Burgo das Nacións


En Compostela, no curso 1974-75 eu tiña beca no Burgo das Nacións.
Cando entrabamos no ¿Pabellón 24? e sonaba Moustaki, quería decir que o estudiante de Medicina da dereita do pasillo botara fora ó seu compañeiro de habitación, algo común naquela Residencia Universitaria DISTINTA, e conversaba cunha moza.
A música alta era imprescindible pois, sendo as paredes de papel, non era cuestión de compartir as respiracións profundas cuns compañeiros dados a ironizar sobre o divino e o humano.
Tiven un amigo devoto de Moustaki e desta canción, xunto con Le métèque.
A min o fillo de pai grego sempre me pareceu de segunda división frente ó trio Brassens-Brel-Ferré.
Pero non deixa de ser unha canción destacable.