Xa non hai anarquistas como é debido





Se algo tiña o nacionalismo galego que o facía distinto, no plano positivo, era a honradez e a capacidade de ilusionar a galegos non nacionalistas. Chegaron ó poder, o centralismo (mal chamado) democrático colocou nel ós máis sectarios e ós máis imcompetentes (na maior parte dos casos), e a semente que durante moitos anos foron espallando xentes capaces e honestas, gastárona uns saltimbanquis de medio pelo: recordo agora a viaxe a Cuba da Conselleira Bugallo e a súa tropa. ¿Non lles parecería mellor que en lugar de pagarlle mojitos ós cortesanos parásitos en La Habana, utilizaran os millóns de euros para comprarlle ós propietarios unha parte das Fragas do Eume que veñen de arder estes días? Daquela poderían estar coidadas e mimadas.

Se algo tiña o anarquismo español que o facía distinto, no plano positivo, era o internacionalismo solidario dos que, como decía Diderot, desconfían dos que queren poñer orden.
Pero nos últimos tempos solo se escoita falar deles cando arden os contenedores ou se reventan escaparates. De ser a conciencia crítica da esquerda (o socialismo libertario é probablemente a única referencia da esquerda despois de que o comunismo vise como a dictadura do proletariado se convertía na dictadura do partido - China é hoxe un exemplo-, co que os cuadros se convertiron na nova burguesía) a exercer de mamporreros desa oligarquía chamada esquerda-oficial que os desprecia e, cando fai falta, os fusila.
Pero, con todo, pode que a algún descerebrado se lle ocurrise inventar algún nexo entre esas gamberradas e a vella idea da acción directa. Vamos, coma comparar o frente de Teruel co peche en Económicas no 74.
A un poden entrarlle na cabeza términos como anarcosocialismo, anarcocomunismo, anarcocatolicismo incluso, pero o que non lle colle nos miolos é o anarconacionalismo.
Anarquismo e nacionalismo son términos antitéticos: fronteiras económicas frente a internacionalismo solidario. Máis Estado para os que están contra o Estado.
Pois nos últimos tempos fun vendo como, durante o Prestige quedoume absolutamente demostrado, os movementos antiautoritarios galegos se convertían en nacionalistas.
Unha sinal máis de que este é un país no que non queda sitio para a xente cabal: porque un pode ser anarquista ou nacionalista con todo o dereito do mundo, pero decirse anarconacionalista non deixa de ser cousa de adolescentes.
La Generalitat asegura que sería más rica si lograra ser independiente. Ver.
Resulta que ó mellor este é un país de adolescentes.

Decía Ferré que antes da revolución nas rúas había que facer a revolución nas cabezas.
¿De onde sacar os malatestas e bakunins necesarios?

Poden ver aquí como a cntgaliza nos dirixe a dous lugares distintos: na Galiza...  no estado español...
¿Saben como se chamaba aló polo 1900 a organización dos anarquistas españoles?
Organización Anarquista de la Región Española (OARE)
¿Entenden daquela cal é o sustrato ideolóxico do anarquismo que merece ser calificado desa maneira?

Esto é o mesmo que as palabras de Carrillo Soy un republicano juancarlista. Nunca fun capaz de entender que lle fixese gracia a personas que se declaraban republicanas.

Será que este é un país no que para estar na política solo fai falta unha condición: ser (ou pensar coma) un adolescente.