Ser galego

Eu non elexín nacer en Galicia.
Sucedeu que meu pai -fillo de labregos, neto de labregos, bisneto de labregos...- marchou pra Cuba no 25 - Matanzas, la Sonora Matancera - e que cando veu no 32 -acuciado pola morriña, co seu irmán Ramón e o seu amigo Román, e coa idea de pasar un par de meses- dera cunha moza de 17 anos -filla de labregos, neta de labregos, bisneta de labregos...- que se convertiu en miña nai.
Eu non elexín nacer en Galicia e ter unha árbore xenealóxica por parte de nai e pai ligada á terra -coma toda árbore que se precie de selo-...
Simplemente tiven sorte.