Grelos con chourizos caixagalicia 1

Abaixo temos ós que saqueron Bankia con nomes, apelidos e filiación político-sindical.
Sabémolo porque un periódico que navega en augas intermedias, El Mundo, o publicou.
¿Por que non o publicou El País, sendo como era Bankia un territorio no que o que tiña máis poder era o PP? Sinxelo, tería que falar de todos os que se enriquecían co diñeiro público.
¡Como van ser uns chorizos xentes do PSOE, de IU, de UGT ou de CCOO!
En cuestión de propaganda, os de PRISA son catedráticos. Sempre partindo de que os que len  El País ou escoitan a SER son da familia, ou xente de escaso intelecto.

Pero podemos pasar de Madrid á Coruña.
A primeira diferencia é que houbo unha proposta, paréceme ter lido que do BNG, na que se pedía que se fixese público o que cobraban os consejeros das caixas galegas: PP e PSOE votaron en contra. 
Noticia de La Opinión:
Fala da declaración diante da Fiscalía de tres exvocales do Consello de Administración de Novacaixagalicia:
- José Luis Veiga (do BNG) representante do Concello de Pontevedra.
- José Luis Regueiro representante de CCOO
- Miguel Argones representante de CSICA (sindicato das caixas)
Compáreno co de Bankia: a diferencia é que alí sabemos o que cobraban e aquí non.

¿Que pintan dous sindicalistas e un representante dun partido político no Consello de Administración dun Banco cuasipúblico?

O normal é que o Parlamento de Galicia elexise un Consello de Administración profesional, que rendise contas e fose auditado anualmente, para xestionar as caixas galegas.
Pero eso non interesaba porque:
- Cando un cidadán corriente pedía un credito para comprar unha vivenda nas caixas e non podía pagar as cuotas, a Caixa quedábase coa vivenda.
- Pero cando un partido político pedía cartos para as campañas electorales, as deudas contraídas acababamos pagándoas todos.
Lóxico, os que mandaban nas Caixas eran eles.

Oligarquía en estado puro, que solo pode subsistir nunha Galicia habitada por siervos. Siervos que aínda non chegaron ó estadio mínimo de conciencia democrática: os cidadáns somos o único suxeito de dereito e o diñeiro público é de todos.
¿Cantas veces escoitaron aquelo de O alcalde amañoume a entrada da casa?

E empezamos cos que menos poder teñen, dentro deste grupo de empresarios que constitúen a nova burguesía: quédannos as dúas grandes familias da oligarquía galega.
O curioso é que algúns destes chorizos non deixan de demonizar ós emprendedores que montan unha empresa respondendo co seu patrimonio personal.
Estes poden acabar na cárcel, os oligarcas de partidos e sindicatos, que figuran na Constitución, teñen licencia para roubar.

Adianto acontecementos: estes tres, que non deberáin estar no Consello de Administración dun Banco público como é debido, ó menos votaron en contra das millonarias indemnizacións, con cartos de todos os galegos, ós directivos das antigas Caixa Galicia e Caixa Nova.
Todos os demáis votaron a favor.