Oligarcas indecentes
Franco morreu na cama porque a sociedade española non tivo a coraxe de pelear pola democracia como os tempos esixían. Despois da dictadura militar acordaron darlle todo o poder ós partidos políticos e ós sindicatos coa disculpa de que había que asentar a democracia porque o ruido de sables caqui aínda tiña moita forza. A medida iba ser provisional.
A Constitución, a Ley de partidos e a Ley electoral legalizaron unha oligarquía que, como moitos deciamos, unha vez instalada non estaría disposta a renunciar ás súas prebendas.
E así foi: poucos dudan hoxe de que, nunha gran parte, os políticos profesionales e os cuadros sindicales non son máis que unha camarilla de chorizos que utilizan os seus cargos para solucionar os seus problemas e os dos seus parentes, camaradas e amigos.
¿Como pode solucionar a vida de todos aquel que é incapaz de solucionar os problemas da súa propia familia?
Unha das características fundamentales da oligarquía é o apoio mútuo en todo aquelo que redunda en manter os seus privilexios.Un exemplo que xa teño posto: gobernando PSOE-BNG en Galicia, os enfrentamentos dos 38 bipartitos cos 37 populares foi unha constante durante toda a lexislatura. Houbo dúas excepcións que contaron cos 75 votos a favor: 1 - O aumento do soldo dos parlamentarios 2 - O Plus dos altos cargos, según o cal aqueles funcionarios que desempeñaban cargos políticos de libre designación (nomeados a dedo), ó volver á súa plaza de funcionario mantiñan o nivel funcionarial do cargo político que ocuparan. É ahí onde a oligarquía se retrata, ahí é onde se definen as fronteiras entre a nova burguesía e a sociedade civil. O que non o ve, ou é estúpido ou non quere velo porque ten intereses no negocio. Porque vostedes supoñe que: - Saben que os adolescentes que nos gobernaron, mandados por RodrígueZapatero, gastaban todos os días, durante os últimos 3 anos, 27 millóns de euros (4.492 millóns de pesetas) máis do que ingresaban. Según datos do Banco Central Europeo. - Saben que por eso estamos arruinados e debiamos a finales 2011 864.000 millóns de euros, 18.383 euros por español. - Saben que hai 5.200.000 personas que buscan traballo e non o atopan. - Saben que nos estan desangrando a impostos: IRPF, luz, sanidade. educación... - Saben que lle rebaixaron o soldo ós funcionarios ó mesmo tempo que lle aumentaban as horas de traballo. - Saben que siguen rebaixando as pensións (dinlle conxelar, pero ata unha nena de ESO 1 sabe que si todo sube e os soldos non...). - Saben que cada español paga 2.000 euros ó ano polos intereses dos cartos que pediron prestados os que nos gobernaron. - Saben que hai moitos reputados economistas serios que din que desta non saímos. ¿Que fai a oligarquía diante deste panorama? Andalucía: Todas as encuestas vaticinaban que o PP, a partir do día 25 de marzo de 2012, tería a maioría absoluta no Parlamento Andaluz despois de 30 anos de gobernos do PSOE. Catro diás antes da cita electoral, o 21 de marzo de 2012, o Goberno socialista pon en mans da Agencia Andaluza de Cooperación Internacional unhas subvenciones de caracter excepcional polas que
UGT recibe 971.318 euros para tres proxectos e CCOO 1.024.661 para dez proxectos
Pero as encuestas equivocáronse, e os corruptos que gastaban os cartos dos parados en farras e regalándollos os amigos (sempre do PSOE e da UGT), os que metían nos ERES de moitas empresas a nais, primos e cuñaos que nunca traballaran nelas (sempre coa complicidade de CCOO e UGT), solo perdían 9 diputados. Como 6 dos 9 foron para ós cómplices do patio traseiro, en Andalucía seguirán gobernando os políticos máis corruptos da historia da democarcia española. Xa pasara antes en Valencia, coa oligarquía da outra ribeira (que para min é a mesma ribeira: a dos chorizos corruptos).
A teoría das dúas ribeiras é moi sinxela para min: a ribeira dereita é a dos chorizos corruptos da oligarquía política e sindical, na da esquerda malvive a xente honesta e traballadora que mantén en pé este país.
De todas as maneiras, en Andalucía os abstencionistas obtivemos uns resultados extraordinarios Invitoos a recapacitar (a rebelión contra o poder ten que producirse na cabeza antes que na rúa): Si en Andalucía hai un 31% de paro. Unha renta per capita de 17.587 euros (a segunda máis baixa de España por encima dos 16.149 de Extremadura) que representa o 75,6% dos 23.271 euros que é a renta per capita media das Comunidades Autónomas. Últimos datos do INI. A segunda en fracaso escolar (despois do 40,8% das Baleares): o 37,5% das personas entre 18 e 24 anos non terminaron a ESO, frente o de por sí esaxerado 31,2% de media española. Ver. Con eses parámetros, que unha sociedade non se rebele contra os que levan gobernando desde que estamos en democracia resulta increible. Cando ademáis está demostrado nos tribunales que son unha mafia corrupta, un dase de conta do que significa ese 37,5% de fracaso escolar. E tamén entende ós nacionalistas cataláns. Se eu fose un deses 31 de cada 100 andaluces en paro, sin cartos para manter á familia, e lese que o meu Goberno lle da a UGT 424.999,99 euros para a Mejora de las capacidades organizativas y de incidencia política del movimiento sindical en Costa Rica, non sei o que faria. Pero a algúns desa pandilla de ladróns íbaselle conxelar a sonrisa. Pero claro, a maior parte dos andaluces non teñen acceso a eses datos e limítanse a ver Canal Sur (o máis parecido á TV dunha dictadura que levo visto) e a ler a prensa andaluza (e menos mal que pechou Público, qeu era o periódico que Griñan promocionaba comprando máis de 30.000 exemplares diarios para os organismos da Junta de Andalucía).
¡¡Que duro é ter conciencia política e vivir nun país de siervos que se deixan manipular coma ovelliñas mansas por xente sin escrúpulos!!
........................................
¿Á sombra de que cerdeira descansarán aquelas CCOO de Marcelino Camacho ás que tanto tempo estiven afiliado e aquel PC eurocomunista que miraba cara a Italia de Gramsci, Togliatti, Berlinguer e Occhetto, polo que votaba ilusionado?
O mesmo que a UGT de Nicolás Redondo e o PSOE de Gómez Llorente, Sánchez Ayuso, Francisco Bustelo e Pablo Castellano.
Ou moita da xente daquela ANPG que se manifestaba en Monforte sin medo no ano ¿74 ou 75?: aínda teño memoria da sensación de camiñar ó lado dunha muller nova que empuxaba un carrito co seu fillo.
Naquelas manifestacións de Compostela, por moito que se preparasen as cousas, cando os homes de gris empezaban a vomitar pelotas de goma, os pés dábanche a velocidade precisa para dirixirte ós lugares que previamente escolleras como refuxio.
Pero agora estabamos alí para non sair correndo, coa sensación unánime de que Non nos moverán.
É moi dificil de explicarllo hoxe ós antifranquistas con Franco morto, que van de valientes prendéndolle lume ás papeleiras.
¡Galegas haxa como aquela que empuxaba o carrito dun neno diante dunha formación de homes vestidos de gris, cando diante dun home pequeniño de Ferrol temblaban homes feitos e dereitos!
Son aromas de xente honesta, efluvios dun pasado que non é deste tempo.
Os novos datos que acaban de sair son aínda máis aterradores: están no paro o 33,17% dos andaluces. Como poden ler aquí, eses dos que falabamos arriba veñen a decir que a culpa é do PP. Sei que o independentismo catalán vai en aumento, pois personas que nunca votarían esa alternativa están totalmente dispostas a facelo agora. E cando che falan destes corruptos que nos toman por imbéciles como unha das razóns, non tes máis remedio que calar a boca. |