos a defensa dos principios básicos nos que se asenta unha sociedade moderna. Se non o facemos, andarse queixando polas esquinas coma plañideiras é máis propio de siervos, ou de ovellas dun rebaño, que de cidadáns da Europa do s. XXI.
E hai que empezar por onde hai que empezar: polo inmediato.

Fagamos historia e falemos da doble circulación por diante dos Soportales:
Un manifesto firmado por 1.211 veciños: En democracia o poder reside no pobo soberano. Un acordo do Pleno municipal: A toma de decisións en democracia lévase a cabo por maioría dentro dos organos que emanan directamente do exercicio da libre decisión do pobo soberano: Parlamentos, plenos municipales, ...
Unha parte do pobo soberano, 1.211 personas maiores de edade, elixen representantes para defender os seus dereitos históricos de acceder con normalidade ás súas vivendas.
Eses representantes dunha sociedade civil democrática, seguen os cauces que a deusa fráxil sinala e solicitan entrevistarse coa Alcaldesa para esixir que se cumpla o que o máximo órgano de soberanía municipal acordou por maioría. Paréceme que a última reunión foi o pasado 25 de maio. María Faraldo (que non representa máis que á terceira parte dos betanceiros que votan): "Dádeme unha semana de plazo para conocer o resultado duns informes, e xa me poño en contacto con vos por teléfono" ¿Informes? ¿Son necesarios informes para deixar as rúas tal e como levaban discurrindo desde hai centos de anos? ¿Non será unha mentira máis que sumar a todas as que se levan dito por esta cuestión?
Hoxe é 22 de xuño e xa pasaron catro semanas: ¿Estase mofando a Alcaldesa de Betanzos dun colectivo de veciños e das decisións do Pleno municipal?
¿Debemos permitir que quen non representa máis que á terceira parte da cidadanía de Betanzos actúe saltándose a la torera os principios esenciales nos que asenta o sistema democrático de representación?
É nestes momentos nos que os habitantes dun territorio deben decidir entre ser caseiros do cacique de turno, ou chantar os pés no chan para decir que as plazas, as eiras e as carballeiras municipales son propiedade de todos.
Ó meu ver, esa é a única cuestión que cabe plantearse nunha situación coma esta. O demáis é retórica.
|