De paso

Éme relativamente sinxelo elexir a Jacques Brel (en francés), Leonard Cohen (en inglés), Zeca Afonso (en portugués)...
Pero en español teño unha pequena duda entre o Serrat dos primeiros tempos (o conxunto de cancións que inclúe Mediterráneo convírteno nunha xoia) e este madrileño sensible.
É curiosa, incluso, a distinta visión da vida destes dous cantautores: Hilario cansouse un día de vivir e suicidouse, e Serrat leva varios anos peleando contra o cáncer coma un gladiador.

Aparte do significado especial que ten para min, De paso é un disco que compre escoitar con atención porque, entre outras cousas, os músicos que acompañan a Hilario son de primeiro nivel: sirva Jorge Pardo como exemplo.

Aínda que esta Princesa de cera é das menos conocidas, non pode deixar indiferente a todo aquel que estivese enamorado na adolescencia.