Ciutadans

Este é o Partido que eu, e o meu amigo P., axudamos a fundar.
Porque había que facerlles frente ós nacionalistas ricos que querían deixar de ser solidarios cos españoles que esixían os seus dereitos.
Porque Franco montou a SEAT en Barcelona e non en Ferrol. Por eso é normal que os cataláns axuden a pagar as pensións da nosa xente.
Pero ós nacionalistas galegos pouco lles importan as pensións, eles apoian ós independentistas cataláns:


total por unhas pensións de nada, non van eles cometer o pecado de decirlle ós seus socios de Galeusca que son uns dereitosos insolidarios co pobo traballador galego.


O máis curioso é que no BNG din que son eles os que maís defenden Galicia.
Eu non son quen de entendelo, e miren que o levo intentado
Dos tres, os dos extremos mandan en partidos que se declaran de dereitas, o partido do do medio seique é a esquerda de Galicia.
Eu non son quen de entendelo, e miren que o levo intentado.
 
Era para min unha nova maneira de militancia antifascista: os franquistas agora tiñan outros nomes.
Pero, coma antes, eles tiñan o poder e acabou resultando que os franquistas eramos nós.

 Non solo os nacionalistas, os socialistas e os comunistas moveron todos os seus inxentes aparatos para que Ciutadans de Catalunya aparecese como unha nova dereita, incluso menos respetable que a que eles calificaban de franquista: o PP.
Aínda que Ciutadans se nutría dos socialistas e comunistas non nacionalistas de Cataluña, os enaniños -estes e eses- repetían a consigna do xefe do rebaño.
Eles, que apenas saben facer a O cun canuto os pobriños, murmurando polas esquinas ós que coma eles non os dotou a Natureza do don do pensamento.

Aínda que no seu programa figurase o laicismo, a limitación de mandatos...
Nada, os da O cun canuto mandaban.

E as xuventudes fascistas reventándolle os actos e poñendo dianas coa cara do candidato


Pouco apoio recibiron da oligarquía política e sindical catalana.

Pero recibiron outros apoios.
Desta é o Sabina o que lle cede unha letra para a súa campaña


A oligarquía  corrupta seguirá decindo que son a extrema dereita.
Eles a recitar a Sabina


Nós tamén temos que facer algo para que unha Galicia dona de seu sexa parte do que queiran os galegos que sexamos.
Pero parte de algo que nos faga máis grandes, e non un recuncho independente e, forzosamente, indixente como queren eses que apoian ós que non queren seguir axudando a pagar as pensións da nosa xente.
Esa dereita catalana indecente contra a que xa se levanta media España.
En Galicia seguimos estando dormidos e anestesiados.
E mira que os de Gadis tratan de axudar a que levantemos a cabeza