pepe faraldo


gilaudio

¿Escribir?: ¿sobre qué?, ¿por qué? e ¿para qué?
¿Merece a pena perder un segundo pensando se ese qué se acentúa ou non en galego?
¿En que galego? (este non se acentúa): ¿no que mamamos os que o mamamos e reflexionamos sobre ese feito, ou no que inventaron os do biberón?
Os que máis falan da emigración son os que se quedaron aquí, ó quente: as fillas da E. marcharon todas porque non había que comer, mentras o fillo do cacique que lle prestaba os cartos para a viaxe tiña un haiga grande coma un campo de futbol.
Contáronme fai un tempo que o motorizado presumía de ser home de esquerdas e falaba con desprecio das fillas da E. porque votaban ó pepé.

¿Como será que sempre mandan, ou tentan mandar, os mesmos?

¿Cando mandarán os que saben para que sirve un transistor?

0 opinions: