O Prestige





O Prestige foi para un demócrata europeista (en términos políticos: manual de instruccións do comportamento democrático institucional) galego, da esquerda da praxis, o termómetro do nivel da democracia na sociedade galega.
Por eses días cheguei a conclusión de que eu nunca viviría en Francia e, a este ritmo, tampouco o farán os meus fillos.
Un accidente dunha chatarra flotante déixalle un marrón ós gobernantes: metelo nunha ría ou alonxalo.
As dúas alternativas a cada cal peor.
O comportamento do PP gobernante impresentable: temeroso, vacilante, sin principios claros para xestionar o accidente...
Resumindo, demostraron non ter capacidade para gobernar este país.
Mediocridade.

A oposición viu un cancelo aberto (desde aquela acostumbráronse a buscar cancelos abertos de por vida) e lanzouse a tumba aberta contra Fraga: escribin naqueles días que a coxeira de Fraga fora a causa pois andaba de caza e, cando lle iba tirar a un coello, falloulle a perna e o tiro foi pegar no casco enfurruxado do Prestige.
O acoso e derribo de Fraga, ó que eu desexaba desaloxar con papeletas democráticas, foi tan impresentable coma a xestión do accidente.
Ainda hoxe se lle escoita ós memos falar de hilillos.
Todo ese personal pensa que o pobo galego é menor de edade e retrasado.

Os once principios da propaganda nazi, atribuidos a ese enano sobrevalorado e coxo chamado Goebbels, cumplíronse case todos no agit-prop do momento: chega con que pensen no
Principio de la exageración y desfiguración: convertir cualquier anécdota, por pequeña que sea, en amenaza grave.

Eu notaba que a democracia era area que se nos estaba colando entre os dedos (houbo xente conocida que se deu de baixa de La Voz de Galicia) nunha loita polo poder que chegaba ata a tolemia de cargar a responsabilidade na Xunta, sabendo que eso podía costarnos millóns de euros ós galegos.

Estivemos en Muxía e entramos nunca carpa posta no porto (terreo público), e fomos asesinados pola mirada dos que alí estaban: eran revolucionarios vascos que viñan para guiar ás masas galegas na toma do Palacio de Invierno fraguista, que era o mesmo que franquista.


Pero algo bon terá, pensaba, si cambia a cor do goberno.
E así estaba eu: buscando argumentos que me axudasen a tragar que o fin xustificaba os medios.

E nesto apareceu areanegra (a nova páxina web sigue viva): unha coordinadora do ensino (se non recordo mal na primeira páxina figuraban tres mulleres como responsables).
Convocarán unha folga do profesorado, pensaba eu.
Pero naquel momento tiña poucas posibilidades de éxito.
E ocurríuselle non sei a quen (así é este país por permitir que a oligarquía político-sindical corrupta e ocurrente o controle absolutamente todo) que, como os profesores non estaban pola labor, recurrir o outro axente do sector, MOITO MÁIS MANIPULABLE, que non era outro que o dos alumnos.
E meteuse ós rapaces da ESO na campaña anti-Fraga convocando unha CADEA HUMANA para defender o medio ambiente galego. Decían eles.

Expectante, esperaba a reacción dos pais (asociados ou non), do profesorado que ten como meta formar personas con capacidade crítica que tomen as súas propias decisións (o único profesorado que merece ese nome), e das autoridades impedindo (na súa medida) que estudiantes de 13 e 14 anos participasen en movilizacións non convocadas por eles, e fóra do seu ámbito reinvindicativo.

Defender o medio ambiente galego é misión de todos, díxome un listo.
¿Como non se vos ocurriu defendelo en todos estes anos cos barcos que contaminaron a nosa costa?, contestei eu.


Na súa web, os organizadores falan de 45.000 estudiantes e 3.000 profesores e profesoras (con docentes aforraban tinta, pero tiña que quedar claro que eran todos partidarios da igualdade de xénero, porque según parece os que nos conformamos con profesores somos maltratadores en potencia). Tratándose de docentes, non estaba nada mal que en lugar de preocuparse do de profesores/profesoras escribisen devolvémoslle no sitio de devolvemoslle (facer clic na foto para lelo).

Pero eles eran un inmenso coro  e nós catro ou cinco (igualito, igualito que no franquismo). E cando alguén que me quere ben, e é correspondida, me dixo que non entendía como me opoñía a que os nenos defendesen o medio ambiente, entendín que non había nada que facer.
É máis, poñería a man no lume por profesores que conozo que participaron na cadea.
Pero non era cuestión nin de honradez, nin de honestidade, nin de malos e bons, nin de esquerdas nin de dereitas incluso... eran algo moitísimo máis importante para un docente: os profesores metían a adolescentes de 13 e 14 anos (falo de feitos que conozo) nunha movilización que tiña como fin botar abaixo un goberno elexido democráticamente.
Non se trataba nin de recortes na educación pública, nin da subida de tasas, nin do peche dos comedores...
Os meus alumnos foron berrar Nunca Máis xusto cando non debían facelo.

Foi un fracaso colectivo de todos os estamentos que estructuran a enseñanza pública galega: desde a inhibición da Xunta ata o silencio cómplice dos pais.

As solucións dos demócratas foron individuales (Tí non vas) cando deberías ser un clamor colectivo.

E o sentemento democrático avanzaría en todos nós. Pero foi unha derrota na que case todos participamos.

Así que todo o mundo calou: uns porque non son demócratas e a democracia lles importa un pito, outros que puxeron as mans diante dos morros e taparon o nariz  supuñendo que a situación os favorecía políticamente e unha maioría porque non saben que á democracia compre estar disposto a defendela permanentemente porque a oligarquía (e os dictadores) téñena no punto de mira.
E permitimos que uns cantos mequetrefes (e mequetrefas), que sí tiñan claro o que facían, colocasen a DEMOCRACIA nas páxinas de contactos dun periódico calquera.

 Sabía que, da mesma maneira que en Galicia non houbo gran número de antifranquistas, escaseaban os demócratas (os dous poucos están moi relacionados), pero eses días dínme perfectamente de conta de que había aínda menos dos que eu pensaba.

Nas mans dun personal coma ese o que veu despois era para min esperable.

Xa se sabe: Nunca Máis (un éxito propagándistico inmenso) era unha marca propiedade do Bloque e o BNG perdeu 4 parlamentarios (de 17 a 13).
O PSOE recolleu as peras e ganou 8 diputados (de 17 a 25).
No Parlamento Galego 37 do PP contra 38 da suma PSOE + BNG, truxeron un goberno bipartito alucinante.

Tan rompedor e moderno, que mellor sería decir o Goberno da Santísima Dualidad: o Padre mandaba na  Conselleria de... da Xunta de Galicia e o Hijo na Consellaría de... da Xunta de Galiza. Por poñer un exemplo anecdótico daquela esquizofrenia.

Consecuencias: Feijoo en tempo de crisis repite a súa maioría absoluta, sumando tres parlamentarios máis.
Daqueles polvos este mar de lama.
As veces a democracia é vengativa.

Pero non se rinden: agora predican en galego que La calle es mía e que con AGE no se juega.

E o desprecio pola democracia e polos galegos que votan polo PP porque lles peta é un clamor:
¡Que o voto é deles e fan con el o que mellor lles parece!
¡E que o que non entende ese principio básico é, simplemente, un fascista!


¡Hai que paralos! ou o PP mandará na Xunta de por vida.