Un veciño dos Ánxeles-Cruz Verde






Ó serlles entregado ós representantes veciñales un informe do Secretario Municipal no que se dictamina que non sería legal a intervención no Pleno (e os veciños dos Ánxeles-Cruz Verde somos respetuosos coa legalidade), pídenme que lle dea aquí cabida ó comunicado que se tiña pensado ler.

A CONVOCATORIA:



O COMUNICADO:

Sra. Alcaldesa, Sres. Concelleiros.

Sra. Alcaldesa:

Estamos aquí en representación das 1.211 firmas de cidadáns deste Concello que lle entregamos a finales de marzo deste ano, solicitando democráticamente a restitución do doble sentido de circulación nas rúas Soportales e Ánxeles.

Estamos aquí en representación dun grupo de veciños que cando vostede decidíu modificar a maneira de entrar nas súas casas sin dignarse en informalos, se concentraron pacíficamente nunha rúa do barrio. Eses mismos veciños que se sentiron insultados cando vostede sacou unha nota de prensa ofensiva.

Estamos aquí en representación duns veciños asombrados de escoitarlles que os cambios na circulación os fixeron por motivos de seguridade, cando ata os nenos da escola saben que antes se bordeaba o Casco Histórico por unha rúa con aceras e pouca densidade de tránsito peatonal, e agora atravesamos a Zona Momumental por unhas rúas estreitas polas que hai un fluxo constante de peatóns, de moita pendente e sin aceras. Se vostede transitase por alí sabería que a xente se ten que meter nos portales no inicio da Cañota cando pasan os coches.
Tamén resulta un espectáculo ver ós camións de reparto e ós das obras entrando marcha atrás. Ó parecer tamén eso aumenta a seguridade dos viandantes.
Por non falar do deterioro do noso Casco Histórico, que tampouco parece importarlle demasiado.

Estamos aquí en nombre duns veciños que saben perfectamente que os poblemas de tráfico no barrio se debían ó aparcamento indiscriminado en zonas nas que está prohido facelo. A causa dos problemas é a deixación de funcións do seu Concelleiro de Tráfico e non á seguridade, pois ninguén recorda que se teñan producido accidentes relevantes nesa zona.

Pero eramos solo 1.211 veciños.

Estamos aquí para recordarlle que no Pleno de marzo de 2010 o Partido Socialista presentou unha moción na que pedía o apoio para restituir o doble sentido do tráfico nas rúas Soportales e Ánxeles. E que esa moción foi aprobada co voto de oito concelleiros frente os seis votos do seu partido. E como o Pleno Municipal é o órgano directo de representación política, e a máxima institución deste concello, eramos os cidadáns os que votabamos por delegación a favor desa moción.
Non foi suficiente, pois a prensa informábanos de que pretendera vostede manter os cambios na circulación nunha comisión de Trafico o 30 de abril. É evidente o respeto que lle merecen tanto a solicitude de 1.211 veciños coma as resolución do Pleno Municipal.

Estamos aquí para recordarlle que o BNG preguntoulle no Pleno de xullo Por que o Goberno local do PP se nega a cumplir o mandato plenario para restituir o sentido tradicional do tránsito na zona e cesar nos prexuizos ocasionados á veciñanza?, Contestóulles no Pleno de agosto que Se va a cumplir. Estamos pendientes de una obra en la parte más estrecha de la calle de La Cerca que obligará a cerrar la calle.

Despois de sete meses, pensamos que podemos decir que nos está vostede tomando o pelo. Tanto ós veciños dos Ánxeles – Cruz Verde coma ós membros deste Plenario que representa a todos os cidadáns de Betanzos.

Por eso estamos aquí para esixirlle que no plazo máis corto posible cumpla a obriga que este Pleno Municipal lle encomendou, e restitúa o doble sentido de circulación nas rúas Soportales e Ánxeles.

Queremos agradecerlle ó Grupo Municipal do PSOE a presentación da moción e ó Grupo Municipal do BNG o apoio a esa moción e a pregunta do Pleno de xullo. Tamén queremos poñer de manifesto e agradecer o apoio recibido pola Asociación de Veciños Rosalía de Castro.