Falando claro de cuestións serias

LUNS 11 DE FEBREIRO

Agora vai resultar que todo o mundo estaba contra Zapatero.
Xa pasou con Franco: unha vez morto Franco resulta que España estaba chea de antifranquistas, aínda que ti non os vises por ningún lado.
Dos que dabamos a cara, decían que eramos comunistas.
Falo e escribo de experiencias propias.
O P., garda civil retirado que levaba o bar da Facultade de Ciencias, díxome unha mañá daquelas nas que o microbús do Burgo chegaba demasiado cedo, mentras me servía nunha esquina da barra un café con leite doble e un cruasán: Debías dedicarte máis a estudiar e menos a outras cousas (máis ou menos).
Aquel home do rural, que sabía que eu tamén o era e que sentiamos da mesma maneira, estábame advertindo porque me tiñan controlado.
Dificilmente un pode atoparse con algo tan cálido, partindo do suposto de que estabamos en ribeiras políticas distintas.
Ó mellor non eran tan distintas.
Mentras uns, poucos, empuxabamos para entre todos rematar ó franquismo e traer un futuro de libertade colectivo, outros miraban polo seu futuro individual.
Moitos outros, a maioría, non entraban en consideracións de tipo político.
Respetables os que perseguindo un futuro valoraban ós que se xugaban a carreira e a beca buscando solución colectivas.
Indecentes os outros. Os que utilizaban o término comunista para referirse despectivamente a todos os que pensabamos que os estudiantes tiñamos que ser unha punta de lanza contra o Dictador pequeniño. 
Eso non podía esperar.
Coma sempre a xuventude comprometida foron, fomos, os perdedores: a algúns coma o X. e a A. pagaron  cos estudios. Ó J. costoulle a vida.

Gobernaba o bipartito impresentable cando tiven que acudir a un acto por cuestións familiares, e alí estaba un tal Leis, catedrático de Química, como Director Xeral de Universidades. Posto polo PSOE en 2005.
¿Adivinan a que perfil estudiantil respondía o tal Leis?
Era dos anti: anti antifranquistas e anti galeguistas.
Este Director Xeral coa esquerda oficial, oligárquica e corrupta, e J. cun tiro na cabeza medio metro baixo terra.
Normal nun partido que estivo de vacacións durante o franquismo.
Por certo que o Acto tiña que ver con Caixa Galicia, e o personaxiño este mostroulle o seu agradecemento a Caixanova.

Tamén podiamos falar do brillante que era outro químico que chegou a Delegado do Goberno en Galicia. Tamén co PSOE.
Rubalcaba tamén é químico.
Non ten moita sorte a profesión.
Pero a xente nova xa está cansa destes demagogos manipuladores. Incluso a propia


Pero xa é tarde: esta rapaza tiña que falar así cando o indecente Zapatero estaba no poder e arruinaba o futuro de dúas xeneracións de españoles novos, gastando en 2011 90.000 millóns de euros máis dos que ingresaba. Por poñer un exemplo.
Daquela ó mellor tiña cargo e calaba.
E non sirven os que calaban mentras nos fundiamos: non teñen autoridade moral para facelo.
A nave do futuro tena que timonear outro tipo de xente nova.
Xente que estudia ou traballa, e que non se arrima a oligarquía na busca dun posto de traballo sin oposición.
Xa está ben de aguantar mangantes que nunca traballaron e que son profesionales da política.

Moi distinto o Conselleiro e matemático A.S.C.
Estaba feito doutra pasta.
O malo é que non vía máis aló do nacionalismo cando nos reuniamos co G. na súa pensión de enfrente da librería Follas Novas.
¿Que terá sido do G.? Era un estudiante sobresaliente que se mollaba.
Seguro que non chegou nin a Director Xeral nin a Delegado do Goberno.



Daquela aínda non nacera a ERGA e os primeiro exemplares do Lume empezaban a colarse por debaixo das portas de algunhas residencias de estudiantes.

E en Compostela, un pequeno grupo de galegos do rural empezamos a reinvidicar as xuvencas e as lameiras: era o movemento leira.

Outros falaban de Érvice (érguete vicio ceibe).
Pero falaban.
Non estaban caladiños: ¡que non vaia ser que pensen que falo mal de Franco!
¿E se non che dan o certificado de boa conducta?
¿Que fas ho? ¿Que fas se non cho dan?

Por eso o P. me informaba, diante do cafe con leite doble con cruasán, da presencia do meu nome nunha lista peligrosa.
Porque o P. era garda civil retirado. Pero leira e boa xente.


MARTES 12 DE FEBREIRO

 Pero estabamos falando de que agora parece que había moita xente de esquerdas (no caso de que o término despois de prostituilo tanto siga significando algo) que estaba en contra de Don José Luis Rodríguez Zapatero
 
Esta foto é un clásico deste Outeiro, e foi subida cando estes catro personaxes de opereta bufa, que nunca traballaron,  eran os amos dun país anestesiado e sometido.

Resulta curioso que nun país europeo poda a indixencia intelectual barrer co futuro de dúas xeneracións de xente nova.

¿Que é destes catro dos que non queren que lle falen ningún destes modernos que antes os jaleaban?

Dona Leira Pajín Iraola (filla de dous maestros de Benidorm: el José María Pajín amo e señor da comarcal do PSOE da zona, concelleiro e asesor na Subdelegación do Goberno, ela Maite Iraola tamén concelleira).
Estou casi seguro que afiliados a FETE-UGT.
Dona Leire entra ós 15 anos nas Juventudes Socialistas e vai sacando a carreira de Socioloxía na Universidade de Alicante.
Hoxe ocupa un cargo na Organización Panamericana de la Salud (OPS).
¿Como é que unha muller sin experiencia laboral algunha ocupa un cargo nunha organización que agrupa a científicos e técnicos expertos na materia?
Din as malas lenguas que se debe a que Don José Luis firmou coa OPS un convenio en 2011, un mes antes de perder unhas eleccións que todo o mundo sabía que as perdía. Miren aquí. 
Ventaxas do poder.

Dona Bibiana Aído Almagro (filla de dous maestros tamén: el Paco Aído foi o primeiro alcalde da democracia de Alacála de los Gazules polo PSOE e logo Xefe de Gabinete do Presidente da Diputación de Cádiz, ela María Pepa Almagro).
Tamén da FETE-UGT
A rapaza pasou do colexio de monxas a afiliarse ás Juventudes Socialistas ós 16 anos. Estudiou ADE na Universidade de Cádiz.
Hoxe ocupa un cargo de asesora en ONU Mujeres.
¿Como unha muller sin experiencia laboral algunha ocupa un cargo de asesora nun Organismo das Nación Unidas?
Din as malas lenguas que se debe a que con don José Luis de Presidente España era o país que máis diñeiro aportaba á Organización.
Non importaban os cinco millóns de parados, a partir de 2006 e en millón de euros, donamos: 8,2 (2006) + 10,6 (2007) + 74,1 (2008) + 32,1 (2009) + 33 (2010) + 33 (2011).
En total 191 millóns de euros.
O novo Goberno pechou o grifo.
Por certo, antes de colocar a dona Bibiana xa tomara siento no mesmo sitio a señora de don Miguel Ángel Fernández Ordóñez. O señor Presidente do Banco de España que puxo don José Luis e que, según moitos economistas, debería acabar encarcelado.
Ocúrreseme, si en galego seica se di cárcere, como se di encarcelado: ¿encarcererado ou encarcerado? Porque se o normatvo é encarcelado, xa me dirán a que ven o de cárcere.

¡Mira que non hai diferencia entre estes maestros da FETE-UGT e os dos tempos da República!
¡Que listos eles para colocar ás fillas sin oposición mentras que polo Sur o para na xente nova anda polo 60 %!

De don José Luis xa teño falado moito: é u home do conservadurismo sociolóxico saído das Discípulas de Jesús e do privado Colegio Leonés, que casa nunha ermita e matricula ás súas fillas nun dos colexios relixiosos concertados da cidade do Barrio Húmedo na que vivín, no que ó parecer fixeron a Primeira Comunión.
O que a min me parece algo respetable nunha persona consecuente coa súa maneira de pensar, rebélame no caso dos fariseos. Cando no poder decía más gimnasia y menos Religión parecía non recordar o seu pasado de pai (de rapaz a responsabilidade non era del). A frase é despectiva para as dáus disciplinas, cando o normal é que dixese más Educación para la ciudadanía y menos Religión.
Con esa frase xa entrariamos en cuestións de estratexia política.

Pero ó chegar ó poder este home, que tamén se afiliara as Juventudes Socialistas-Agencia de colocación ós 19 anos, convírtese nun adolescente rebelde que nos conduce a bancarrota.

Hoxe forma parte do Consejo de Estado que preside o señor José Manuel Romay Beccaria. Soldos estratosféricos nunha Institución que non sirve para nada. Perfectamente prescindible.
Os expresidentes do Goberno tiñan que ser elexidos membros do Consello de Estado. Pero don José Luis debía ter medo e, como era o amo e señor, sacou a Ley Orgánica 3/2004 que reza:

“Quienes hayan desempeñado el cargo de Presidente del Gobierno adquirirán la condición de Consejeros natos de Estado con carácter vitalicio, y en cualquier momento podrán manifestar al Presidente del Consejo de Estado su voluntad de incorporarse a él.
Además de formar parte del Pleno del Consejo de Estado, podrán desempeñar las funciones y cometidos que se prevean en el reglamento orgánico, el cual incluirá las disposiciones pertinentes respecto de su eventual cese, renuncia o suspensión en el ejercicio efectivo del cargo de Consejero nato.
Su estatuto personal y económico será el de los Consejeros permanentes, sin perjuicio del que les corresponda como ex Presidentes del Gobierno”.

De Presidente do Goberno a membro vitalicio do Consejo de Estado, cobrando 6.383 euros/mes por asistir a un Pleno mensual. Ver aquí.

O nivel de indecencia é ilimitado cando a oligarquía política se considera impune e o pobo soberano é un rebaño detrás dos predicadores oficiales que, coma todos os que levamos visto, se fan millonarios.
E os de sempre ó paro e a emigración.
Pero algunha culpa terán, teremos, por seguir soportando a esta tropa.

E quédanos falar de don José Blanco e do que é maís importante: da estratexia política antidemocrática desta tropa de vividores.

Olvidábame (esquecí la llave, era unha frase ironica dunha amiga duns tempos que xa nunca serán realidade): Cando a dona Biabiana Aído a nomearon Ministra de Igualdade ( nomeala Ministra de  Maior que resultaría ridículo) ó seu mozo tamén o nomearon. Nomeárono Delegado de la Junta de Andalucía en Madrid.

Julián Martínez García ha sido destituido como delegado del Gobierno andaluz en Madrid, cargo en el que el almeriense ganaba más de 42.000 euros anuales al frente de una oficina cuyo presupuesto rondaba el medio millón de euros al año.

Martínez, fue nombrado en 2008, coincidiendo con que a su novia, Bibiana Aído, la elegía el presidente del Gobierno José Luis Rodríguez Zapatero como ministra y se iba a Madrid, creándose en ese momento esa oficina expresamente para él, con lo que pudo acompañarla a vivir en esa ciudad.

Pero Martínez, nacido en Vélez Rubio en 1959, licenciado en Geografía e Historia por la Universidad de Granada, ocupó el cargo de delegado de Cultura de la Junta de Andalucía en Almería, y fue responsable de una prospección arqueológica bastante polémica, cuyos pormenores relató Noticias de Almería. Entre los detalles curiosos figuraba el que no justificó las subvenciones recibidas, o que tras ser sancionado por la Seguridad Social por no haber dado de alta a los buzos que en ella participaron, su sanción desapareció de los archivos, y que incluso logró no pagar nada por ellos porque les dio de alta con fecha posterior a la baja por lo que las cotizaciones fueron cero euros.

Su nombramiento fue una sorpresa y también lo ha sido su destitución, ya que el Gobierno autonómico no informó oficialmente de ello hasta que en la comisión de Presidencia del Parlamento de Andalucía la popular Teresa Ruiz Sillero preguntó por el asunto. Eso sí, la oficina seguirá abierta, aunque como se recordará el medió millón de euros se consumió en asistir a actos sociales.


¡Que majos estes socialistas!
¡Que maneira de defender o amor!
¡E a igualdade da muller traballadora para conciliar a vida profesional e a vida laboral!
¡Votarei por eles nas próximas!
¡Canto compromiso e canta conciencia social concentrada coma o Chanel nº 5!
¡Que majas as Mujeres Progresistas e as Trece rosas!

¡Que importa que o mesmo día no que o triunfo do amor unía ó mozo de Bibiana coa súa namorada o Lito de Diomondi tivese que deixar a muller e os dous fillos e coller camiño de Londres cun veciño que estaba de vacacións!
Os nenos gastaban moito.
¡Que importa todo eso frente ó amor da filla dos maestros de Alcalá de los Gazules que podía andar don ganchete do seu mozo pola Plaza Mayor da capital!
O triunfo da merda frente á honestidade e  á honradez.
A basura con patente de corso.
O triunfo da dereita disfrazada e corrupta frente a dereita que, polo menos, non se atreve a tomarnos o pelo.
Pero estes .
E todos os que non comulgabamos coa basura eramos de dereitas.
Non o duden: era palabra de Dios.
Decíao a SER, a Cuatro, El País, Público, a TVE, a Sexta, a Cinco, o Iñaki Gabilondo, o Buenafuente, o Gran Wyoming, o Almodóvar, os Bardem, os actores, as actoras, os figurantes, a filla do Cacharulo, El Periódico de Catalunya, La Vanguardia, os comunistas de antes, os socialistas de Escairón, os de Esuerda Unida, Baltasar Garzón, Janli Cebrián, os socialistas de Betanzos, a Vicioleta...
¿Que pensaría o Darío si levantase a cabeza?
O seu fillo defendendo ós caciques.
Arrepentirse, decir los pecados al confesor y cumplir la penitencia.

BASURA.
UN ENORME E FEDORENTO MONTÓN DE ESTERCO.
SIN PERDÓN.
NIN A EXTREMA DEREITA SE ATREVERÍA.

Comparen:

1. La ministra de Ecucación alemana,Annette Schvan, acaba de hacer pública su dimisión después de que se le retirase el título de doctorado por haber utilizado textos sin citar en la tesis doctoral que defendió hace 33 años. Ver

2. Tivemos que ingresar 5.425 millóns de euros de todos, que nunca recuperaremos, en Novagalicia porque a saquearon os seus dirixentes. Nas Caixas de Aforros mandaban os políticos, ou os xerentes postos polos políticos.
Don José Clemente López Orozco, alcalde de Lugo, pertenecía ó Consello de Administración de Caixa Galicia pola cuota que lle pertenecía ó PSOE (don Salvador Fernández Moreda, o seu colega socialista, era nada menos que Vicepresidente). PP e BNG tiñan tamén os seus.
En calquera país europeo tería dimitido por axudar a saquear os bens públicos.
Pero é que ademáis leva cinco imputacións por corrupción.
E aí o teñen entrando nos xuzgados coa pandilla.


 Impune.
Chulo el, fala de presentarse de novo. Lean.

Esto é o que hai, veciños.
Todos somos un pouco culpables.
Uns moitísimo máis que outros.
Pero mentras miren para outro lado ou teñan medo desta tropa estaremos todos perdidos.

Dou por sentado que entenden que a miña crítica ven desde a marxe esquerda e que non dudo de que na beira dereita tamén se coce na mesma cociña. E cos mesmos ingredientes.
Da limpeza desa acera deberán encargarse outros.
Soñar con que a rúa estea limpa é un soño.
A rúa limpa quere decir democracia.
¡Que non se convirta nun pesadelo!
 


SÁBADO 16 DE FEBREIRO

Esta muller que chora non é outra que a que falaba no video máis arriba. Marchaba unha manifestación contra o Goberno por Madrid, e ela e o exministro de Zapatero (o término ven a ser sinónimo de impresentable), López Aguilar, sumáronse na última parte do recorrido. Tiveron que saír escoltados pola policía.
As cousas empezan a cambiar e  a xente parece disposta a poñer a esta tropa no seu sitio.
As ratas empezan a abandonar o barco: hasta Pedro Almodóvar (un personaxe que pensa que somos estúpidos) pide perdón por apoiar a Zapatero. 
Compre facer o mesmo co  resto da oligarquía: PP, EU, BNG, AGE, CCOO, UGT...


O Movimento 5 Stelle xa é a terceira forza política de Italia. Ver.


Non teño  duda de que en Galicia somos capaces de facelo mellor, e con máis seriedade e responsabilidade, que o Beppe Grillo e os seus seguidores.
Compre que a xente nova se bote para adiante sen deixarse manipular por todos os que arruinaron este país.
Galicia necesita un movemento municipalista e galeguista á marxe de toda esta tropa que se senta no Parlamento do Hórreo.
Da pena ver a algúns, ós que lle pagamos para que resolvan os nosos problemas, xogando a revolucionarios por 5.000 euros/mes. Mofándose ademáis do sistema democrático que, gústelle ou non a un, déulle a Feijoo unha maioría absoluta incontestable.
Pero eles, adolescentes tardíos, fan o seu teatro do ridículo pitorreándose do recente voto dos galegos.
Mirados coa lupa de calquera demócrata europeista de esquerdas resultan indecentes.
 
Necesitamos un movemento cidadán, horizontal e escrupulosamente democrático, que nos permita levantar a cabeza e mirar ó lonxe con confianza.


1 opinions:

Anónimo

"Dou por sentado que entenden que a miña crítica ven desde a marxe esquerda e que non dudo de que na beira dereita tamén se coce na mesma cociña. E cos mesmos ingredientes."
Evolución, sen dúbida, e logo un lavado de máns:
"Da limpeza desa acera deberán encargarse outros."

Dende o meu punto de vista céntraste solo na aniquilación do que ti chamas esquerda corrupta, sin aportar ningunha alternativa (o da alternancia xa o evolucionaches, e xa non serve).
Pra non acabar con úlcera, xa podes trejellar unha solución, porque PPSOE non han evolucionar coma débesen, e os jodidos somos todos, bueno, uns mais que outros. Non lévate isto a reflesión? a que non somos todos igual de responsabels?

Comparto o desexo de ver a rúa limpa, mais non podo compartir o interese de limpar solo unha beira