Corrupción

A xente nova púxose a traballar e armou un mapa da corrupción política en España: o Corruptódromo


Aínda que habería que aumentarlle moitos casos que non chegaron ós tribunales e que para min son moito máis significativos desde o punto de vista político, pois deixaron co cu ó aire a corrupción sistemática organizada e non os casos concretos, a conclusión é tremenda:

A CORRUPCIÓN FORMA PARTE DO SISTEMA


as banderolas dunha cor acumúlanse nos sitios nos que gobernou máis tempo o partido que esa cor representa.

Iba escribir un epitafio do Movemento 15 M despois de ler, por exemplo, IU llama a la "insumisión" si la Junta Electoral no autoriza las protestas
Teño a impresión que moita xente non se da de conta que os mastines da política os están levando de novo ó redil: se temos que buscar responsables da situación de corrupción xeralizada que o mapa demostra, IU estaría en lugares preminentes: é tan responable coma o PSOE da corrupción en Andalucía e a súa sección nacionalista participou nos gobernos de Cataluña e País Vasco xusto nos momentos fundamentales en que se poñía en tela de xiuicio a solidaride para que todo español, vivise onde vivise, tivese os mesmos dereitos ca outro.
Un partido pequeno, ó que votei moito tempo, tiña a posibilidade de ser un referente ético: cambiouno polos oropeles e o sofá.
Non hai mellor exemplo que o da que foi alcaldesa comunista de Córdoba: da Xunta de Andalucía corrupta ó Goberno Zapatero.

¿E as noutro tempo queridas CCOO?
Desaparecen , xunto coa UGT, na representación dos funcionarios andaluces despois dos escándalos desa república bananera autonómica chamada Andalucía.
Paréceme que, tanto en IU coma en CCOO, a intelixencia foise para a casa e a honestidade morreu con Marcelino Camacho.
Fai pouco aparecían os funcionarios de CCOO, ós que votei nas pasadas eleccións sindicales (hoxe non o faría), retratados en homenaxe a Marcelino Camacho no aniversarios da súa morte. O pé de paxina da foto rezaba: "Marcelino era partidario da liberdade dos pobos"
Meudeus, ¡qué personal! Ou son imbéciles eles, ou pensan que somos imbéciles nós.
A min paréceme ben que haxa xente que defenda o dereito de autodeterminación e mire de promover cambios lexislativos que o permitan.
Pero que uns papanatas nos veñan decindo que Marcelino Camacho, ou Nicolás Redondo, eran partidarios dese dereito, non se pode permitir.

Esta IU e estas CCOO son máis responsables que calquera outro de que a política sexa unha cloaca:

Tamén o profesor de filosofía dun instituto vasco, católico e pacifista, que formaba parte do Goberno autónomo cando este propuxo un Plan Ibarretxe solidario cos galegos católicos e pacifistas.

Outra IU e outras CCOO eran posibles: en Italia a esquerda (o Partido Socialista Italiano desapareceu pola corrupción da etapa Craxi) serviu de estructura dunha casa común que se chamou Olivo, Margarita... e que agora está desaloxando á dereita de moitos concellos.
¡Ó mellor era este o momento de armar a nosa Casa Común!:
O nabo de Lugo, poñamos.

¡Desperta Mariño que xa non eres un neno!
Esto non é Italia nin limitamos ó norte con Francia, recorda que España limita al sur con Argentina.

Así que non queda máis remedio que, na próxima, firmar o epitafio do 15M e a miña renuncia a ser español. Estou pensando en elexir un territorio de acollida: Comala, Región, Macondo...
Tamén pode ser que a Miranda de Don Álvaro veña a ser o Esqueiro deste seu humilde servidor.

0 opinions: