Desasosegos

Os novos corren máis rápido, os vellos conocemos os atallos.
Trátase de chegar.
Se imos xuntos non hai quen poda con nós.

Por eso a oligarquía política e sindical non quere que nos conozamos.
Dinlle a xente nova que todos os que estamos enfrentados a eses grupos organizados e corruptos que ocuparon o sitio de Franco (PP, PSOE, IU, UGT, CCOO...) non somos de fiar.

E a xente nova en lugar de reflexionar e analizar os feitos, cren os predicadores millonarios a sueldo desa oligarquía.
Escoitan a manipuladores coma  Iñaki Gabilondo ou o Gran Wyoming (que no franquismo estaban caladiños ou a favor da Dictadura) en lugar de reflexionar co que nos din os grandes pensadores da esquerda:


E así nos vai a vida.
O 80% dos cidadáns que manifesta o seu desprecio pola clase política e sindical, que eu denomino oligarquía e que foron os que saquearon as caixas de aforros que eran a banca pública, tenden a votar por adolescentes que, peinando canas en moitos casos, os tratan coma se fosen imbéciles.

¿Onde están eses homes e esas mulleres capaces de convertirse nos referentes éticos que Galicia necesita para levantar cabeza?
Xente tranquila pero coa coraxe necesaria para non dar un paso atrás na defensa da democracia e da igualdade de todos os galegos.
Verdadeira xente de esquerdas.
Demócratas e galeguistas.

En lugar deso o circo:


Esta é a xente pola que votan a maioría dos galegos que votan.
Cobran 5.000 euros/mes para facer que o Parlamento Galego pareza unha clase de 2º da ESO.
Pero a xente de 15 anos ten as hormonas tolas corréndolles polo organismo.
E esa adolescencia ten unha ventaxa: dura uns poucos anos.
Os adolescentes do Parlamento son así. Sin hormonas.
Ridículos adolecentes de máis de 30 anos.

No fondo impotámoslles un pimento: están encantados de verse xuntos vivindo á conta dos galegos que outra vez volven emigrar.

Si lle engadimos a esa tropa os intelectuales orgánicos e os artistas subvencionados, temos un retrato dos que munguen Galicia, a vaquiña que tanto queremos e que tanto desacougo nos provoca.

Pero a historia fala e di que nós sempre fomos caladiños e obedientes cando entrabamos nos aposentos do poder.
E así se vai escribindo o diario dunha permanente servidume.
Apática por anestesiada.
Servil por carencia de ideoloxia.

Seguiremos elexindo paiasos mentras a xente nova coa cabeza organizada, e coa conciencia crítica necesaria para tirar do carro, sigue facendo as maletas.

Nesta Galicia, pensar en solucións colectivas democráticas e serias e o pasaporte cara o sufrimento.

Pero un sempre foi así e xa non pode cambiar aínda que sufra.

NOTA Ó PÉ:
Cando falo de partidos e sindicatos estoume referindo ós cuadros dirixentes   (o que se chamou nos países comunistas a Nomenklatura).
A Ley Electoral e a Ley de partidos convertiron a eses personaxes con escasa formación intelectual nos amos deste país.
Parece que a cousa está mudando porque a xente lle foi perdendo o medo a esas organizacións corruptas.

Non se sabe se o neno está preocupado pola saúde do pulpo, ou si non lle gusta demasiado o bicho con patacas: