¡Que rápido pasan os anos!
Recordo cando subín este video (vídeo según a RAG), polo que me asombra que ese corto espacio de tempo mental supoña, no reló de péndulo (que remata nunha gadaña asentada e afiada con parsimonia) que nos mide as pulsacións en minutos, dous anos de vida de todos nós. ¿Que foi daqueles veráns interminables da adolescencia cando entre a Festa das noces de Fión e as Festas (sí, en plural) de Escairón un tiña tempo de recorrer un sinfín de etapas vitales demandadas, ou non, polos instintos? Agora que os indecentes que viven á nosa conta andan encirrados co de falar ou non do Nadal mentras cinco millóns de personas non teñen traballo, desde aquí manteño a mensaxe do 2010 para desexarlles (con independencia do que esas dúas palabras queiran decir para vostedes) e un VENTUROSO 2013 Á xente nova que é libre, e ten a capacidade crítica necesaria, correspóndelle ser menos convencional: Aínda que van quedando poucos daqueles que merecen a pena, algúns fanse cada día máis grandes. Por eso sigo empeñado, perdedor en moitas outras batallas, en que se conoza a quen pode servir de referencia á xente nova, como me serviu de referencia a min cando tiña menos de 20 anos. |