Independencia de Galicia

Eu apoio que un poda defender a súa idea da existencia (fenómeno relixioso), ou as súas inquedanzas políticas, sempre e cando se respeten as reglas do xogo democrático.
É evidente que quen respeta esas normas ten a obriga de non insultar ós cidadáns que elixen outras opcións políticas.
Esto último é outro cantar desta tropa predemocrática pola que votan algúns galegos, galegos que non lles esixen un comportamento democratico a aqueles polos que votan.
Cómplices daquela da corrupción desta oligarquía política que aparece todos os días na prensa: José Blanco, Cacharro Pardo, concello de Lugo, concello de Ourense, concello de Compostela...
Non importa o color co que se vistan pois teñen en común ser oligarquía, e por selo, corruptos.

Os que lle chaman barbarie ós galegos que libremente votan polo PP son os mesmos que se mofan das crenzas dos que declaran católicos.
Pero sale gratis non ser demócrata: despois de Feijoo, o político máis valorado polos galegos e un home que noutros paises de tradición democrática non tería cabida. Falo de Beiras.
Esa xente ten un problema esencial: non entenden os principios do comportamento democrático.

Pero a mensaxe clara é sempre benvida aínda que un non a comparta:

O BNG declarase independentista.
E eso é bon: o galego que vote polo BNG vota pola independencia de Galicia.
Aí, no medio de Amaiur e de ERC.
Vale.
O que pasa é que a min prodúceme unha tristura inmensa:
- O País Vasco ten un reximen foral arcaico, reprobado pola Unión Europea, que lles permite non ser solidario cos galegos.
- Os independentistas cataláns andan decindo que España vive deles. Que están cansos de pagar as pensións dos extremeños.
E dos galegos.
Representan o pensamento máis de dereitas que un poda imaxinar: territorios ricos co aporte de todos que agora queren deixarnos de lado.
Moito á dereita do PP esta tropa.
¿E que pinta ese home no medio?
¿A que galegos representa?
¿Ós galegos masoquistas que queren deixar de percibir a axuda solidaria do resto dos españoles aínda que nos convirtamos en indixentes?

Fai falta un frente galeguista que defenda unha Galicia autogobernada dentro dunha República Federal Española.
Ese é o único planteamento político de esquerdas que nos pode axudar a levantar a cabeza.

Como Escocia se pode comparar con Galicia, andaba expectante polo que que iba dar de sí Alex Salmond, e o Partido Nacionalista Escocés, que goberna con maioría absoluta.
Despois do fracaso nos dous referendos pola independencia do Quebec, un esperaba ver como se separaba democráticamente unha parte dunha nación europea.
Aínda que o feito non sería comparable con Galicia desde o punto de vista legal.
Si os escoceses se independizasen, melloraran o nivel de vida da cidadanía e foran admitidos na Unión Europea, sempre teriamos unha referencia.

Pero parece que o nacionalismo escocés se desinfla.
Lelo aquí.